{"id":723,"date":"2024-04-07T21:30:00","date_gmt":"2024-04-07T19:30:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T11:09:02","modified_gmt":"2024-10-23T09:09:02","slug":"do-publico-do-privado-e-do-mediatizado","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/04\/07\/do-publico-do-privado-e-do-mediatizado\/","title":{"rendered":"Do p\u00fablico, do privado e do mediatizado"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/04\/lector20de20libros20electrC3B3nicos.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/04\/lector20de20libros20electrC3B3nicos.jpg\" class=\"wp-image-724\" width=\"464\" \/><\/a><\/p>\n<p>Do p\u00fablico, do privado e do mediatizado<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Nestes momentos cando escribo, te\u00f1o prestado un libro da ebiblio da Xunta de Galicia, a biblioteca electr\u00f3nica que complementa as bibliotecas f\u00edsicas dentro do sistema p\u00fablico da Xunta. \u00c9 a primeira vez que uso esa plataforma, \u00e1 que acced\u00edn coa inestimable axuda de M\u00f3nica, a bibliotecaria da BPM Viejo Pancho de Ribadeo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Despois de entrar en lista de espera, para acceder \u00f3 pr\u00e9stamo, en pouco m\u00e1is dun d\u00eda chegoume o aviso de que o ti\u00f1a dispo\u00f1ible, e 48 horas para facelo efectivo. A nota chegoume por correo electr\u00f3nico \u00e1s tres da ma\u00f1\u00e1, vivimos nun mundo no que non se descansa.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Sendo a primeira vez, vin as opci\u00f3ns de lectura e, unha vez asegurado que a posibilidade de o ler en li\u00f1a funciona ben, paso a artellar para poder telo nun lector electr\u00f3nico, nun \u2018ebook\u2019. Para min non \u00e9 o mesmo cun libro en papel, pero supera en caracter\u00edsticas \u00e1 lectura na pantalla dun ordenador. Descargo o ficheiro no formato accesible, un formato pensado non para facilitar a lectura, sen\u00f3n para protexerse dela, das \u2018lecturas ilegais\u2019. Seguindo as instruci\u00f3ns, f\u00e1gome unha conta nunha entidade privada que me facilitar\u00e1 o programa para pasar o arquivo protexido a un formato adecuado \u00f3 meu lector. E ent\u00f3n cando me decato de que non hai posibilidade de instalaci\u00f3n dese programi\u00f1a \u2018ponte\u2019 no sistema operativo que uso, Linux. Ou sexa, non \u00e9 s\u00f3 que a rede p\u00fablica dependa dunha \u2018ponte\u2019 privada para o uso dos sistemas dixitais que ofrece, sen\u00f3n que esa ponte necesita tam\u00e9n de sistemas privativos, de Microsoft ou Apple, para poder funcionar, descartando sistemas libres como Linux. Nada de mercado libre no sentido de liberdade, sen\u00f3n s\u00f3 libre no sentido de propiedade: \u2018money, money, money!\u2019<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Cabe aqu\u00ed facer un pequeno par\u00e9ntese para especificar que mentres ti compras un libro f\u00edsico ou dixital e quedas para sempre con el (no segundo caso, en teor\u00eda, que non ser\u00eda o primeiro que o vendedor borra \u00f3 seu arbitrio), as bibliotecas compran un libro ou rec\u00edbeno de agasallo e logo pagan un canon por uso repetido, e agora, en relaci\u00f3n \u00f3s libros en formato dixital, te\u00f1en licenzas de uso, co que pagan unha vez, rem\u00e1tase a licenza (por tempo ou mesmo por n\u00famero de descargas, ou ambos) e ou quedan sen acceso ou te\u00f1en que pagar de novo, outra, e as\u00ed sucesivamente. E, a ti, como pr\u00e9stamo, o libro d\u00farache accesible un tempo determinado (neste caso, ata tres semanas). Ou sexa, un xeito de constrinxir a labor dunha biblioteca.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>As\u00ed, a falta doutra posibilidade, comezo a ler no ordenador a trav\u00e9s da web, noto alg\u00fan pequeno fallo de uso da interface, e a partir de a\u00ed d\u00e1me por pensar que as\u00ed non vou rematar o libro con ben, co que procuro unha alternativa. Paso un tempi\u00f1o a cortapegar con paciencia e xa te\u00f1o o libro copiado en formato .odt que podo converter co Libre Office en .pdf, ou mediante o programa Calibre podo pasar a .epub, formato libre para libros electr\u00f3nicos que podo usar tam\u00e9n no meu lector. Te\u00f1o tres semanas para lelo, se quero seguir cingu\u00edndome a elas, pero agora dun xeito portable no meu lector electr\u00f3nico. Vexo que como primeirizo comet\u00edn alg\u00fan fallo na copia, pero \u00e9 pequeno e emendable, non pasa nada. Te\u00f1o tres semanas. Logo, prometo que borrarei o .odt e o .epub que a\u00ednda te\u00f1o sen facer.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Do p\u00fablico, do privado e do mediatizado &nbsp;&nbsp; &nbsp;Nestes momentos cando escribo, te\u00f1o prestado un libro da ebiblio da Xunta de Galicia, a biblioteca electr\u00f3nica que complementa as bibliotecas f\u00edsicas dentro do sistema p\u00fablico da Xunta. \u00c9 a primeira vez que uso esa plataforma, \u00e1 que acced\u00edn coa inestimable axuda de M\u00f3nica, a bibliotecaria da [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":724,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,26,9,40],"class_list":["post-723","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-medio","tag-sociedade","tag-tecnoloxia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/723","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=723"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/723\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/724"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=723"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=723"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=723"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}