{"id":7119,"date":"2013-06-18T19:12:00","date_gmt":"2013-06-18T17:12:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:19:07","modified_gmt":"2024-11-12T13:19:07","slug":"utilizacion-de-herbicida-total","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2013\/06\/18\/utilizacion-de-herbicida-total\/","title":{"rendered":"UTILIZACION DE HERBICIDA TOTAL SISTEMICO POR PARTE DO MINISTERIO DE FOMENTO, TANTO NAS ESTRADAS NACIONAIS COMO NAS AUTOVIAS"},"content":{"rendered":"<p>Artigo de Jos\u00e9 \u00c1ngel Salvatierra Rico<\/p>\n<p>Desde hai aproximadamente dous<br \/>\nanos, o Ministerio de Fomento, no que compete a provincia de Lugo,<br \/>\nest\u00e1 aplicando herbicida total nas cunetas, arc\u00e9ns e taludes das estradas da s\u00faa competencia, e da autovia  do Cant\u00e1brico dende<br \/>\nRibadeo direcci\u00f3n Baamonde. Non o est\u00e1 a facer polo momento, na<br \/>\nautovia A Coru\u00f1a &#8211; Lugo, mais tam\u00e9n  o fixo nas estradas N- 634 e N-642.<\/p>\n<p>Este tipo de desbroce qu\u00edmico, pola<br \/>\ninformaci\u00f3n que recoll\u00edn en internet, est\u00e1se a  facer noutras<br \/>\npartes de Espa\u00f1a, en Andaluc\u00eda por parte da Conselleria de Obras e<br \/>\ntam\u00e9n na Comunidade de Castela a Mancha. Nesta \u00faltima mesmo nas<br \/>\nestradas das Deputaci\u00f3ns. Desgraciadamente parece que a fumigaci\u00f3n de cunetas con<br \/>\nherbicida non \u00e9 exclusiva de  Galicia, a\u00ednda que aqu\u00ed, eso si, sempre copi\u00e1molo peor. Coa diferenza agravante que aqu\u00ed chove<br \/>\nm\u00e1is que en calqueira outro sitio de Espa\u00f1a, e as\u00ed pois a<br \/>\nposibilidade de contaminaci\u00f3n por arrastres de augas a regatos e<br \/>\nmananciais \u00e9 maior.<\/p>\n<p>Esta forma de limpar de maleza as<br \/>\nestradas (eu diria que de ensuxar) tan s\u00f3 se ve en Espa\u00f1a. Eu,<br \/>\nque levo percorrendo distintos pa\u00edses de Europa nos \u00faltimos vinte<br \/>\nanos, non vin o mesmo polo mundo adiante. Fai un mes que percorr\u00edn Portugal de norte a<br \/>\nsur, e viceversa, con rota distinta, e non atopei estradas<br \/>\nfumigadas. Se a disculpa \u00e9 a crise para aforrar, Portugal esta peor<br \/>\nca n\u00f3s, econ\u00f3micamente me refiro, e non fan esto.<\/p>\n<p>\u00d3 secar a maleza co herbicida, as<br \/>\ncunetas e arc\u00e9ns convertense nunha gran \u201cmecha\u201d permanente todo<br \/>\no ver\u00e1n  \u00f3 longo das estradas para a propagaci\u00f3n do lume. Aqu\u00ed<br \/>\nse produce unha contradici\u00f3n m\u00e1is entre as distintas<br \/>\nAdministraci\u00f3ns, pois a mesma Conselleria de Medio Rural na Lei de<br \/>\nmontes de 23 de xullo do 2012, recolle a obrigatoriedade de gardar<br \/>\ndistancias de plantaci\u00f3n, dende o l\u00edmite do dominio p\u00fablico das<br \/>\ndistintas vias, como autoestradas, autov\u00edas, corredores, estradas<br \/>\nconvencionais, pistas forestais, etc, con distancias que van dos 2 \u00f3s<br \/>\n6 m dependendo da especie de \u00e1rbore do que se trate. Todo elo para<br \/>\nevitar a facilidade de propagar  os incendios  e \u00f3 mesmo tempo propiciar que as<br \/>\nv\u00edas fagan de cortafogos. Pois xa vemos a coherencia dos nosos<br \/>\nresponsables pol\u00edticos. No papel do BOE ou no DOGA se recolle, e logo<br \/>\nna realidade de cada dia, esto non fuciona. Que di a Conselleria do<br \/>\nMedioambiente? Nada. V\u00e9ndennos  Reservas da Biosfera,<br \/>\nRedes Natura, ZEPAs, LICs etc, etc. e logo envenenan o medio, cando<br \/>\nverdadeiramente non \u00e9 necesario, a parte de provocar un gran impacto<br \/>\nambiental. Non te\u00f1en a m\u00e1is minima sensibilidade, nin gusto pola<br \/>\npaisaxe. Ata esto nos quitan, que \u00e9 do pouco que a natureza en<br \/>\nGalicia nos da gratis, pero entre todos empe\u00f1\u00e1monos en<br \/>\ndestruir. Ecoloxistas en Acci\u00f3n de Andalucia ten denunciado estas<br \/>\nfumigaci\u00f3ns diante da Conselleria de Medio Ambiente, pois est\u00e1nse a<br \/>\nfacer fumigaci\u00f3ns con herbicida ata en pistas de Parques Naturais. Esto<br \/>\nxa \u00e9 o m\u00e1ximo. Hai que facer algo.<\/p>\n<p>Respecto o Concello de Ribadeo, est\u00e1<br \/>\npermitindo que -na estrada do monte e algunhas outras tam\u00e9n-  se<br \/>\naplique este tipo de herbicida dende fai abondos anos, por parte<br \/>\ndos titulares das distintas fincas, tanto en cunetas como en<br \/>\ntaludes. Eu xa lle comunicara esto a concelleiro de medio Ambiente no seu dia, pero a cousa<br \/>\nnon se det\u00e9n, se non  que vai a m\u00e1is.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Artigo de Jos\u00e9 \u00c1ngel Salvatierra Rico Desde hai aproximadamente dous anos, o Ministerio de Fomento, no que compete a provincia de Lugo, est\u00e1 aplicando herbicida total nas cunetas, arc\u00e9ns e taludes das estradas da s\u00faa competencia, e da autovia do Cant\u00e1brico dende Ribadeo direcci\u00f3n Baamonde. Non o est\u00e1 a facer polo momento, na autovia A [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[24,26],"class_list":["post-7119","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-jose-a-salvatierra-rico","tag-medio"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7119","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7119"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7119\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7119"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7119"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7119"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}