{"id":7111,"date":"2013-06-27T00:25:00","date_gmt":"2013-06-26T22:25:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:18:53","modified_gmt":"2024-11-12T13:18:53","slug":"ria-de-ribadeo-usos-e-costumes-do-mar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2013\/06\/27\/ria-de-ribadeo-usos-e-costumes-do-mar\/","title":{"rendered":"R\u00cdA DE RIBADEO. USOS E COSTUMES DO MAR.-  Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p>Resultoume sorprendente o artigo do 15 de Xu\u00f1o actual, neste querido semanario de La Comarca del Eo, de D. Jes\u00fas Alonso: \u201cNo nos callar\u00e1n, hoy y siempre &#8230; \u201cR\u00eda del Eo\u201d. Sorprende ver como se pode ser capaz de escribir sobre un tema que se desconoce e se falta absolutamente o rigor hist\u00f3rico do que fala. O nome da r\u00eda foi sempre R\u00eda de Ribadeo, e nunca R\u00eda do Eo pois este \u00e9 un t\u00e9rmino mar\u00edtimo absurdo. Pero vamos por partes.<\/p>\n<p>1) Decirlle a D. Jes\u00fas que: \u201cgalegos e asturianos primos irm\u00e1ns\u201d, \u00e9 un dito popular que non quere decir que uns son primos e outros irm\u00e1ns, quere decir que somos \u201cprimos carnais\u201d ou sexa, fillos de irm\u00e1ns. Pero vostede s\u00edrvese do dito, para facerse a \u201cv\u00edctima\u201d, como si fora \u201cun primo\u201d. Seu problema, pois a parte que me corresponde coa mi\u00f1a familia de sangre asturiana, seguireina querendo igual e tratando como tal, de familia.<\/p>\n<p>2) O Marquesado da R\u00eda de Ribadeo (BOE n\u00fam. 151 Martes 25 junio 2002) parece ser que molestou a alg\u00fans \u201cterr\u00e1queos\u201d da orilla esquerda da R\u00eda de Ribadeo, que non entenden a tradici\u00f3n mari\u00f1eira da R\u00eda de Ribadeo, pois todas e cada unha das cartas de navegaci\u00f3n habidas e por haber son da Ria de Ribadeo desde 1776; 1787; 1788 e posteriores ata nosos d\u00edas para entrar os barcos no \u00fanico porto comercial da zona conocido en todo o mundo, gracias os mari\u00f1eiros, como Porto de Ribadeo.<\/p>\n<p>Non sei si ten vostede algunha das cartas que utilizaban \u201cen 1800 los barcos que navegaban por el estuario que conforma la ria del Eo hasta llegar a la parroquia de Abres, en el Concejo de Vegadeo&#8230;\u201d. A r\u00eda de Abres \u00e9 do Concello de Trabada e seguro que non ten ningunha carta de 1800 coa denominaci\u00f3n da R\u00eda del Eo, pois daquela non se publicaban chorradas. Pero eu s\u00ed, lle podo ense\u00f1ar varias cartas n\u00e1uticas de 1787 e t\u00f3dalas posteriores ata os nosos d\u00edas da R\u00eda de Ribadeo. Por outro lado decirlle que o Concejo de Vegadeo, en 1800 era a Veiga de Ribadeo. O seu relato non ten linea sin pecado, e non debe esquecerse de contar verdades, pois est\u00e1 po\u00f1endo algo por escrito, e non tergiverse noticias que non co\u00f1ece, pois senon vamos pensar que \u00e9 un simple \u201ccoleccionista de estampitas\u201d das que se pavonea, pero que nada ten que ver a s\u00faa afici\u00f3n co rigor da filat\u00e9lica, e s\u00ed m\u00e1is ben, coas afici\u00f3ns dos nenos a coleccionar cromos.<\/p>\n<p>3) O Ministerio de Fomento en 13 de Marzo de 2008, edita un informe sobre a decisi\u00f3n da Comisi\u00f3n Especializada de Nombres Geogr\u00e1ficos del Consejo Superior Geogr\u00e1fico, sobre o top\u00f3nimo da R\u00eda de Ribadeo, no que dice: \u201cque sostiene con contundencia que el \u00fanico nombre que debe otorgarse a la citada r\u00eda es el de R\u00eda de Ribadeo&#8230;\u201d. Ent\u00e9rese D. Jes\u00fas, chamarlle Ria do Eo, vai en contra da normativa democr\u00e1tica actual, e por suposto da historia antigua e moderna da R\u00eda de Ribadeo.