{"id":7263,"date":"2013-01-18T21:41:00","date_gmt":"2013-01-18T20:41:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:23:48","modified_gmt":"2024-11-12T13:23:48","slug":"o-convenio-alcalde-eon-empeza-funcionar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2013\/01\/18\/o-convenio-alcalde-eon-empeza-funcionar\/","title":{"rendered":"O CONVENIO ALCALDE-EON EMPEZA A FUNCIONAR &#8211; artigo de Evaristo Lombardero"},"content":{"rendered":"<p>O pasado venres 11 de xaneiro de 2013 varias m\u00e1quinas dunha<br \/>\nempresa contratada por BEGASA-EON entraron nos montes de Pi\u00f1eira e As<br \/>\nAnzas e comezaron as excavaci\u00f3ns e  movementos de terras para construir o<br \/>\n tendido de alta tensi\u00f3n e a subestaci\u00f3n el\u00e9ctrica que se ven<br \/>\nproxectando dende 2007. Tomemos nota do dato: cinco anos. Ao longo deste<br \/>\n tempo e nos pr\u00f3ximos meses calquer reclamaci\u00f3n dos veci\u00f1os foi e ser\u00e1<br \/>\nrespostada ca cl\u00e1sica demagogia: \u00a1\u00e9 un proxecto decisivo para o<br \/>\ndesenvolvemento da comarca\u00a1 \u00a1vai crear postos de traballo! \u00a1non se pode<br \/>\nretrasar!<\/p>\n<p>Como non pod\u00eda ser doutro xeito as m\u00e1quinas<br \/>\nentraron por cami\u00f1os particulares, sen pedir permiso e naturalmente sen<br \/>\navisar aos propietarios dos montes e das fincas afectadas.<\/p>\n<p>Sorprende un pouco mais o silencio do Sr. Alcalde e dos seus corifeos,<br \/>\n despois de enchernos os ouvidos cas marabillas que hab\u00eda traguer o<br \/>\nproxecto devandito, entre outras vanse acabar os cortes de luz e xerar<br \/>\n400 postos de traballo no pol\u00edgono industrial.  Contentos estar\u00edamos de<br \/>\ndarlle a raz\u00f3n.<\/p>\n<p>Imos ver moi brevemente alg\u00fans<br \/>\nantecedentes: No mes de maio de 2008 o concello asina un convenio con<br \/>\nBEGASA-EON e outros organismos onde se acorda darlle a esta empresa todo<br \/>\n tipo de facilidades. Folga suli\u00f1ar que de informaci\u00f3n ao vecindario<br \/>\nnada de nada. Este acordo xa desina o que vai vir despois. En xunio do<br \/>\nmesmo ano, no periodo de exposici\u00f3n p\u00fablica do avance do PXOM mais de<br \/>\ntrinta veci\u00f1os suscriben unha alegaci\u00f3n contra a ubicaci\u00f3n da<br \/>\nsubestaci\u00f3n. Resposta: Ninguna. Mesmo  a Comunidade de montes veci\u00f1ais<br \/>\nde Pi\u00f1eira alega polo mesmo motivo. Resposta: Ningunha. No mes de<br \/>\ndecemebro do mesmo ano 163 veci\u00f1os de Pi\u00f1eira, Cubelas e Obe presentan<br \/>\nun escrito no concello solicitando informaci\u00f3n sobre o estado do<br \/>\nproxecto. O Sr. Alcalde resposta: non hai nengunha informaci\u00f3n que dar.<br \/>\nDespois matizao: hai informaci\u00f3n pero non \u00e9 oficial. Ou sexa \u00e9 secreta. O<br \/>\n d\u00eda 5 de xaneiro de 2009 aparece, na p\u00e1xina web do concello, un escrito<br \/>\n da alcald\u00eda con insultos e descalificacions. As facilidades a EON<br \/>\nempezan a concretarse. Nos meses seguintes EON presenta un proxecto de<br \/>\nocupaci\u00f3n de 3 500 metros cadrados nos montes de Pi\u00f1eira, que mais<br \/>\nadiante conv\u00edrtense en 11 800 polo arte de birlibirloque. O tendido dende<br \/>\n Trabada, pasando por Anzas e Obe sofre modificacions que non ningu\u00e9n<br \/>\nxustifica. As sucesivas alegaci\u00f3ns son respostadas con evasivas pola<br \/>\nadministraci\u00f3n competente. Por fin o proxecto \u00e9 aprobado definitivamente<br \/>\n pola Xunta e comezan os movementos de terras, ou sexa as obras dun<br \/>\nproxecto tan desexado e necesario envoltas nun silencio sepulcral.