{"id":7277,"date":"2013-01-05T09:22:00","date_gmt":"2013-01-05T08:22:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:24:09","modified_gmt":"2024-11-12T13:24:09","slug":"escrito-de-pancho-campos-historia-da","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2013\/01\/05\/escrito-de-pancho-campos-historia-da\/","title":{"rendered":"Escrito de Pancho Campos: HISTORIA DA R\u00cdA DE RIBADEO.  O TRIBUTO DAS CEN DONCELAS"},"content":{"rendered":"<p>Pergunt\u00e1ronme fai uns d\u00edas o que era este tributo, e dado que para a nosa historia local e nacional e algo digno de saber por todos, vouno expo\u00f1er tal cual eu o sei.<\/p>\n<p>O Tributo das 100 Doncelas era unha contribuci\u00f3n casi de vasallaxe que entre finales do s\u00e9culo VIII e mediados do IX os pobos de Galaecia ti\u00f1an que pagar o emir de C\u00f3rdoba, Abderraman I (756-788)<\/p>\n<p>Mauregato, rei de Galaecia entre 783 e 789, ou o que \u201cparece\u201d o mesmo, rei de Galiza, Asturias e Le\u00f3n, tomou o trono de Silo (774-783) no ano 783 coa axuda de Abderram\u00e1n I, e como pago polo favor que lle fixo, quedou obrigado o pago deste tributo de vasallaxe, que consist\u00eda en entregarlle o emir 100 doncelas v\u00edrxenes e fillas de fidalgos de ditos reinos.<\/p>\n<p>En 788, os condes Don Arias e Don Oveco, rebel\u00e1ronse contra Mauregato e m\u00e1tano como venganza de haber asumido e concedido este tributo o emir de C\u00f3rdoba. Bermudo I \u201co Di\u00e1cono\u201d, rei entre 789 a 791, sucesor de Mauregato, vence en Astorga a Hisham, e sustitue o tributo das doncelas por un pago en di\u00f1eiro.<\/p>\n<p>A Bermudo I suc\u00e9deo Alfonso II \u201co Casto\u201d (791-842) quen se resiste tam\u00e9n a pagar o tributo en cartos, e vese obrigado a entrar en batalla cos moros, vencendoos en Lugo na batalla de Lodos, matando o capit\u00e1n musulm\u00e1n Mugait, e as\u00ed consigue temporalmente librarse do tributo.<\/p>\n<p>Pero, posiblemente polos favores de apoio que uns e outros se\u00f1ores feudales, ped\u00edan os emires de Cordoba, para manter as prevendas do feudo, o caso foi que o tributo das 100 Doncelas non se erradicou, e a Alfonso II suc\u00e9deo Ramiro I (rei de Galaecia entre 842-850)<\/p>\n<p>Os pobos lim\u00edtrofes da R\u00eda de Ribadeo, ti\u00f1an que entregar al menos cinco das doncelas esixidas, e todas elas, iban sendo entregadas as comitivas moras, polos pobos cristi\u00e1ns do Norte, e eran reunidas nun punto pr\u00f3ximo a Las Traviesas, lugar pr\u00f3ximo a Betanzos, para ser trasladadas m\u00e1is tarde a C\u00f3rdoba.<\/p>\n<p>Nunha das voltas de recaudaci\u00f3n, a guardia mora que escoltaba as doncelas, a altura de Riberas do Sil, atopouse coa comitiva de Don Alvaro Fern\u00e1ndez Miranda, que vi\u00f1a de Santiago (aparecera o sepulcro en 808), e ante o cal as doncelas finc\u00e1ronse de xeonllos e suplic\u00e1ronlle que as librase dos carceleiros. Don \u00c1lvaro Fern\u00e1ndez de Miranda entrou en batalla, e derrotou os moros, librando as doncelas e devolv\u00e9ndollas os seus p\u00e1is.<\/p>\n<p>Despois, en reuni\u00f3n conxunta con Ponce de Le\u00f3n, solicitaron o rei Ramiro I que non volvese a pagar este tributo. Ramiro I acepta, e non volve a pagar o tributo das doncelas en todo o seu reinado.<\/p>\n<p>A Ramiro I suc\u00e9deo Ordo\u00f1o I (850-866) que se ve obrigado a sair de Le\u00f3n con tropas cara os territorios moros, pois estes quer\u00edan que se seguise pagando o Tributo das Doncelas, e as tropas de Al-Andalus tam\u00e9n saen a percura dos cristi\u00e1ns.<\/p>\n<p>T\u00e9\u00f1ase en conta que as doncelas fidalgas eran \u201cmercador\u00eda moi valiosa\u201d pois iban de concubinas para os serrallos do emir de Cordoba, e nunca m\u00e1is se volv\u00eda saber delas.<\/p>\n<p>Os ex\u00e9rcitos de Galaecia e Al-Andalus at\u00f3panse na vila de Clavijo (Logro\u00f1o), e entran en batalla.<\/p>\n<p>Seg\u00fan a lenda hist\u00f3rica, Ordo\u00f1o I, tras un primeiro d\u00eda de loita desafortunada contra as tropas de Muza \u201co Renegado\u201d, entr\u00e9gase a oraci\u00f3n e apar\u00e9ceselle o ap\u00f3stolo Santiago e ord\u00e9nalle que reanude o combate o d\u00eda seguinte, dec\u00edndolle: \u201cD\u00ed os teus soldados que confesen e comulguen, e ma\u00f1a ataca os moros invocando o nome de Deus e o meu. Eu marcharei a cabeza das tropas montado nun cabalo branco, cunha bandeira tam\u00e9n branca na man, e os inimigos ser\u00e1n derrotados\u201d.<\/p>\n<p>As\u00ed, milagreiramente, o ap\u00f3stolo Santiago, apareceu en batalla sobre un cabalo branco, e os cristians venceron. Desde ent\u00f3n data o grito de invocaci\u00f3n: \u201cSantiago e cerra Espa\u00f1a\u201d con o que os espa\u00f1ois entran en batalla. Tam\u00e9n podemos recordar, que hoxe en d\u00eda cel\u00e9brase a Festa das Doncelas en Le\u00f3n, xunto co d\u00eda da Nosa Se\u00f1ora do mes de agosto.<\/p>\n<p>&nbsp;A Don Alvaro Fern\u00e1ndez Miranda e \u00e1 Ponce de Le\u00f3n lles foron concedidas como armas de nobleza as cinco doncelas, as cales, en forma de roeles grande e pequeno, est\u00e1n representadas no cuartel dereito superior que pode verse perfectamente, no escudo her\u00e1ldico da Casa de Miranda na s\u00faa casa de Ribadeo na r\u00faa Amando Perez fronte da fonte dos Catro Ca\u00f1os. Este escudo, e proba evidente, de que dito Tributo das Doncelas existiu, pois ainda hai xente exc\u00e9ptica que d\u00ed que o tributo \u00e9 m\u00e1is lenda que historia, quiz\u00e1is debido a estar algo embarullada a historia co \u201cmilagreiro suceso\u201d de Santiago Matamoros.<\/p>\n<p>Pancho Campos Dorado<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pergunt\u00e1ronme fai uns d\u00edas o que era este tributo, e dado que para a nosa historia local e nacional e algo digno de saber por todos, vouno expo\u00f1er tal cual eu o sei. O Tributo das 100 Doncelas era unha contribuci\u00f3n casi de vasallaxe que entre finales do s\u00e9culo VIII e mediados do IX os [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-7277","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7277","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7277"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7277\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7277"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7277"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7277"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}