{"id":7090,"date":"2013-07-19T08:24:00","date_gmt":"2013-07-19T06:24:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:18:17","modified_gmt":"2024-11-12T13:18:17","slug":"sanidade-na-marina-triunfalismo-e-verbas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2013\/07\/19\/sanidade-na-marina-triunfalismo-e-verbas\/","title":{"rendered":"Sanidade na Mari\u00f1a: triunfalismo e verbas"},"content":{"rendered":"<p align=\"JUSTIFY\"><span style=\"font-size: x-small;\"><span style=\"font-size: small;\">Adxunto o comunicado da Plaforma de <span style=\"font-size: small;\">D<\/span>efensa da Sanidade P\u00fablica na Mari\u00f1adespois de que o hospital de Burela liberara unha nota autoaclamatoria po<span style=\"font-size: small;\">la diminuci\u00f3n de tempos de espera. Entendo que a nota embaixo non ataca o que coido \u00e9 en parte unha enxe\u00f1ar\u00eda de n\u00fameros <\/span>para que as cifras cadren mellor, en raz\u00f3n de que en moitos (sen\u00f3n en todos) se practica ese m\u00e9todo, e polo tanto, na comparaci\u00f3n entre uns e outros, ou no tempo para un mesmo establecemento, a cousa non importa. Pero, a calidade mell<span style=\"font-size: small;\">orou?<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><span style=\"font-size: x-small;\"><span style=\"font-size: small;\"><span style=\"font-size: small;\">&#8211; <\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-size: small;\"><strong>A<br \/>\nPLATAFORMA P\u00cdDELLE AO XERENTE EXECUTIVO DO HOSPITAL DA COSTA MENOS<br \/>\nTRIUFALISMO EN RELACI\u00d3N \u00c1S LISTAS DE AGARDA DO CENTRO MARI\u00d1AO QUE<br \/>\nSEGUE NOS PRIMEIROS POSTOS DO SISTEMA DE SA\u00daDE P\u00daBLICO GALEGO<\/strong><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-size: small;\"><strong>O<br \/>\nHOSPITAL DA COSTA OCUPA O TERCEIRO POSTO NAS LISTAS DE AGARDA<br \/>\nCIR\u00daRXICAS E O CUARTO EN PRIMEIRAS CONSULTAS SUPERADO UNICAMENTE<br \/>\nPOLOS GRANDES HOSPITAIS P\u00daBLICOS DA COMUNIDADE<\/strong><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-size: small;\"><strong>O PECHE<br \/>\nDE CAMAS E A FALTA DE SUSBSTITUCI\u00d3N DO PERSOAL PROVOCAR\u00c1 UN NOVO<br \/>\nINCREMENTO DAS CIFRAS A PARTIR DO MES DE SETEMBRO E DENDE A<br \/>\nPLATAFORMA ALERTAN DA ELIMINACI\u00d3N DUNHA PRAZA M\u00c9DICA EN XOVE<\/strong><\/span><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><span style=\"font-size: small;\"><strong>&nbsp;<\/strong><\/span><span style=\"font-size: small;\"><strong>A Mari\u00f1a,<br \/>\n18 de xullo de 2013.<\/strong> A Plataforma na Defensa<br \/>\nda Sanidade P\u00fablica da Mari\u00f1a valorou a publicaci\u00f3n por parte do<br \/>\nSERGAS dos datos oficiais de listas de agarda no Hospital da Costa e<br \/>\nconfirmou que a\u00ednda habendo unha leve rebaixa nos tempos de agarda<br \/>\ntanto en cirurx\u00eda como en primeiras consultas esta \u00e9 relativa tendo<br \/>\nen conta que o centro hospitalario mari\u00f1ao segue nos postos de<br \/>\ncabeza do sistema de sa\u00fade p\u00fablico galego ocupando o terceiro posto<br \/>\nen cirurx\u00eda e o cuarto en primeiras consultas con mais tempo de<br \/>\nespera para atenci\u00f3n. Neste sentido rebaixan o triufalismo do<br \/>\nxerente executivo do Hospital da Costa a quen lle pediron moderaci\u00f3n<br \/>\nnas an\u00e1lises xa que esta p\u00edrrica mellora non vai ter continuidade<br \/>\nno futuro coa ausencia de substituci\u00f3ns de persoal e o peche de<br \/>\ncamas polas pol\u00edticas de recorte aplicadas polo goberno galego.<\/span><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><span style=\"font-size: small;\"><strong>A<br \/>\nPLATAFORMA PIDE AO XERENTE EXECUTIVO DE BURELA MENOS TRIUNFALISMO EN<br \/>\nCANTO \u00c1S LISTAS DE AGARDA.