{"id":7278,"date":"2013-01-03T21:51:00","date_gmt":"2013-01-03T20:51:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:24:11","modified_gmt":"2024-11-12T13:24:11","slug":"a-memoria-escrita-de-ribadeo-en-internet","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2013\/01\/03\/a-memoria-escrita-de-ribadeo-en-internet\/","title":{"rendered":"A memoria escrita de Ribadeo, en internet"},"content":{"rendered":"<p>&#8211;&gt;<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Pouco<br \/>\na pouco, internet vai recibindo anacos de Ribadeo dixitalizados,<br \/>\nxunto coa memoria puntual de sitios concretos, p\u00fablicos ou privados,<br \/>\nblogs ou entradas nas redes sociais. En marcha est\u00e1 dende hai varios<br \/>\nanos un proxecto para ir recollendo a memoria escrita de Ribadeo e<br \/>\npo\u00f1ela en libre acceso na rede, contando na actualidade con 25<br \/>\nlibros recollidos, am\u00e9n de revistas e outros documentos varios,<br \/>\nsuperando o total a centea. Vaian como exemplos o n\u00famero de &#8216;Bandera<br \/>\nCat\u00f3lica&#8217; no que aparece a ilustraci\u00f3n da &#8216;Casa de los se\u00f1ores de<br \/>\nMoreno&#8217;, primeira referenza gr\u00e1fica \u00e1 torre do Cant\u00f3n, ou unha<br \/>\nsecci\u00f3n relixiosa con nove documentos, inclu\u00edndo libros de Semana<br \/>\nSanta, que non est\u00e1n na secci\u00f3n de libros xerais. \u00c9 posible<br \/>\nadem\u00e1is, que o arquivo completo este\u00f1a dispo\u00f1ible nunha web<br \/>\nnetamente ribadense antes de que remate o ano rec\u00e9n comezado.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Co<br \/>\ncambio do ano, foron incorporadas d\u00faas novas obras \u00f3 repositorio<br \/>\n&#8216;Publicado en Ribadeo&#8217; (<span style=\"color: navy;\"><span lang=\"zxx\"><u><a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/\">http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com<\/a><\/u><\/span><\/span>),<br \/>\nas que corresponden \u00f3s preg\u00f3ns e carteis do D\u00eda da Gaita entre as<br \/>\ncelebraci\u00f3ns do 1991 e do 2011, e \u00f3 Congreso de bandas de m\u00fasica<br \/>\npopulares de Galiza, celebrado no 1994.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">En<br \/>\ncanto \u00e1 primeira, repartida de xeito interno pola asociaci\u00f3n Amigos<br \/>\nda Gaita, as s\u00faas m\u00e1is de duascentas p\u00e1xinas recollen<br \/>\nparticularidades da historia de Ribadeo xunto con sentementos de<br \/>\nmoita xente, e reflicten unha imaxe de Ribadeo en festa, pero tam\u00e9n<br \/>\nsinxelamente v\u00edvido, formando un documento hist\u00f3rico no que se<br \/>\naprezan diferentes sensibilidades e vis\u00f3ns, e un conxunto abondo<br \/>\ncompleto arredor dunha actividade clave en Ribadeo. Os textos, de<br \/>\nvinte autores ribadenses de nacemento ou adopci\u00f3n, tam\u00e9n nos levan<br \/>\na outros tempos non tan lonxanos, vividos por moitos en primeira<br \/>\npersoa e revividos \u00f3 traverso das p\u00e1xinas do libro. Est\u00e1<br \/>\ndispo\u00f1ible en <span style=\"color: navy;\"><span lang=\"zxx\"><u><a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/D%C3%ADa+da+Gaita\">http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/D\u00eda+da+Gaita<\/a><\/u><\/span><\/span><br \/>\ne \u00e9 unha letura aconsellable para xente de calquera idade que sinta<br \/>\nRibadeo.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">A<br \/>\nsegunda publicaci\u00f3n, abondo m\u00e1is curta, da fe da actividade do<br \/>\nCongreso de bandas mantido en Ribadeo hai case 20 anos, impulsado por<br \/>\nHern\u00e1n Naval e respaldado por Amadores da M\u00fasica, arrimando o<br \/>\nombreiro o Concello, a Federaci\u00f3n galega, a Xunta &#8230; No seu momento<br \/>\nrepresentou un revulsivo para o mundo das bandas en Galicia e a\u00ednda<br \/>\nhoxe, case vinte anos despois, os seus artigos poden servir de<br \/>\nreferenza para a actualidade musical popular. Est\u00e1 dispo\u00f1ible en<br \/>\n<span style=\"color: navy;\"><span lang=\"zxx\"><u><a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/Congreso+de+bandas+de+m%C3%BAsica+populares+de+Galiza\">http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/Congreso+de+bandas+de+m\u00fasica+populares+de+Galiza<\/a><\/u><\/span><\/span><br \/>\ne, de xeito nautral, o seu \u00e1mbeto de interese vai al\u00e9n de Ribadeo,<br \/>\nse ben m\u00e1is reducido a persoas relacionadas dalg\u00fan xeito coa<br \/>\nm\u00fasica.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Non<br \/>\nquero rematar o artigo sen facer patente o agradecemento \u00e1 xente que<br \/>\ncolaborou para que estas publicaci\u00f3ns foran dixitalizadas e postas a<br \/>\ndisposici\u00f3n de todos dos m\u00e1is diversos xeitos, por exemplo,<br \/>\nfac\u00e9ndome chegar o libro do D\u00eda da Gaita.<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>Nota posterior: Por necesidade, estase a cambiar o lugar de &#8216;publicado en Ribadeo&#8217;. Irase po\u00f1endo nota do material e o novo lugar de publicaci\u00f3n en <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/publicado%20en%20Ribadeo\">http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/publicado%20en%20Ribadeo<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8211;&gt; Pouco a pouco, internet vai recibindo anacos de Ribadeo dixitalizados, xunto coa memoria puntual de sitios concretos, p\u00fablicos ou privados, blogs ou entradas nas redes sociais. En marcha est\u00e1 dende hai varios anos un proxecto para ir recollendo a memoria escrita de Ribadeo e po\u00f1ela en libre acceso na rede, contando na actualidade con [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,106,58],"class_list":["post-7278","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-publicado-en-ribadeo","tag-torre-dos-moreno"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7278","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7278"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7278\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7278"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7278"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7278"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}