{"id":7138,"date":"2013-05-29T17:33:00","date_gmt":"2013-05-29T15:33:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2025-04-28T12:08:07","modified_gmt":"2025-04-28T10:08:07","slug":"ribadeo-e-os-vascos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2013\/05\/29\/ribadeo-e-os-vascos\/","title":{"rendered":"Ribadeo e os vascos"},"content":{"rendered":"<p>Artigo de Pancho Campos publicado na Comarca de 20130525<\/p>\n<p>Ribadeo e os vascos. Pancho Campos Dorado<\/p>\n<p>Facer unha breve historia sobre Ribadeo e os vascos, non \u00e9 doado pois sempre quedar\u00e1n alg\u00fans sin nomear, pois non se atopa informaci\u00f3n xeral o respecto.<\/p>\n<p>Eu decid\u00edn guiarme polo nome dos vascos m\u00e1is relevantes que viviron, traballaron e fixeron negocios no noso pobo, e que contribu\u00edron o engrandecemento de Ribadeo tanto do comercio como da pequena industria \u00e1 que eles impulsaron de forma notable sin ningunha duda. Por eso creo obrigado este artigo para que non caia no esquencemento da memoria esta contribuci\u00f3n hist\u00f3rica de m\u00e1is de dous s\u00e9culos para o que foi e sigue sendo o transcurrir da nosa vila.<\/p>\n<p>Os vascos m\u00e1is relevantes aparecen como armadores de barcos, as\u00ed o m\u00e1is antigo antecesor en Ribadeo \u00e9 D. Manuel Olabarrieta, armador do bergant\u00edn \u201cFeliz\u201d (Lista de embarcaciones del Puerto de Ribadeo de 16-Agosto-1787)<br \/>\nNa terceira d\u00e9cada do XIX, aparece a grand\u00edsima personalidade de D. Francisco Antonio Bengoechea, banqueiro, comerciante e liberal home de negocios, afincado en Ribadeo al menos desde 1839 (\u201cPl\u00e1ticas de Familia\u201d p.17, D. Leopoldo Calvo-Sotelo). Constru\u00edu a \u201cCasa de Abaixo\u201d unha das m\u00e1is grandes casas de Ribadeo, herdada en 1900 por D. Ram\u00f3n Bustelo. Bengoechea, rexentaba unha banca de cr\u00e9dito e unha Casa de Navegaci\u00f3n que ti\u00f1a nada m\u00e1is e nada menos que trinta e tres barcos mercantes: 17 bergantines; 2 bergant\u00edns-goleta; 4 corbetas; 2 goletas; 3 quechemarines; 3 polacras-goleta; 1 pailebote e 1 patache. Con eles fac\u00eda negocios na navegaci\u00f3n de cabotaxe e cos m\u00e1is grandes navegaba por t\u00f3dolos mares e con l\u00edneas regulares o mar B\u00e1ltico e o mar Caribe, especialmente.<br \/>\nD. Joaqu\u00edn Aurrecoechea aveci\u00f1ado en Ribadeo en 1859. \u00c9 armador do lugre \u201cJos\u00e9 Ferm\u00edn\u201d, constru\u00eddo en Pasajes en 1853 co nome de \u201cJos\u00e9 Manuel\u201d.<br \/>\nD. Mariano Sanjin\u00e9s en 1863 contrata a corbeta mercante \u201cLima\u201d de 332 TRB o constructor, D. Juli\u00e1n Unzueta de Deusto en Astilleros Olaveaga. Corbeta que pasa a ser propiedade de D.Carlos Casas, por escritura de venta o 2\u00ba Piloto D. Agust\u00edn Torrontegui, ambos veci\u00f1os de Ribadeo.<br \/>\nEn 1865 D. Jos\u00e9 Benito Goldaracena de Bilbao, asenta na Comandancia Mar\u00edtima de Ribadeo o bergant\u00edn barca \u201cTio y Sobrino\u201d de 322 TRB. que construe en Viavelez con un costo de 25.000 pesos fuertes que paga D. Valent\u00edn Renter\u00eda de Mondaca, facultado no nome do Sr. Goldaracena.<br \/>\nEn 1866 D. Pedro Goicoechea de Lequeitio, asenta en Ribadeo a bricbarca \u201cCarmencita\u201d de 258 TRB. con un costo de 360.000 reales que constr\u00fae en Viavelez D. Jos\u00e9 Ron.<br \/>\nA prosperidade que os barcos dan o desenrolo industrial de Ribadeo \u00e9 algo tan notorio, que o car\u00f3n dos armadores vascos, outros como D. Antonio Casas, empeza tam\u00e9n o negocio de armador con un pequeno quechemar\u00edn de 58 TRB, o \u201cCeferina\u201d, e pronto chega a ter, a familia Casas, 22 barcos, entre eles a fragata de 652 TRB chamada \u201cAntonio Casas\u201d.