{"id":7292,"date":"2012-12-21T08:06:00","date_gmt":"2012-12-21T07:06:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:24:40","modified_gmt":"2024-11-12T13:24:40","slug":"comentario-presentacion-do-libro-de","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2012\/12\/21\/comentario-presentacion-do-libro-de\/","title":{"rendered":"Comentario \u00e1 presentaci\u00f3n do libro de Camilo Nogueira"},"content":{"rendered":"<p>Onte fun \u00e1 presentaci\u00f3n do \u00faltimo libro de Camilo Nogueira, <em>Para unha cr\u00edtica do espa\u00f1olismo<\/em>, na Casa das Letras e da man da AC Paco Lanza.<\/p>\n<p>Apreciei escoitar a Camilo Nogueira, pero en canto \u00e1s ideas expostas, atopei algunha cousa que quer\u00eda comentar e que non me foi posible pois o asunto alongouse demasiado e cortaron o turno de preguntas cando \u00eda facelo. Houbo quen me preguntou se gravara a charla de Camilo, pero a\u00ednda que se me pasou pola cabeza, tam\u00e9n no momento da pregunta ti\u00f1a claro que non foi tan aquilatada como para unha gravaci\u00f3n, co que non a podo po\u00f1er aqu\u00ed, e facer amago dun resume requerir\u00eda m\u00e1is tempo do que lle vou adicar. A\u00ednda as\u00ed, se falo dela \u00e9 porque quero deixar constancia do que \u00eda dicir na charla, a\u00ednda que aqu\u00ed este\u00f1a descontextualizado e polo tanto corra m\u00e1is risco de non ser entendido, xunto coa dificultade de expresalo sen ese contexto.<\/p>\n<p>En primeiro lugar, tanto Camilo como logo varios intervintes fixeron menci\u00f3n da resistencia en relaci\u00f3n \u00e1 lingua galega (sobre todo, a\u00ednda que tam\u00e9n a Galicia como idea, se ben neste segundo caso foi mediante a citaci\u00f3n da eliminaci\u00f3n ou ninguneado de elementos hist\u00f3ricos). Houbo quen se remitiu \u00e1 resistencia pasiva de Ghandi como algo ata certo punto parello en idea. Eu coido que a resistencia pasiva ch\u00e1mase as\u00ed por mal nome, pois de pasiva ti\u00f1a pouco, e o nome de resistencia qu\u00e9dalle certamente desacougado. Coido que nun mundo en cambio, calquera resistencia leva sempre as de perder se se concibe como defensa e non, falando nos mesmos termos militares, como ataque. A resistencia en concepto remata por implicar unha cerraz\u00f3n e ista unha falta de miras m\u00e1is al\u00f3 da propia cerraz\u00f3n.<\/p>\n<p>A segunda cousa que me gustar\u00eda ter dito \u00e9 sobre o nazonalismo contra nazonalismo, relacionada co anterior: na discusi\u00f3n nazonalista moitas veces \u00e9 necesario centrar o tema, centras as forzas sobre a defensa e extensi\u00f3n da propia idea, e as\u00ed o que da soporte da idea sofre unha deixaz\u00f3n por mera falta de atenci\u00f3n. Para comprend\u00e9rmonos, o exemplo da r\u00eda de Ribadeo: a discusi\u00f3n do nome hai veces que oculta os esforzos pola s\u00faa conservaci\u00f3n, sen a cal o nome poder\u00eda deixar de ter sentido ou \u00f3 menos pasar\u00eda de ser un orgullo a ser unha r\u00e9mora. Algo as\u00ed pode pasar con Galicia cando o nazonalismo esquece un contacto co pobo e\/ou tenta convertir un centrismo en Santiago como pode haber e hai outros centrismos en Madrid ou calquera outra capital, como contrapo\u00f1endo nazonalismos nun mundo onde hai conciencia de que non hai centro, a\u00ednda que haxa identidades.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onte fun \u00e1 presentaci\u00f3n do \u00faltimo libro de Camilo Nogueira, Para unha cr\u00edtica do espa\u00f1olismo, na Casa das Letras e da man da AC Paco Lanza. Apreciei escoitar a Camilo Nogueira, pero en canto \u00e1s ideas expostas, atopei algunha cousa que quer\u00eda comentar e que non me foi posible pois o asunto alongouse demasiado e [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[13,9],"class_list":["post-7292","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7292","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7292"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7292\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7292"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7292"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7292"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}