{"id":7283,"date":"2012-12-31T10:48:00","date_gmt":"2012-12-31T09:48:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:24:25","modified_gmt":"2024-11-12T13:24:25","slug":"despedindo-o-ano-despedindo-un-ribadense","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2012\/12\/31\/despedindo-o-ano-despedindo-un-ribadense\/","title":{"rendered":"Despedindo o ano, despedindo un ribadense"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Hoxe \u00e9 fin de ano. O dato non significa nada m\u00e1is que unha convenci\u00f3n, unha volta m\u00e1is da Terra arredor do Sol completada dende un determinado punto de inicio. De feito, outras culturas te\u00f1en outros comezos de ano, e a\u00ednda que pouco a pouco parece que se vai uniformando cara \u00f3 comezo de ano occidental, hai que lembrar que <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Calendario_chin%C3%A9s\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">os chinos, por exemplo, nos levan m\u00e1is de 2 500 anos<\/a> &#8216;de avantaxe&#8217; no seu c\u00f3mputo num\u00e9rico. As\u00ed pois, o motivo da festa \u00e9 m\u00e1is ben &#8216;convencional&#8217;.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Aceptado o anterior, \u00f3 mellor ser\u00eda cousa, como fai m\u00e1is dun medio, de glosar o sucedido no ano. Desisto hoxe de facelo (quen quera, xa sabe que ten unhas 400 entradas no blog para facerse unha idea dalgunha cousa que foi pasando en Ribadeo e f\u00f3ra), pero non de lembrar. De lembrar a unha persoa que xa non est\u00e1 connosco e que foi &#8216;Ribadeo pata negra&#8217;. Deixo a continuaci\u00f3n un pequeno escrito que fixen para unha publicaci\u00f3n que sair\u00e1 en 2013, e polo tanto cun formato adecuado a ela, non a un blog, para que sirva de met\u00e1fora dunha persoa que tampouco se adecuaba \u00e1 tecnolox\u00eda actual, con notas en pequenos papeles en varios bolsi\u00f1os repletos de lembranzas contra o esquecemento, todas relacionadas con Ribadeo, e notas mecanografiadas nunha m\u00e1quina de escribir.<\/p>\n<p>&#8211;&gt;<\/p>\n<p align=\"CENTER\"><em><span style=\"font-size: medium;\">Gilberto<br \/>\nsegue<\/span><\/em><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><em><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=gilberto\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">GilbertoSu\u00e1rez M\u00e9ndez<\/a>, Ribadeo 19360731\/ Ribadeo 20120611, segue vivo entre<br \/>\nn\u00f3s. Unha persoa non morre mentras o que ten feito perdura. E<br \/>\nGilberto fixo moito polo ben de todos, as s\u00faas obras perduran no<br \/>\ntempo, renov\u00e1ndose ano tras ano nas mans doutras xentes que o te\u00f1en<br \/>\ncomo referencia: o seu nome perdura, est\u00e1 vivo.<\/em><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><em>Quiz\u00e1is<br \/>\nalgu\u00e9n das novas xeraci\u00f3ns non co\u00f1eza a\u00ednda a Gilberto, pero \u00e9<br \/>\ndif\u00edcil chegar a Ribadeo e estar un certo tempo sen saber del. O<br \/>\nantroido (carnavales, dic\u00eda el) as\u00f3ciase con el como unha constante<br \/>\ndurante moitos anos, dende o primeiro no 1984, formando parte dun<br \/>\ngrupo de xente que pouco a pouco se ir\u00eda renovando.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><em>Articulista<br \/>\nna Comarca e noutros medios, as s\u00faas notas tentaban dar informaci\u00f3n<br \/>\nou formular petici\u00f3ns evitando aristas que poideran rasgar a<br \/>\ncomunicaci\u00f3n: o primeiro era a harmon\u00eda.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><em>Activista,<br \/>\nparticipou fundou e m\u00e1is adiante presidiu a asociaci\u00f3n de veci\u00f1os<br \/>\nO Tes\u00f3n, despois de ter participado noutra asociaci\u00f3n de veci\u00f1os<br \/>\nde curta duraci\u00f3n al\u00f3 polos 80 do pasado s\u00e9culo. Quiz\u00e1is non ve\u00f1a<br \/>\nmal facer un inciso e lembrar que foi el quen animou \u00e1 xente, fixo o<br \/>\npapeleo e recibiu a comunicaci\u00f3n da inscrici\u00f3n da asociaci\u00f3n, con<br \/>\ndata de sa\u00edda de Lugo de 9 de abril de 2003, despois de xuntar a<br \/>\nunha serie de persoas para constitu\u00edr a comisi\u00f3n que lle dera<br \/>\nnacemento. Comisi\u00f3n da que foi tesoureiro e que deu lugar a unha<br \/>\nprimeira directiva, da que foi vicepresidente, posto que deixar\u00eda<br \/>\npara pasar a ocupar m\u00e1is tarde a presidencia (abril 2006), que<br \/>\ndeixou a petici\u00f3n propia en xullo do 2007 nunha renovaci\u00f3n sobre a<br \/>\nque consta en acta: \u201cA engadir como complemento o aplauso outorgado<br \/>\na Gilberto Su\u00e1rez M\u00e9ndez pola labor como impulsor da asociaci\u00f3n e<br \/>\nposterior directivo durante toda a vida da mesma\u201d.