<\/p>\n<p>Pola sua banda a Comunidade do Monte Veci\u00f1al de As Anzas ten<br \/>\ninterposto un contencioso administrativo contra o tendido e a comunidade<br \/>\n Pi\u00f1eira idem de idem pola ubicaci\u00f3n da subestaci\u00f3n e leva o mesmo<br \/>\ncami\u00f1o o expediente administrativo polo procedimento de expropiaci\u00f3n.<br \/>\nSer\u00eda moi longo exponer a riola de irregularidades ao longo destes<br \/>\nprocesos pero imos suli\u00f1ar duas: 1.- A persoa que representaba \u00e1 empresa<br \/>\n nas Actas de Ocupaci\u00f3n Previa (xullo 2012)  carec\u00eda do poder<br \/>\nacreditativo. 2.- O Sr. Alcalde, obligado por lei a presenciar ditas<br \/>\nactas non compareceu, como tampouco outro representante legal do<br \/>\nconcello, pero asinounas en barbecho ao final da ma\u00f1an. Sen comentarios.<\/p>\n<p>Para rematar un breve comentario sobre as obras que promoven EON e compa\u00f1\u00eda.<\/p>\n<p>No<br \/>\n mes de maio de 2006 un incendio forestal arrasou 1 600 Has de monte en<br \/>\nBusindre (Vald\u00e9s). Hab\u00eda un gran temporal de vento. En setembro de 2012<br \/>\ncelebrouse o xuizo. Os t\u00e9cnicos do Principado de Asturias declararon que<br \/>\n o causante do incendio foi o tendido el\u00e9ctrico de EON, os veci\u00f1os<br \/>\nafirmaron ver moitas chispas sair do tendido e prender o monte. Os<br \/>\nrepresentantes do SEPRONA confirmaron estas declaracions, pero un<br \/>\nt\u00e9cnico privado argumentou en contra. A xuiza deixou a EON libre de<br \/>\nculpas. Un directivo declarou que os veci\u00f1os quer\u00edan facer negocio a<br \/>\ncosta do incendio.  Outro caso: O 13 de setembro de  2012 unha avalancha<br \/>\n de mais de 2 000 toneladas de auga, fango e pedras matou a unha muller<br \/>\nde 73 anos en Arenas de Cabrales e desfixo casas, cuadras, e cami\u00f1os. O<br \/>\nderrubo proced\u00eda dunha canal que surt\u00eda un embalse da mesma empresa. Nos d\u00edas previos unha empresa contratada por EON ensanchara un<br \/>\ncami\u00f1o e reducira a parede da canal que finalmente se derrubou causando a<br \/>\n morte da muller o os destrozos devanditos. Polo de agora non houbo<br \/>\nxuizo. Non imos extendernos sobre a subestaci\u00f3n de Mondo\u00f1edo e a<br \/>\nsentencia do supremo, poden preguntarlle ao alcalde da cidade episcopal<br \/>\nque s\u00f3 est\u00e1 a 36 km de Ribadeo. \u00a1Tan perto e tan lonxe!.<\/p>\n<p>Evaristo Lombardero Rico.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O pasado venres 11 de xaneiro de 2013 varias m\u00e1quinas dunha empresa contratada por BEGASA-EON entraron nos montes de Pi\u00f1eira e As Anzas e comezaron as excavaci\u00f3ns e movementos de terras para construir o tendido de alta tensi\u00f3n e a subestaci\u00f3n el\u00e9ctrica que se ven proxectando dende 2007. Tomemos nota do dato: cinco anos. Ao [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[34,26,9],"class_list":["post-7263","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-evaristo-lombardero","tag-medio","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7263","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7263"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7263\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7263"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7263"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7263"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}