<\/strong><\/span><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><span style=\"font-size: small;\">A Plataforma<br \/>\nna Defensa da Sanidade P\u00fablica da Mari\u00f1a rebaixou hoxe as<br \/>\nvaloraci\u00f3ns triunfalistas do xerente executivo do Hospital da Costa<br \/>\na quen lle pediu moderaci\u00f3n nas s\u00faas an\u00e1lises dos datos oficiais<br \/>\ndo SERGAS sobre listas de agarda no Hospital da Costa. Argumentan que<br \/>\no Hospital da Costa segue sendo o terceiro hospital da rede p\u00fablica<br \/>\ngalega en listas de agarda cir\u00farxicas, s\u00f3 superado polo CHUVI e o<br \/>\nCHUAC e con s\u00f3 1,7 d\u00edas menos que a media da comunidade. Na mesma<br \/>\nli\u00f1a en primeiras consultas os datos oficiais sit\u00faan o hospital<br \/>\nmari\u00f1ao no cuarto posto do sistema con so 0,8 d\u00edas menos da media e<br \/>\nsuperado unicamente polo CHUVI, o CHUAC e o Arquitecto Marcide de<br \/>\nFerrol.<\/span><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><span style=\"font-size: small;\"><strong>OS<br \/>\nRECORTES ORZAMENTARIOS TE\u00d1EN CONSECUENCIAS QUE SE VER\u00c1N UN ANO MAIS<br \/>\nNOS DATOS DE SETEMBRO.<\/strong><\/span><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><span style=\"font-size: small;\">Dende a<br \/>\nPlataforma acusan ao xerente de obviar a constante derivaci\u00f3n de<br \/>\npacientes da Mari\u00f1a a outros centros, algo que sen d\u00fabida ten<br \/>\nefectos maquilladores da realidade do funcionamento do centro<br \/>\nhospitalario mari\u00f1ao e causa molestias constantes \u00e1 poboaci\u00f3n da<br \/>\nMari\u00f1a e a saturaci\u00f3n do HULA como vimos nestes d\u00edas. Igualmente<br \/>\nalertan da ausencia de substituci\u00f3ns de persoal e o peche de camas<br \/>\ndurante a tempada de ver\u00e1n a pesar do incremento de poboaci\u00f3n da<br \/>\ncomarca nesta \u00e9poca do ano, \u00e9 palp\u00e1bel a rebaixa de actividade no<br \/>\nHospital da Costa estes d\u00edas e isto ter\u00e1 consecuencias nos datos<br \/>\noficiais de agarda que como t\u00f3dolos anos ter\u00e1 incrementos not\u00e1beis<br \/>\nno mes de setembro.<\/span><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><span style=\"font-size: small;\"><strong>O SERGAS<br \/>\nPREPARA A ELIMINACI\u00d3N DUNHA PRAZA DE FACULTATIVO EN XOVE POR<br \/>\nXUBILACI\u00d3N DO ACTUAL TITULAR.<\/strong><\/span><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><span style=\"font-size: small;\">Dende a<br \/>\nPlataforma alertaron das intenci\u00f3ns do SERGAS eliminar unha das tres<br \/>\nprazas m\u00e9dicas do centro de sa\u00fade de Xove por xubilaci\u00f3n do seu<br \/>\ntitular aplicando o mesmo criterio que e Cervo sobre rateos en<br \/>\nrelaci\u00f3n ao n\u00famero de pacientes. A Plataforma ao igual que en Cervo<br \/>\nmanifesta  a s\u00faa desconformidade con esta decisi\u00f3n, da que xa<br \/>\nalertaron en d\u00edas pasado e que empeza a ter visos de realidade.<br \/>\nAdvirten de que con medidas como esta baseadas nos recortes<br \/>\norzamentarios da Xunta en sanidade ademais de deteriorar a calidade<br \/>\nasistencial de nos centros mais pr\u00f3ximos \u00e1 poboaci\u00f3n provocan o<br \/>\ncolapso da atenci\u00f3n especializada. Xove ten na actualidade un censo<br \/>\nde 3.512 persoas e conta con tres facultativos, se sesta decisi\u00f3n \u00e9<br \/>\ndefinitiva quedar\u00eda con dous facultativos.<\/span><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><span style=\"font-size: small;\">Plataforma<br \/>\nna Defensa da Sanidade P\u00fablica da Mari\u00f1a<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Adxunto o comunicado da Plaforma de Defensa da Sanidade P\u00fablica na Mari\u00f1adespois de que o hospital de Burela liberara unha nota autoaclamatoria pola diminuci\u00f3n de tempos de espera. Entendo que a nota embaixo non ataca o que coido \u00e9 en parte unha enxe\u00f1ar\u00eda de n\u00fameros para que as cifras cadren mellor, en raz\u00f3n de que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[27],"class_list":["post-7090","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sanidade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7090","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7090"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7090\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7090"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7090"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7090"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}