<br \/>\nOutros homes de negocios tam\u00e9n se fan armadores, como: D.Antonio Couto; D. Patricio Gayol; D. Manuel Laje; D. Victorino P\u00e9rez Vizca\u00edno; D. Juan D\u00edaz Acevedo; D. Manuel Reynante; D. Fco. Gonz\u00e1lez; D. Jos\u00e9 Garc\u00eda Piedra.<br \/>\nPero un vasco ilustre por antonomasia en Ribadeo, foi D. Julio Laz\u00fartegui, creador e promotor da Sociedade Minera de Vilaodrid que funcionou a partires de 1903, e que deu lugar a construcci\u00f3n do ferrocarril Ribadeo-Vilaodrid de 50 km de percorrido. Gracias a esta explotaci\u00f3n mineira e os antecedentes mar\u00edtimos de Ribadeo como porto de relevancia, o que contribuiron en gran medida os vascos, toda a comarca vive d\u00e9cadas do s\u00e9culo XX, con un gran progreso industrial.<br \/>\nNos corenta primeiros anos o capital afl\u00fae a Ribadeo de forma continuada e cr\u00e9anse empresas de todolos tipos. Conta con duas bancas privadas, unha na Casa de Abaixo pechada en 1927, e outra na Casa de Arriba, a Banca de Casas, que se deu en bancarrota fraudulentamente en 1933. Constr\u00faese a Torre dos Moreno Ulloa, as f\u00e1bricas de conservas e salaz\u00f3n de pescado de Pel\u00e1ez, de Bravo Otero e a da Vilavella de Fidel Gayol, Luis Garcia e de Manuel Lens, con 130 traballadores. Ram\u00f3n Gonz\u00e1lez dona a Praza de Abastos e a zona do Mercado, constr\u00faese a Escola Agr\u00edcola de Pedro Murias, nos asteleiros da Vilavella non falta traballo, e a Caseta de Ba\u00f1os ten decenas de visitantes. Ribadeo \u00e9 Partido Xudicial con Xuzgado de Primeira Instancia, Comandancia de Carabineros, Axundant\u00eda de Marina e edif\u00edcase a Aduana Nova pois o tr\u00e1fico mar\u00edtimo internacional est\u00e1 en aumento. As familias Nistal e do Ferrocarrilana, establecen l\u00edneas de autobuses a Lugo e Viveiro.<\/p>\n<p>Nos anos trinta os talleres mec\u00e1nicos de reparaci\u00f3n de autom\u00f3viles, empezan a ser rendibles e outro vasco D. F\u00e9lix Larravide, Mec\u00e1nico Naval Maior, monta un taller mec\u00e1nico que ademais de reparar, ense\u00f1a a moitos rapaces o oficio da mec\u00e1nica e os diversos oficios que a reparaci\u00f3n mec\u00e1nica conleva. Entre eles estaba Pancho Campos Mart\u00ednez, meu pai. Nos anos corenta e cincuenta s\u00edguenlle a zaga outros talleres mec\u00e1nicos como o Garaxe Parga, para turismos e cami\u00f3ns, que compiten cos de D. Manuel Lens na r\u00faa de S. Francisco, para reparar o Saurer da Escomulgada, os de D. Manuel Luxen de Transportes o Comercio detr\u00e1s da c\u00e1rcel, cos de Jes\u00fas e cos de Seivane e o Carrelo no muelle de Figueir\u00faa. Tam\u00e9n monta Severiano L\u00f3pez o seu primeiro taller el\u00e9ctrico de reparaci\u00f3n e rebobinado de motores.<\/p>\n<p>A prosperidade \u00e9 grande, incluso para o lecer. O Cine Teatro e o Cine Col\u00f3n te\u00f1en duas sesi\u00f3ns diarias, e tres os domingos e d\u00edas de festa, o Baile do Rosa Lar ten orquesta t\u00f3dolos domingos do verano e a Banda Municipal toca os xoves no parque, e o capital flue por Ribadeo e a s\u00faa comarca en regatos pequenos pero caudalosos.<br \/>\nOs aserradeiros de Couso e Conde, non paran de traballar, e as carpinter\u00edas de Maseda, Cienfuegos e Ramos, te\u00f1en traballo continuado, abre a F\u00e1brica de Alginatos da Vilavella do Sr. Pu\u00e9rtolas, a f\u00e1brica de gabardinas da familia Lla\u00fa, as granxas de gali\u00f1as e de cemento de D. Manuel Lens, en 1958 inaug\u00farase o Instituto Laboral \u201cCarlos M\u00aa Rodr\u00edguez de Valc\u00e1rcel\u201d&#8230;<br \/>\nA inercia do crecemento industrial contin\u00faa ata mediados dos anos sesenta, do cal hoxe carecemos total e absolutamente, pois seg\u00fan a mi\u00f1a forma de ver, hoxe Ribadeo ten cerrado a cal e canto o seu verdadeiro motor e xerador industrial de riqueza, a R\u00eda de Ribadeo.