{"id":7287,"date":"2012-12-26T20:24:00","date_gmt":"2012-12-26T19:24:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:24:32","modified_gmt":"2024-11-12T13:24:32","slug":"sobre-asamblea-de-amadores","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2012\/12\/26\/sobre-asamblea-de-amadores\/","title":{"rendered":"Sobre a asamblea de Amadores"},"content":{"rendered":"<p>O pasado s\u00e1bado 20121222 tivo lugar a asamblea anual ordinaria de Amadores da M\u00fasica. Aprobouse de xeito un\u00e1nime a acta anterior e as contas, que incl\u00faen case 26 000 \u20ac de gastos e un saneado balance no que a\u00ednda non est\u00e1n inclu\u00eddos os recibos dos socios deste ano. Detall\u00e1ronse asemade no apartado de gastos diversas axudas.<\/p>\n<p>F\u00edxose tam\u00e9n unha relaci\u00f3n de actividades pasadas e as que se pretenden no futuro, comezando estas polo concerto &#8216;aqu\u00ed como en Viena 2012&#8217;, o pr\u00f3ximo d\u00eda 29 (antecedido dunha sa\u00edda) e salpicando as actuaci\u00f3ns xa pasadas doutros feitos, como a xuntanza en Cabanela este ver\u00e1n, a edici\u00f3n en curso do DVD do 20 aniversario ou a lembranza dos novos m\u00fasicos incorporados.<\/p>\n<p>Ped\u00edronse ideas para levar a cabo, e d\u00e9ronse. Unha morea. Dende colaboraci\u00f3ns coa coral ou alg\u00fan grupo a concertos did\u00e1cticos nos centros educativos, pasando por concertos conxuntos con outras bandas.<\/p>\n<p>De calquera xeito, dende o meu punto de vista, o tema estrela foi unha novidade proposta dende a propia diretiva, un proxecto participativo a medio prazo no que se constituir\u00edan d\u00faas mesas de traballo, unha art\u00edstica e outra socioeducativa, que levar\u00edan a cabo de xeito independente cada unha un par de xuntanzas de diagnose e outro par para perfilar a estratexia posterior. Ser\u00eda unha acci\u00f3n a incorporar de xeito sistem\u00e1tico no futuro, na que polo momento participar\u00eda xente da directiva, m\u00fasicos, socios, profesores da escola, concello, asociaci\u00f3ns culturais &#8230; en xeral, xente involucrada dalg\u00fan xeito, inclu\u00edndo o que se entende por stakeholders, os &#8216;mantedores de opini\u00f3n&#8217; que poderiamos chamar opinadores cualificados. Ped\u00edronse voluntarios para levar o proxecto a cabo.&nbsp; De xeito natural, o proxecto completariase cun plan de difusi\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O pasado s\u00e1bado 20121222 tivo lugar a asamblea anual ordinaria de Amadores da M\u00fasica. Aprobouse de xeito un\u00e1nime a acta anterior e as contas, que incl\u00faen case 26 000 \u20ac de gastos e un saneado balance no que a\u00ednda non est\u00e1n inclu\u00eddos os recibos dos socios deste ano. Detall\u00e1ronse asemade no apartado de gastos diversas [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[81,23],"class_list":["post-7287","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-banda","tag-musica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7287","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7287"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7287\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7287"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7287"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7287"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}