{"id":7105,"date":"2013-07-02T09:38:00","date_gmt":"2013-07-02T07:38:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:18:43","modified_gmt":"2024-11-12T13:18:43","slug":"pleno-extraordinario-de-20130628","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2013\/07\/02\/pleno-extraordinario-de-20130628\/","title":{"rendered":"Pleno extraordinario de 20130628"},"content":{"rendered":"<p>O pleno durou de oito a nove da noite, e tivo s\u00f3 d\u00faas persoas de p\u00fablico. Se foi as\u00ed quiz\u00e1is o por que haxa que procuralo en que todo vi\u00f1a xa &#8216;atado e ben atado&#8217; entre os partidos, quiz\u00e1is no pouco interese dos puntos (agora poder\u00e1 verse), quiz\u00e1is en que a xente non sab\u00eda de que se \u00eda tratar ou que houbera pleno , &#8230;&nbsp;<\/p>\n<p>O caso \u00e9 que foi un pleno absolutamente calmo e, a pesares de ser extraordinario, de telo podido permitir o regulamento, haber\u00edaselle engadido outro punto, que as\u00ed, por urxencia, deu lugar a outro pleno tam\u00e9n extraordinario despois: trat\u00e1base dun convenio do estilo dos que foron votados neste que rese\u00f1o.<\/p>\n<p>Unha daci\u00f3n de contas \u00f3 comezo deu lugar a unha frase: &#8216;nunca as partidas atrasadas foron tan pequenas&#8217;. Haina que tomar con precauci\u00f3n, pois como sinalou a oposici\u00f3n, algo tiveron que ver as normas gubernativas, e adem\u00edas, ise nunca coido que ten un recorrido temporal de non m\u00e1is al\u00f3 de un par de d\u00e9cadas, se ben a diferenza con tempos non tan alonxados res\u00f3lvese moi ben a favor dos actuais nestes aspecto de d\u00e9bedas do concello.<\/p>\n<p>Aprobouse unha modificaci\u00f3n de cr\u00e9dito de 25 000 \u20ac, e falouse das dificultades para o cobro dos avais da rescisi\u00f3n do contrato de obras do pavill\u00f3n, sen problemas no caso de NGB, pero si no caso do BBVA.<\/p>\n<p>Pasouse logo \u00f3 potenciado como punto estrela do pleno: a recalificaci\u00f3n de terreos das antigas casas dos profesores da r\/Paco Lanza, que <a href=\"http:\/\/ribadeo.org\/mediateca\/albumes\/imx\/12281261662008_09_Pleno_15.09.2008_ordinario.pdf\">en pleno de 15 de setembro de 2008 foran ama\u00f1ados para al\u00ed poder facerse unha Galescola<\/a>. 1202 m2 que non chegaro a ningures, pois nin se chegou a facer o convenio correspondente para a construci\u00f3n. As\u00ed, aprobouse por unanimidade a modificaci\u00f3n dos usos do terreo, tras un curto intercambio entre o portavoz do PP (Val\u00edn), e o alcalde. No intercambio saiu \u00e1 palestra que o 8 de xullo a comisi\u00f3n pro residencia ser\u00e1 recibida pola conselleira. Manifestouno Val\u00edn, en consoancia con que logo nos xornais o xefe de filas do PP en Ribadeo, Suso, se arrogase os m\u00e9ritos de que tiveran concedida unha entrevista que leva retraso sobre unha promesa xa feita con anterioridade e que non se anunciou ata que tanto alcalde como <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2013\/06\/ellos-al-bollo-y-los-viejos-al-gueto.html\">presidente da plataforma veci\u00f1al o denunciaron p\u00fablicamente<\/a> (por certo, este \u00faltimo foi ameazado de xeito p\u00fablico por o xefe de filas do PP ribadense a conto de dita denuncia). E repetiu logo o anuncio o alcalde, que explicou que recibiu a mesma ma\u00f1\u00e1 unha chamada da conseller\u00eda para concertar unha cita que, repito, a mesma conselleira se comprometera a realizar na xa ida primaveira.<\/p>\n<p>Ben, o cambio de uso saiu adiante para que non quede o ter unha residencia por falta de sitio.<\/p>\n<p>Pasou logo o pleno \u00f3s convenios urban\u00edsticos, que se discutiron en conxunto&nbsp; a\u00ednda que a aprobaci\u00f3n f\u00f3ra por separado. O representante do PSOE explicou a s\u00faa abstenci\u00f3n en base a que non considera os convenios instrumento adecuado co perigo de que o plan urban\u00edstico constit\u00faa unha suma de convenios. UPRi anunciou o voto a favor, pero incidindo no dito polo representante do PSOE, e o portavoz do PP anunciou a liberdade de voto, Explicando Campo Bra\u00f1a que non consideraba que houbera transparencia na xesti\u00f3n do plan, con caldas por resposta \u00e1s alegaci\u00f3ns, o que, \u00f3 seu xu\u00edzo, o convirte en cousa de catro pol\u00edticos e non do pobo. A resposta a Campo veu do alcalde, dicindo que ning\u00faen impuxera criterios, que os convenios son unha fracci\u00f3n pequena do plan, co interese p\u00fablico por diante e co informe positivo dos t\u00e9cnicos, supeditados adem\u00e1is a instancias de orde superior. Engadiu o secretario que legalmente non fai falta notificaci\u00f3n \u00f3s interesados nas alegaci\u00f3ns, e que como m\u00e9todo, \u00e9 mellor non dar notificaci\u00f3n, pois se se da e por exemplo falta unha por dar, hai servido un xaleo. Adem\u00e1is, cada persoa pode vir preguntar &#8230; <em>[Engado eu que o caso \u00e9 que lle contesten, e que a\u00ednda que este\u00f1a permitido por lei, \u00e9 evidente que non \u00e9 precisamente un exercicio de transparencia adminsitrativa]<\/em><\/p>\n<p>\u00c1 hora de votar sae da s\u00e1 Horacio Cupeiro nos convenios de Pintor Fierros (10 favor, 0 contra, 2 abst) e de r\/Daniel Cortez\u00f3n (10 favor, 0 contra, 2 abst), voltando para o de Avda. de Galicia\/virxe do Cami\u00f1o (11 favor, 0 contra, 2 abst).<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O pleno durou de oito a nove da noite, e tivo s\u00f3 d\u00faas persoas de p\u00fablico. Se foi as\u00ed quiz\u00e1is o por que haxa que procuralo en que todo vi\u00f1a xa &#8216;atado e ben atado&#8217; entre os partidos, quiz\u00e1is no pouco interese dos puntos (agora poder\u00e1 verse), quiz\u00e1is en que a xente non sab\u00eda de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[42],"class_list":["post-7105","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-plenos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7105","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7105"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7105\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7105"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7105"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7105"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}