{"id":7269,"date":"2013-01-13T10:09:00","date_gmt":"2013-01-13T09:09:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:23:57","modified_gmt":"2024-11-12T13:23:57","slug":"a-voltas-coa-residencia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2013\/01\/13\/a-voltas-coa-residencia\/","title":{"rendered":"A voltas coa residencia de anci\u00e1ns en Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>O venres tivo lugar unha xuntanza en Santiago sobre a posible residencia de anci\u00e1ns en Ribadeo. Para comezar o comentario, o comunicado do alcalde, portavoz da comisi\u00f3n, foi o seguinte:<\/p>\n<p>&#8220;<em>SU\u00c1REZ BARCIA TILDOU DE SOSEGADO E CORDIAL O ENCONTRO MANTIDO CON<br \/>\nBEATRIZ MATO PARA ANALIZAR E RECLAMAR A CONSRUCCI\u00d3N DUNHA RESIDENCIA DA<br \/>\nTERCEIRA IDADE EN RIBADEO. A COMISI\u00d3N ESTUDIAR\u00c1 AGORA A PROPOSTA DO<br \/>\nGOBERNO GALEGO E AMBAS PARTES VOLTAR\u00c1N A REUNIRSE NA VINDEIRA PRIMAVERA.<br \/>\n <\/em><\/p>\n<p><em>Ribadeo, 11 de xaneiro de 2013. O alcalde de Ribadeo tildou de<br \/>\nsosegado e cordial o encontro mantido esta ma\u00f1\u00e1 coa conselleira de<br \/>\nTraballo e Benestar para analizar e reclamar a construci\u00f3n dunha<br \/>\nresidencia da terceira idade na vila. Beatriz Mato, segundo Fernando<br \/>\nSu\u00e1rez, aludiu \u00e1s dificultades econ\u00f3micas da Xunta para afrontar a<br \/>\nconstruci\u00f3n destas instalaci\u00f3ns e prop\u00faxolles concertar prazas p\u00fablicas<br \/>\nnunha residencia \u201cpero a responsabilidade da construci\u00f3n ou da<br \/>\nrehabilitaci\u00f3n dun posible edificio ser\u00eda do Concello\u201d. A comisi\u00f3n pro<br \/>\nresidencia da terceira idade voltar\u00e1 a reunirse coa titular de Traballo e<br \/>\n Benestar na vindeira primavera.<\/p>\n<p>O rexedor, coma portavoz da comisi\u00f3n pro residencia, valorou \u201ca unidade<br \/>\nque seguimos a manter todos e cada un dos representantes desta comisi\u00f3n,<br \/>\n de todos os partidos que formamos a Corporaci\u00f3n Municipal de Ribadeo.<br \/>\nLogo tam\u00e9n temos que valorar positivamente o di\u00e1logo tranquilo e<br \/>\nsosegado, coa conselleira\u201d.<\/p>\n<p>Su\u00e1rez Barcia lamentou que \u201cen todo caso tivemos que perder m\u00e1is dun ano<br \/>\n para ter este primeiro encontro, a\u00ednda que ao final debo dicir que foi<br \/>\ncordial, positivo\u2026\u201d. O alcalde relatou que \u201c\u00e1 necesidade plantexada por<br \/>\nn\u00f3s, documentada, fundamentada, de que Ribadeo conte cunha nova<br \/>\nresidencia para persoas maiores por parte da Xunta a conselleira,<br \/>\nBeatriz Mato, das posibles opci\u00f3ns que nosoutros barallamos: a primeira \u00e9<br \/>\n que a Xunta, que ten as competencias para iso, constr\u00faa unha nova<br \/>\nresidencia en Ribadeo; a segunda posibilidade ser\u00eda que entre a Xunta e a<br \/>\n Deputaci\u00f3n constr\u00faan unha nova residencia en Ribadeo ou a terceira<br \/>\nposibilidade que nosoutros barall\u00e1ramos \u00e9 que a Xunta concerte prazas<br \/>\npara unha residencia privada que se poida facer\u201d. E engadiu que \u201ca<br \/>\nvaloraci\u00f3n e a opci\u00f3n da conselleira de Traballo e Benestar,<br \/>\nargumentando dificultades econ\u00f3micas que nosoutros desde logo tam\u00e9n<br \/>\nentendemos porque sabemos cales son as circunstancias econ\u00f3micas que nos<br \/>\n afectan a todas as administraci\u00f3ns, prop\u00f3n concertar unha serie de<br \/>\nprazas p\u00fablicas nunha residencia, pero que a responsabilidade da<br \/>\nconstruci\u00f3n do edificio ou da rehabilitaci\u00f3n dunha posible ubicaci\u00f3n<br \/>\ncorrer\u00eda a cargo do Concello\u201d.<\/p>\n<p>Fernando Su\u00e1rez indicou que \u201cnosoutros aceptamos desde logo, como non<br \/>\npod\u00eda ser doutra maneira, estudar esta posibilidade que se nos plantexa,<br \/>\n a\u00ednda que podemos observar que entra\u00f1a unha enorme dificultade, porque<br \/>\nentendemos que o f\u00e1cil neste caso \u00e9 concertar prazas, pero con todo vai<br \/>\nser complicado, complexo, o feito de poder concesionar a unha empresa<br \/>\nprivada para que constr\u00faa unha residencia a\u00ednda que te\u00f1a o reclamo de<br \/>\nque a Conseller\u00eda do ramo poida concertar unha serie de prazas non<br \/>\ndeterminadas a\u00ednda\u201d.