{"id":7096,"date":"2013-07-13T10:13:00","date_gmt":"2013-07-13T08:13:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:18:25","modified_gmt":"2024-11-12T13:18:25","slug":"un-paso-mais-do-pxom","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2013\/07\/13\/un-paso-mais-do-pxom\/","title":{"rendered":"Un paso m\u00e1is do PXOM"},"content":{"rendered":"<p>Onte celebrouse un pleno no concello de Ribadeo. Houbo daci\u00f3n de contas e rogos e preguntas, pero o punto b\u00e1sico foi a aprobaci\u00f3n do PXOM, que se fixo coa excepci\u00f3n de d\u00faas abstenci\u00f3ns, a do edil do PSOE e dunha do PP, despois de que este grupo dera liberdade de voto, o mesmo que na <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2013\/07\/pleno-extraordinario-de-20130628.html\">aprobaci\u00f3n de convenios da semana pasada<\/a>.<\/p>\n<p>Na s\u00e1, menos xente da que esperaba, 10 persoas, despois de 560 alegaci\u00f3ns das que a grande maior\u00eda da xente non sabe se foron estimadas ou non.<\/p>\n<p>Como foi algo que se nomeou por diversos intervintes en varias formas (e non sempre cos mesmos n\u00fameros), deixo primeiro os n\u00fameros de alegaci\u00f3ns tal e como os entend\u00edn:<\/p>\n<p>Alegaci\u00f3ns estimadas: 270 (48%)<\/p>\n<p>A. desestimadas: 158 (28%)<\/p>\n<p>A. parcialmente estimadas: 132 (24%)<\/p>\n<p>Total: 560<\/p>\n<p>Polo que parece, o \u00fanico grupo do pleno que presentou alegaci\u00f3ns foi o PSOE, que viu estimadas d\u00faas, rexeitadas d\u00faas e con estimaci\u00f3n parcial unha. O seu voceiro estimou unha decisi\u00f3n desafortunada a anulaci\u00f3n do plan anterior, co que se retrocedu a un plan do ano 1977, e atrib\u00faelle a patrimonio un rigor dubidoso no seu informe, citando un caso particuar: a petici\u00f3n de BIC para as Fadegas, cando no mesmo informe deixa o sitio totalmente indefinido.<\/p>\n<p>O voceiro de UPRi pediu atenci\u00f3n cos informes que aconsellan unha subida de impostos, non para telos en conta, sen\u00f3n precisamente para facer caso omiso desa parte. As\u00ed, con moitos reparos, anunciou o seu si.<\/p>\n<p>No PP, seguindo a t\u00f3nico do pleno anterior, a votaci\u00f3n foi tres positivos e unha abstenci\u00f3n, co que houbo que xustificar a escisi\u00f3n e \u00f3 tempo, pedir de novo a posibilidade de intervenci\u00f3n do voto diferenciado para a s\u00faa explicaci\u00f3n. Explicou o voceiro que o informe da intervenci\u00f3n era para ter en conta, pero nada m\u00e1is, que houbo colaboraci\u00f3n, participaci\u00f3n e consenso nun plan que pode mellorarse, pero Ribadeo non pode estar m\u00e1is tempo sen plan. O voto particular estimou que Ribadeo \u00e9 moita m\u00e1is xente que os catro da comisi\u00f3n, que si estiveron moi ben informados, bot\u00e1ndose en falta xuntanzas abertas e en xeral, a participaci\u00f3n activa dos ribadenses. O luns po\u00f1eranse as alegaci\u00f3ns na web, pero xa \u00e9 tarde. O plan \u00e9 necesario, pero non se pode vivir de costas \u00f3s veci\u00f1os.<\/p>\n<p>O alcalde, na s\u00faa intervenci\u00f3n lembrou que a anulaci\u00f3n do plan anterior foi xudicial, e que na realizaci\u00f3n do plan que se presentaba hobo sentidi\u00f1o, e 17 informes sectoriais nos que se tentou de axustar \u00e1 lei nos puntos que pod\u00edan resultar dubidosos. Foi adiante o que se dixo por todos,e se vai adiante na Xunta, ser\u00e1 m\u00e9rito de todos. Axustou adem\u00e1is que a informaci\u00f3n dada en tempo e forma foi &#8216;magn\u00edfica&#8217; (sic)<\/p>\n<p>Como comentario persoal, sinxelamente dicir que o luns comezaremos a saber das s\u00faas bondades, que a\u00ednda non co\u00f1ecemos m\u00e1is que por anuncios que foron variados ata 400 veces. E queda o tr\u00e1mite de Santiago.<\/p>\n<p>&#8211;<\/p>\n<p>Actualizaci\u00f3n o 15\/7\/2013: A media tarde a\u00ednda non est\u00e1 colgado o PXOM, como se anunciou no pleno. M\u00e1is tarde (domingo) os medios anunciaron que se colgar\u00eda para m\u00e9rcores.Raz\u00f3n hai para pensar que como m\u00ednimo, para xoves &#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onte celebrouse un pleno no concello de Ribadeo. Houbo daci\u00f3n de contas e rogos e preguntas, pero o punto b\u00e1sico foi a aprobaci\u00f3n do PXOM, que se fixo coa excepci\u00f3n de d\u00faas abstenci\u00f3ns, a do edil do PSOE e dunha do PP, despois de que este grupo dera liberdade de voto, o mesmo que na [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[65],"class_list":["post-7096","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-arquitectura"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7096","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7096"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7096\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7096"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7096"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7096"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}