{"id":7200,"date":"2013-03-22T07:57:00","date_gmt":"2013-03-22T06:57:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:21:43","modified_gmt":"2024-11-12T13:21:43","slug":"de-novo-todo-para-o-pobo-din-pero-sen-o","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2013\/03\/22\/de-novo-todo-para-o-pobo-din-pero-sen-o\/","title":{"rendered":"De novo, todo para o pobo, din, pero sen o pobo (isto non)"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"http:\/\/ribadeo.org\/actualidade\/nova.php?id=1197&amp;lg=gal\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Houbo pleno en Ribadeo<\/a>. Foi o d\u00eda de san Xos\u00e9, o martes 19. Nota do concello, o 20. Nos xornais aparece o 21 &#8230; Asistencia? Dos ed\u00eds, (suponse) completa [Nota posterior: en realidade faltou alg\u00fan por motivos profesioanis]. Da cidadan\u00eda, inexistente. Parece que se aprobaron cousas para mellorar a vida dos ribadenses. Sen eles, porque o aviso do pleno, quen o viu? Quen o sab\u00eda? Onde van eses chamamentos, o \u00faltimo feito a\u00ednda hai non tanto, para que o pobo asista \u00f3s plenos se non van acompa\u00f1ados da m\u00ednima vontade para que a xente se entere de cando ten que ir? E a participaci\u00f3n? Que hai dela? Ou bas\u00e9ase en dicir &#8216;si bwana&#8217; cando toca e en votar cada catro anos at\u00e9ndose a promesas que despois se cumpren se cadra si, se cadra non?<\/p>\n<p>Resulta que vemos como a xente se subleva. En Islandia, en Chipre, mesmo aqu\u00ed, pero aqu\u00ed a\u00ednda lles parece que o cambio est\u00e1 lonxe, ou que vai afectar a outros estamentos; debe ser por iso que as costumes seguen a ser as mesmas que hai cicoenta anos. Este\u00f1a no poder, neste caso municipal, o grupo que este\u00f1a, polo momento, pode cambiar o talante, pero non cambia o fondo: est\u00e1 en poder un grupo, non a xente. E a cousa segue unha mec\u00e1nica: enter\u00e1monos das cousas cando interesa por alg\u00fan motivo especial, pero dende logo, non sempre. O que si nos solemos enterar \u00e9 cando se lanzan improperios os uns \u00f3s outros, porque saen moi ofendidos, os uns e os outros, pola mesma causa. E mentras eles saen ofendidos de cando en vez, o pobo contin\u00faa a indignarse pola situaci\u00f3n. Sempre. A frase de &#8216;todo para o pobo pero sen o pobo&#8217; data de hai uns douscentos cincoenta anos, pero a pesar dunhas supostas elecci\u00f3ns libres (con listas cerradas polos partidos como \u00edndice de liberdade, por exemplo, e lonxe do &#8216;<a href=\"http:\/\/www.eldiario.es\/colaboratorio\/Politica_P2P-gobierno-pares-procomun_6_112748734.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">p2p pol\u00edtico<\/a>&#8216;) a frase segue vixente na mentalidade dos pol\u00edticos. E iso est\u00e1 en consoancia con outras cousas, como a corrupci\u00f3n ou a mala xesti\u00f3n, favorecidas polo cansanzo do pobo sobre a pol\u00edtica.<\/p>\n<p>E, mentras, \u00e1 vista da situaci\u00f3n, xorden cada vez con m\u00e1is insistencia cousas como as que pregunta Suso L\u00f3pez no \u00faltimo que lle lin: Quen son os responsables de modular a opini\u00f3n p\u00fablica? Coinciden os intereses destes cos da cidadan\u00eda? Preguntas que levan \u00e1 luz a relaci\u00f3n do poder pol\u00edtico con outras instancias apartadas da cidadan\u00eda nun sistema de distracci\u00f3n e control, que non de apoio popular.<\/p>\n<p>E o tema do pleno? Pois s\u00f3 un detalle: no pleno ordinario, m\u00e1is ou menos programado, e polo tanto dentro do que cabe m\u00e1is accesible \u00f3 cidad\u00e1n, houbo dous puntos. No extraordinario, nove. Sobre os resultados, sei m\u00e1is da pol\u00e9mica entre os concelleiros polo xornal (non en li\u00f1a alomenos polo momento) que do resultado dos puntos, alg\u00fans moi bos e moi bonitos segundo afirma a nota institucional, \u00fanica fonte \u00e1 que puiden acceder. Con sorte, falarei hoxe con alg\u00fan concelleiro &#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Houbo pleno en Ribadeo. Foi o d\u00eda de san Xos\u00e9, o martes 19. Nota do concello, o 20. Nos xornais aparece o 21 &#8230; Asistencia? Dos ed\u00eds, (suponse) completa [Nota posterior: en realidade faltou alg\u00fan por motivos profesioanis]. Da cidadan\u00eda, inexistente. Parece que se aprobaron cousas para mellorar a vida dos ribadenses. Sen eles, porque [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[42,13],"class_list":["post-7200","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-plenos","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7200","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7200"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7200\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7200"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7200"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7200"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}