<\/p>\n<p>O rexedor e portavoz da comisi\u00f3n pro residencia valorou \u201cpositivamente<br \/>\neste primeiro encontro, a pesar destas dificultades, e queremos estudar<br \/>\nno seo da Corporaci\u00f3n, como sempre facemos entre todos os partidos, e<br \/>\nempraz\u00e1monos novamente a ter un novo contacto con ela ao principio da<br \/>\nprimavera, \u00e9 dicir dentro dun par de meses, cando xa poidamos ver si<br \/>\nesta posibilidade que ela nos ofrece \u00e9 viable finalmente ou si<br \/>\nsimplemente \u00e9 unha idea que parte da boa fe, pero que non pode ter moi<br \/>\npercorrido\u201d.<\/em><\/p>\n<p>&#8221;<\/p>\n<p>Evidentemente, o comunicado deixa f\u00f3ra unha pequena pol\u00e9mica a consecuencia de que o portavoz do PP local, que non l\u00edder do grupo do PP no concello nin participante na comisi\u00f3n, tentara colgarse a medalla de conseguir a xuntanza e de paso respaldar o bo facer da conselleira por convocala. A lembrar que Durante boa parte do ano pasado non hobo tal xuntanza a pesar de ser pedida de diversos xeitos, e terse realizado unha manifestaci\u00f3n en Ribadeo. Agora estaba prantexada unha manifestaci\u00f3n en Santiago, que como resultado da xuntanza queda adiada (non desconvocada, como publicou alg\u00fan medio, cunha diferenza que coido \u00e9 fundamental)<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEie2bD1716a457fuRF_V_xwQ7UWN91D0qeec4EycIids8H2fnfrbw8FQtVMNc4IV9nJ3DKETTPbuy9fz_-FXIJFKubXiYOx15J0Ld0hGZByPPLoj0qQFP9UdggfKCIuHnVF-xvLjA\/s2048\/Feliz+ano2.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"320\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEie2bD1716a457fuRF_V_xwQ7UWN91D0qeec4EycIids8H2fnfrbw8FQtVMNc4IV9nJ3DKETTPbuy9fz_-FXIJFKubXiYOx15J0Ld0hGZByPPLoj0qQFP9UdggfKCIuHnVF-xvLjA\/s2048\/Feliz+ano2.jpg\" width=\"206\" \/><\/a><\/p>\n<p>A concienciaci\u00f3n sobre a residencia segue a facerse de diversos xeitos. Enriba est\u00e1 a tama\u00f1o m\u00e1si ou menos real a felicitaci\u00f3n de Nadal de O Tes\u00f3n, que pola outra beira ten o calendario 2013 e que lembra en lugar preferente un agasallo que espera o pobo porque ten dereito a el: a residencia.<\/p>\n<p>E mentras, a cousa segue. O que se desprende da nota, con todo o seu tono conciliador, \u00e9 que pouco hai m\u00e1is que palabras. Non promesas, sen\u00f3n unha oferta cara a unha hipot\u00e9tica situaci\u00f3n na que o n\u00facleo do ofrecemento consiste en facer 40 prazas en convenio. Sen especificar as condici\u00f3ns de convenio. Algo positivo?: unha promesa, a de ter unha nova xuntanza en primavera. Ou aparece algo novo nela ou o desgaste do modelo de xutnanza sufrir\u00e1 o non ter unha folla de ruta con compromisos.<\/p>\n<p>Segue, e seguir\u00e1.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O venres tivo lugar unha xuntanza en Santiago sobre a posible residencia de anci\u00e1ns en Ribadeo. Para comezar o comentario, o comunicado do alcalde, portavoz da comisi\u00f3n, foi o seguinte: &#8220;SU\u00c1REZ BARCIA TILDOU DE SOSEGADO E CORDIAL O ENCONTRO MANTIDO CON BEATRIZ MATO PARA ANALIZAR E RECLAMAR A CONSRUCCI\u00d3N DUNHA RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE EN [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[64],"class_list":["post-7269","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-residencia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7269","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7269"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7269\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7269"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7269"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7269"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}