{"id":7153,"date":"2013-05-17T14:17:00","date_gmt":"2013-05-17T12:17:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:20:14","modified_gmt":"2024-11-12T13:20:14","slug":"7-de-xaneiro-de-2002-na-voz-de-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2013\/05\/17\/7-de-xaneiro-de-2002-na-voz-de-galicia\/","title":{"rendered":"7 de xaneiro de 2002, na Voz de Galicia &#8230; sobre Hern\u00e1n"},"content":{"rendered":"<h2>\n\u00abAQU\u00cd COMO EN VIENA\u00bb<\/h2>\n<p><a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/hemeroteca\/2002\/01\/07\/902079.shtml\">LOURENZO FERN\u00c1NDEZ PRIETO <\/a><\/p>\n<p class=\"texto\">As\u00ed se denomina, sen complexos, o concerto de Nadal que<br \/>\n o primeiro director da Banda Sinf\u00f3nica de Ribadeo instaurou hai uns<br \/>\nanos nesa vila e que ven de celebrarse por primeira vez dende o seu<br \/>\npasamento. Hern\u00e1n Naval non foi unha <em>rara avis<\/em> mais si un grande<br \/>\nm\u00fasico e, sobre todo, un galego europeu. Nos primeiros d\u00edas deste euro<br \/>\nque disque nos fai m\u00e1is europeos l\u00e9mbrome de quen nos deixou antes de<br \/>\nusar a nova moeda pero deixou moita Europa constru\u00edda entre n\u00f3s. Dende a<br \/>\n direcci\u00f3n da Banda e da Escola de M\u00fasica artellou, con m\u00e1is entusiasmo<br \/>\nque facilidades, a cerna dunha cultura musical de calidade e, o que \u00e9<br \/>\nm\u00e1is importante, a infraestructura para que te\u00f1a futuro; deixounos un<br \/>\nfeixe de fitos, obras, unha morea de arranxos e discos, o \u00faltimo,<br \/>\np\u00f3stumo, rec\u00e9n presentado.<\/p>\n<p class=\"texto\">H. Naval foi un paradigama do galego europeu, quizabes<br \/>\npor iso se considerou sempre unha caste de infiltrado que non un<br \/>\nincomprendido, porque a maior\u00eda dos que o co\u00f1eceron entend\u00e9rono ben e<br \/>\nd\u00e9ronlle en vida a homenaxe que merec\u00eda. A \u00e9tica social que forneceu o<br \/>\nseu traballo foi a propia da Europa que, sen estar na pompa dos<br \/>\ndiscursos, medra circunstancialmente entre n\u00f3s e \u00e9 socialmente<br \/>\napreciada. A engolada parafernalia destes d\u00edas de moeda \u00fanica contrasta<br \/>\ncunha memoria que vive na obra e nos valores inmorrentes dun m\u00fasico<br \/>\neuropeu e galego. Os m\u00e1is importante deles a ambici\u00f3n e a \u00e9tica<br \/>\nprofesional.<\/p>\n<p class=\"texto\">Unha ambici\u00f3n que pervive nas obras que deixou e que<br \/>\nnon se acomoda ao sentido pexorativo que habitualmente se lle atrib\u00fae a<br \/>\nesta palabra. Tr\u00e1tase da ambici\u00f3n creadora de construir por riba das<br \/>\ncontinxencias dos egos, desa que non ten expresi\u00f3n persoal sen\u00f3n<br \/>\ncolectiva. Por iso se aprecia precisamente en toda unha xeraci\u00f3n educada<br \/>\n por el no co\u00f1ecemento musical. Neste pa\u00eds de cultura cat\u00f3lica, Hern\u00e1n<br \/>\nmilitaba nos valores luteranos do traballo e, sobre todo, ti\u00f1a un<br \/>\nsentido do servizo p\u00fablico que contrasta coas ma\u00f1as de curto alcance que<br \/>\n adoitamos padecer.<\/p>\n<p class=\"texto\">Politica e socialmente activo, foi nacionalista<br \/>\nconvicto dende cativo, en parte por herdanza dun seu av\u00f3 galeguista<br \/>\nfusilado no 36, demostrando no seu facer e nos seus gostos a miseria dos<br \/>\n t\u00f3picos. Como m\u00fasico arrepiaba da gaita de fol ata extremos que nunca<br \/>\npartillei, e fac\u00edao por gosto mais te\u00f1o para m\u00edn que tam\u00e9n para<br \/>\ncompensar&#8230; e, sobre todo, porque o seu alento adic\u00e1base a esoutra<br \/>\nm\u00fasica nacida no berce das cortes europeas e dos sal\u00f3ns da burgues\u00eda que<br \/>\n el se empe\u00f1aba en facer de todos. Adicou a s\u00faa vida \u00e1 extensi\u00f3n popular<br \/>\n da m\u00fasica e para iso sempre estivo disponible al\u00ed onde o chamaron, sen<br \/>\nreparar na cor pol\u00edtica do proxecto. Como intelectual debec\u00eda pola<br \/>\n\u00c9scola de Frankfurt e cimentaba nese pensamento a s\u00faa fortaleza<br \/>\nintelectual. O seu poeta de referencia era J.A. Valente, de quen<br \/>\nreivindicaba o seu nacionalismo cosmopolita. Os seus narradores, Camus,<br \/>\nTabucchi e Mu\u00f1oz Molina. Pero, sobre todo, era puntual e rigoroso,<br \/>\nsolemne cando hab\u00eda que selo e amante das tazas e de parolar con amigos<br \/>\ncando o traballo quedaba feito. Cal corresponde \u00e1 cultura europea das<br \/>\nvirtudes p\u00fablicas e os vicios privados.<\/p>\n<p class=\"texto\">El nunca o dir\u00eda as\u00ed pero ant\u00f3llaseme que laborou para<br \/>\nque f\u00f3ramos m\u00e1is normalmente europeos no que con el ti\u00f1a que ver: na<br \/>\nm\u00fasica e na cultura musical. \u00a1E logrouno, madia leva! Moitos tem\u00edan que a<br \/>\n s\u00faa obra desaparecera con el pero demostrou que non fora para iso que a<br \/>\n construira. Ser europeo na segunda mitade do s\u00e9culo XX pod\u00edase facer<br \/>\ndende calquera vila galega e Hern\u00e1n Naval, que naceu no 1962 e morreu no<br \/>\n 2001, demostr\u00f3unolo. Sen discursos.<\/p>\n<p class=\"texto\">&#8212;<\/p>\n<p class=\"texto\">De <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Lourenzo+Fern%C3%A1ndez+Prieto\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Lourenzo Fern\u00e1ndez Prieto<\/a>, no blog<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u00abAQU\u00cd COMO EN VIENA\u00bb LOURENZO FERN\u00c1NDEZ PRIETO As\u00ed se denomina, sen complexos, o concerto de Nadal que o primeiro director da Banda Sinf\u00f3nica de Ribadeo instaurou hai uns anos nesa vila e que ven de celebrarse por primeira vez dende o seu pasamento. Hern\u00e1n Naval non foi unha rara avis mais si un grande m\u00fasico [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[51],"class_list":["post-7153","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-hernan-naval"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7153","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7153"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7153\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7153"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7153"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7153"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}