<\/p>\n<p>Non ten o calado necesario para un desenrolo axeitado os tempos que vivimos, debido o mal dise\u00f1o da Ponte dos Santos sobre pilastras e sin altura dabondo, \u00f3s recheos da escollera e das d\u00e1rsenas \u201casesinan\u201d toda perspectiva de futuro, con car\u00e1cter irreversible, pois incrementaron de forma alarmante a colmataxe de area sobre o fondo e o agrandamento incontrolable dos tes\u00f3ns.<br \/>\nOutros vascos-ribadenses que se asentaron en Ribadeo en \u00e9pocas de antano, son as familias de D. Maximino Aramburo Mejeras, comerciante; D. Salvador D\u00edaz Echevarr\u00eda profesor de F\u00edsica e Qu\u00edmica do Sto. Tom\u00e1s e do Instituto Laboral; seu irm\u00e1n D. Cesar D\u00edaz Echevarr\u00eda que durante m\u00e1is de 30 anos foi secretario do P\u00f3sito de Pescadores, contribu\u00edndo en gran medida o desenrolo do porto pesqueiro de Ribadeo, que chegou a ter m\u00e1is de 350 mari\u00f1eiros inscritos.<\/p>\n<p>Polo ano 1958, aparecen os barcos dos Decanos, armadores de Burela: Jos\u00e9, Eliseo, Benigno e Santiago, que dan traballo a cincuenta e un mari\u00f1eiros, e contratan vascos como patr\u00f3ns de pesca do arrastre para as d\u00faas parexas: Tierra Vasca e Costa Vasca; Huerta e Decanos, e as\u00ed avec\u00ed\u00f1anse: Pablo M\u00fajica e Felicia, cos seus fillos Bego\u00f1a, Pablo e I\u00f1aki; Patxi Vidaurr\u00e1zaga e Teresa Urbieta cos seus fillos Jaime e Anatere; e tam\u00e9n Benancio Larrosea (Larrucea?).<br \/>\nA finales dos sesenta, chega tam\u00e9n a Ribadeo o Sr. Jaureguizar, profesor de matem\u00e1ticas do Instituto Laboral.<br \/>\nHoxe volvemos a sentir o empuxe dos vascos no desenrolo das grandes superficies, EROSKI Center, foi pioneiro deste tipo de supermercados en Ribadeo, seguido por Brico-King, D\u00eda, Lidl&#8230; que cos supermercados montados nos baixos de edificios da propia vila, como: O Arbol, Gadis, Alimerca&#8230; est\u00e1n xerando o desenrolo do mercado e comercio en Ribadeo, con moitos postos de traballo estable, que boa falta fan.<\/p>\n<p>\u00c9 unha pena que non haxa todav\u00eda a d\u00eda de hoxe aceras para poder transitar os pe\u00f3ns tranquilamente e sin medo a ser atropellados por un coche, hacia as aforas de Ribadeo, pois, creo eu, ser\u00eda tan atractivo como rentable para os grandes e pequenos comerciantes do centro do pobo, unha fluida circulaci\u00f3n dos miles de clientes \u201cyentes e vinientes\u201d as grandes superficies.<br \/>\nPor todo esto, creo de obriga este artigo de reco\u00f1ecemento os vascos e o traballo que tanto levan feito e compartido con nos. Saudi\u00f1os e unha aperta.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Artigo de Pancho Campos publicado na Comarca de 20130525 Ribadeo e os vascos. Pancho Campos Dorado Facer unha breve historia sobre Ribadeo e os vascos, non \u00e9 doado pois sempre quedar\u00e1n alg\u00fans sin nomear, pois non se atopa informaci\u00f3n xeral o respecto. Eu decid\u00edn guiarme polo nome dos vascos m\u00e1is relevantes que viviron, traballaron e [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,91,11,46,58],"class_list":["post-7138","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-ferrocarril","tag-historia","tag-pancho-campos","tag-torre-dos-moreno"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7138","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7138"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7138\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":24584,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7138\/revisions\/24584"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7138"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7138"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7138"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}