<\/p>\n<p>4) Hai sentencias dictadas donde a R\u00eda de Ribadeo foi xurisdicci\u00f3n do Principado de Asturias. Efectivamente, por poucos anos, pero non volva a tergiversar, a denominaci\u00f3n da R\u00eda de Ribadeo, que depend\u00eda do Ministerio da Guerra ou de Marina, e non da xudicatura civil ou eclesi\u00e1stica que iban conxuntas por aquel entonces, e quenes fac\u00edan o reparto xurisdicional eran, xeralmente, os bispos de Mondo\u00f1edo e de Oviedo. Debido a esto, ata fai sesenta anos, a xurisdici\u00f3n de Mondo\u00f1edo chegaba a Navia, pois desde \u00f3 20 de dicembro de 1369 o Condado de Ribadeo chegaba e chega o r\u00edo Frejulfe. Pero en t\u00f3dalas \u00e9pocas se coceron fabas de usurpaci\u00f3n, e este af\u00e1n de apropio da Historia do Reino de Galicia non se empezou ontes. Pero esto queda para outro relato, que eiqu\u00ed non cabe.<\/p>\n<p>5) O selo do \u201cPuente de los Santos sobre la R\u00eda de Ribadeo\u201d \u00e9 unha preciosidade de fotograf\u00eda e o d\u00edptico unha excelente pintura. Seguro que dentro duns anos valer\u00e1 unha fortuna. Parece ser que o PSOE (A Mari\u00f1a de El Progreso, 25-Xu\u00f1o) non lle gusta a foto e quer debatir na Comisi\u00f3n de Hacienda e Administraci\u00f3ns P\u00fablicas que o retiren, as\u00ed como tam\u00e9n, cambiar a denominaci\u00f3n da R\u00eda de Ribadeo, por que \u201cR\u00eda del Eo se ajusta m\u00e1s a derecho\u201d \u00bfo dereito de qu\u00e9n? \u00bfque lle parecer\u00eda o PSOE si o presidente de Chile cambiara o nome do Estreito de Magallanes, pois \u00e9 unha reliquia mar\u00edtima da antiguedade, e que a d\u00eda de hoxe non \u00e9 relevante, e debera de cambiar o nome por algo m\u00e1is \u201caxustado o Dereiro Chileno actual\u201d. Igualmente poder\u00eda pensar o Presidente de Panam\u00e1 coas cidades de Col\u00f3n e de Balboa&#8230; e unhas decenas de exemplos m\u00e1is, que son gloria e dereito da Marina Espa\u00f1ola e non das Comisi\u00f3ns de \u201cFerias, Fiestas y Mercados\u201d o que nos te\u00f1en acostumbrados estes \u201ccambistas\u201d. Persoalmente non me gusta a denominaci\u00f3n do selo, pois para min debera de ser \u201cA Ponte dos Santos sobre a R\u00eda de Ribadeo\u201d, todo no idioma galego, pois pertence tanto a orilla de Ribadeo, como a outra orilla de Reboredo ata o r\u00edo Frexulfe as \u201cTerras de Ribadeo\u201d. Pero en aras do biling\u00fcismo e da fraternidade de \u00e1mbalas d\u00faas orillas da que D.Jes\u00fas, fala pero non practica, pode estar ben as\u00ed.<\/p>\n<p>6) Por outra banda, os se\u00f1ores que montaron o tinglado do espacio protexido da Reserva da Biosfera Rio Eo, Oscos y Tierras de Bur\u00f3n, \u201cesqueceron\u201d o nome da R\u00eda de Ribadeo, foco principal de outra usurpaci\u00f3n topon\u00edmica do Reino de Galiza, que seguramente se non se remedia se levar\u00e1 a cabo antes de acabar o s\u00e9culo XXI, co benepl\u00e1cito das autoridades galegas de turno, tanto locales, da Xunta en Santiago como do Goberno de Lugo.