<\/em><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><em>Xunto<br \/>\ncoa s\u00faa actividade nos xornais, participou en libros, sendo por<br \/>\nexemplo artellador do libro dos carnavales de Ribadeo, dende o comezo<br \/>\nata o fin, xa sen Pepe, co que comezou. Representante de Follas Novas<br \/>\nna s\u00faa xira arxentina, tam\u00e9n foi o impulsor do retorno dos restos<br \/>\ndos irm\u00e1ns Moreno a Ribadeo. E poderiamos seguir cunha grande<br \/>\nvariedade de actividades en favor de Ribadeo e os ribadenses,<br \/>\npresentes e pasados (a\u00ed queda o retorno dos irm\u00e1ns Moreno); por<br \/>\npo\u00f1er un exemplo m\u00e1is, arredor do f\u00fatbol, afici\u00f3n e pasi\u00f3n que<br \/>\nanimou activamente, espallou e describiu nos seus artigos.<\/em><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><em>En<br \/>\nfin, non se trata nestas li\u00f1as de facer unha biograf\u00eda, que dun<br \/>\nxeito ou outro xa as ten (d\u00faas mostras na rede,<br \/>\n<span style=\"color: navy;\"><span lang=\"zxx\"><u><a href=\"http:\/\/www.galegos.info\/gl\/gilberto-suarez-mendez\">http:\/\/www.galegos.info\/gl\/gilberto-suarez-mendez<\/a><\/u><\/span><\/span><br \/>\ne <span style=\"color: navy;\"><span lang=\"zxx\"><u><a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Gilberto_Su%C3%A1rez_M%C3%A9ndez\">http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Gilberto_Su\u00e1rez_M\u00e9ndez<\/a><\/u><\/span><\/span>),<br \/>\nnin tampouco unha elex\u00eda coa consideraci\u00f3n de que como xa pasou,<br \/>\nfoi bo. Ou de escapar de diferenzas nalg\u00fan tema, que tam\u00e9n as<br \/>\ntivemos. \u00c9 sinxelamente o deixar claro que Gilberto respond\u00eda a<br \/>\n&#8216;por Ribadeo, o que faga falta&#8217;. E fac\u00eda o que fora necesario para o<br \/>\nben de Ribadeo: iso guiaba a s\u00faa actuaci\u00f3n.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p align=\"RIGHT\"><em>Antonio Gregorio Montes,<br \/>\nSecretario <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/O%20Tes%C3%B3n\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">AVV O Tes\u00f3n<\/a><\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Algunhas referencias na web:<\/em><\/p>\n<p><em><span style=\"color: navy;\"><span lang=\"zxx\"><u><a href=\"http:\/\/elprogreso.galiciae.com\/nova\/34231.html\">http:\/\/elprogreso.galiciae.com\/nova\/34231.html<\/a><\/u><\/span><\/span><\/em><\/p>\n<p><em><span style=\"color: navy;\"><span lang=\"zxx\"><u><a href=\"http:\/\/ribadeo.com\/o-carnaval-de-ribadeo.html\">http:\/\/ribadeo.com\/o-carnaval-de-ribadeo.html<\/a><\/u><\/span><\/span><\/em><\/p>\n<p><em><span style=\"color: navy;\"><span lang=\"zxx\"><u><a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2006\/04\/aparatoso.html\">http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2006\/04\/aparatoso.html<\/a><\/u><\/span><\/span><\/em><\/p>\n<p><em><span style=\"color: navy;\"><span lang=\"zxx\"><u><a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/Os+Cocos+de+Ribadeo\">http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/Os+Cocos+de+Ribadeo<\/a><\/u><\/span><\/span><\/em><\/p>\n<p><em><span style=\"color: navy;\"><span lang=\"zxx\"><u><a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/Antroido+Ribadeo+2001\">http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/Antroido+Ribadeo+2001<\/a><\/u><\/span><\/span><\/em><\/p>\n<p><em><span style=\"color: navy;\"><span lang=\"zxx\"><u><a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2007\/07\/nota-de-prensa-de-o-tesn.html\">http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2007\/07\/nota-de-prensa-de-o-tesn.html<\/a><\/u><\/span><\/span><\/em><\/p>\n<p><em><span style=\"color: navy;\"><span lang=\"zxx\"><u><a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/amarina\/2010\/08\/12\/0003_8663508.htm\">http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/amarina\/2010\/08\/12\/0003_8663508.htm<\/a><\/u><\/span><\/span><\/em><\/p>\n<p><em><span style=\"color: navy;\"><span lang=\"zxx\"><u><a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/25+aniversario+do+Entroido+Ribadense\">http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/25+aniversario+do+Entroido+Ribadense<\/a><\/u><\/span><\/span><\/em><\/p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Hoxe \u00e9 fin de ano. O dato non significa nada m\u00e1is que unha convenci\u00f3n, unha volta m\u00e1is da Terra arredor do Sol completada dende un determinado punto de inicio. De feito, outras culturas te\u00f1en outros comezos de ano, e a\u00ednda que pouco a pouco parece que se vai uniformando cara \u00f3 comezo de ano [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,74,9],"class_list":["post-7283","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-o-teson","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7283","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7283"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7283\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7283"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7283"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7283"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}