{"id":7147,"date":"2013-05-22T07:51:00","date_gmt":"2013-05-22T05:51:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:20:04","modified_gmt":"2024-11-12T13:20:04","slug":"que-hai-do-meu-ii","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2013\/05\/22\/que-hai-do-meu-ii\/","title":{"rendered":"Que hai do meu? (II)"},"content":{"rendered":"<p>Pois iso: <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2013\/05\/que-hai-do-meu-i.html\">catro na s\u00e1<\/a>. Xa se tratara o tema considerado &#8216;de alta intensidade&#8217; porque afectaba direitamente \u00f3 peto dunhas cantas persoas (que procuraban solucionar &#8216;o seu&#8217;, a\u00ednda que f\u00f3ra a conta do p\u00fablico, \u00e9 dicir, a conta &#8216;de todos&#8217;), e se pasaba a cousas &#8216;de todos&#8217; e polo tanto, parece ser que &#8216;de ningu\u00e9n&#8217;, que &#8216;para iso est\u00e1n os pol\u00edticos&#8217;. Ben, os entrecomillados anteriores son meus, igual que as frases entrecomilladas, e creo que representan unha realidade: a desafecci\u00f3n do pobo polo com\u00fan, que implica unha deixaci\u00f3n de soberan\u00eda aproveitable por exemplo, para a instauraci\u00f3n dunha ditadura mesmo a partires dunha democracia formal, algo do que non \u00e9 a primeira nin a segunda volta que se fala no blog.<\/p>\n<p>Case vac\u00eda a s\u00e1, comentouse unha moci\u00f3n de urxencia para facilitar a construci\u00f3n dunha depuradora en Reme, en terreo privado cedido \u00f3 concello, e outra en Porto, en terreo do estado, ambas tendentes a que a r\u00eda de Ribadeo sexa tratada como se merece, e ambas coa participaci\u00f3n da Xunta e cesi\u00f3n posterior \u00f3 concello para o seu mantemento. Cun pequeno comentario a cargo do PP sobre a aposta da Xunta por Ribadeo, foi aprobado por unanimidade.<\/p>\n<p>Outra moci\u00f3n de urxencia foi presentada polo PP para ama\u00f1o e melloras na r\u00faa S. L\u00e1zaro, correspondente \u00e1 estrada LU5207, polo tanto, encami\u00f1ada a pedir \u00e1 Deputaci\u00f3n, a s\u00faa titular, o seu arranxo. Unha charla rematou inclu\u00edndo a estrada da Lodeira, LU5202, no paquete, as\u00ed como a petici\u00f3n da transferencia das d\u00faas, unha volta desligada a ponte do ferrocarril, por ser de titularidade m\u00e1is complicada para o caso. A votaci\u00f3n, un\u00e1nime despois de varios cambios, non me deixou claro de calquera xeito a redacci\u00f3n final da moci\u00f3n.<\/p>\n<p>Chegouse \u00f3 que considero fin da segunda parte do pleno, pois a partires de aqu\u00ed sucederon tres cousas: o interventor cesou no manexo do m\u00f3bil, houbo novas baixas no p\u00fablico, quedando reducido \u00f3 plural m\u00ednimo, e unha das persoas que marchou voltou a dirixirse \u00f3 pleno en relaci\u00f3n a que &#8216;marchaban pola presi\u00f3n&#8217;, segundo fora citado en pleno por alg\u00fan dos concelleiros, refer\u00edndose a que se sent\u00edan presionados pola audiencia, pero que a pesares de todo, far\u00edan a s\u00faa labor, o que deu lugar a un pequeno altercado con Tino (UPRi)<\/p>\n<p>Tivo lugar despois a aprobaci\u00f3n dunha declaraci\u00f3n institucional sobre as pintadas do &#8216;Juan\u00edn&#8217;, que foi aprobada por unanimidade.<\/p>\n<p>Deixo para a <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2013\/05\/que-hai-do-meu-e-iii.html\">terceira parte o final do pleno<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pois iso: catro na s\u00e1. Xa se tratara o tema considerado &#8216;de alta intensidade&#8217; porque afectaba direitamente \u00f3 peto dunhas cantas persoas (que procuraban solucionar &#8216;o seu&#8217;, a\u00ednda que f\u00f3ra a conta do p\u00fablico, \u00e9 dicir, a conta &#8216;de todos&#8217;), e se pasaba a cousas &#8216;de todos&#8217; e polo tanto, parece ser que &#8216;de ningu\u00e9n&#8217;, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[42],"class_list":["post-7147","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-plenos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7147","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7147"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7147\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7147"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7147"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7147"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}