<\/p>\n<p>Fix\u00e9ronse xuntanzas e actos cos alcaldes de Ribadeo e esto \u00e9 para min o m\u00e1is triste de reco\u00f1ocer. Deix\u00e1ronse levar, como si non acontecera nada, e \u00e9 de vital transcendencia o defenderse do capricho duns poucos&#8230; Primerio D. Carlos Andina, coa inauguraci\u00f3n da Reserva da Biosfera \u00e9 en Santa Cruz de \u201cLa Casa de la R\u00eda\u201d a secas sin engadir \u201cde Ribadeo\u201d, a \u201cCasa de la R\u00eda del Encuentro\u201d, \u00bfde qu\u00e9 encontro? Trouxeron o Sr. Touri\u00f1o e o Concelleiro de Cultura da Xunta a inugurar a cabana miradoiro da fauna da r\u00eda. Logo tocoulle a D. Fernando Barcia, co libri\u00f1o editado pola \u201cAsociaci\u00f3n del Puente de los Santos\u201d en versi\u00f3n galega: \u201cA R\u00eda de Ribadeo Natureza entre duas augas\u201d e en castel\u00e1n: \u201cLa R\u00eda del Eo Naturaleza entre dos aguas\u201d. \u00bfA que xogan vostedes os nosos representantes civiles? \u00bfcomo \u00e9 posible que fondos p\u00fablicos que ve\u00f1en da UNESCO (Organizaci\u00f3n das Naciones Unidas para a Educaci\u00f3n, a Ciencia e a Cultura) para programas destinados a promover os valores culturales dos pobos sexan empleados para a usurpaci\u00f3n topon\u00edmica de Galiza? (v\u00e9xase \u201cBur\u00f3nlandia\u201d 01-Outubro-2011 \u00e9 Bur\u00f3nlandia II, 12-Novembro-2011 artigos en \u201cLa Comarca del Eo\u201d)<\/p>\n<p>Agora, a estes se\u00f1ores da Reserva da Biosfera xa lles parece que te\u00f1en a plaza de Ribadeo ga\u00f1ada, e o m\u00e9rcores 15 de Maio 2013, tiveron xuntanza no Concello de Trabada e o 31 de Maio no Concello de Ribadeo. Naquela houbo nota de prensa, e nesta non, \u00bfque foi o que se acordou nestas xuntanzas? \u00bf\u00f3 pobo de Ribadeo non chegou todav\u00eda a Ley de Transparencia, Sr. Barcia? \u00bfque te\u00f1en que ocultar que os veci\u00f1os de Ribadeo non debemos saber, ata que este todo atado e ben atado? \u00bfser\u00e1 aquelo de que a Reserva da Biosfera \u00e9 asturiana, como nos dec\u00eda por carta a AVV \u201cO Tes\u00f3n\u201d, D. Jes\u00fas Valderr\u00e1bano Luque en Decembro 2012, desde INDUROT a Universidade de Oviedo en Mieres, e que lle contestamos en carta privada daquela maneira&#8230;?<\/p>\n<p>Por \u00faltimo decirlle, D. Jes\u00fas Alonso Penelas, que sinto non estar dacordo en casi nadi\u00f1a do que dice e recom\u00e9ndolle que compre e lea a edici\u00f3n tetra-l\u00edng\u00fce das \u201cCartas da R\u00eda de Ribadeo\u201d que vamos a editar nos pr\u00f3ximos d\u00edas a AVV \u201cO Tes\u00f3n\u201d de Ribadeo, un claro exemplo dun retazo da nosa historia compartida en \u00e1mbalas duas orillas e aprenda a topon\u00edmia de t\u00f3dolos rinc\u00f3ns da R\u00eda de Ribadeo, e por certo, p\u00e1rese un intre a ler tam\u00e9n, como realizaba un barco a maniobra de entrada na R\u00eda de Ribadeo, desde o mar e navegando a vela para fondear en Porcill\u00e1n ou a volta de Cabanela. Unha verdadeira delicia para descubrir rinc\u00f3ns que \u00e1 xente intelixente, que lle gusta o mar e os seus enraizados Usos e Costumes, lle encantar\u00e1.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Resultoume sorprendente o artigo do 15 de Xu\u00f1o actual, neste querido semanario de La Comarca del Eo, de D. Jes\u00fas Alonso: \u201cNo nos callar\u00e1n, hoy y siempre &#8230; \u201cR\u00eda del Eo\u201d. Sorprende ver como se pode ser capaz de escribir sobre un tema que se desconoce e se falta absolutamente o rigor hist\u00f3rico do que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-7111","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7111","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7111"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7111\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7111"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7111"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7111"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}