{"id":7089,"date":"2013-07-20T18:01:00","date_gmt":"2013-07-20T16:01:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:18:16","modified_gmt":"2024-11-12T13:18:16","slug":"unha-entrada-para-hoxe-amadores-e-o","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2013\/07\/20\/unha-entrada-para-hoxe-amadores-e-o\/","title":{"rendered":"Unha entrada para hoxe: Amadores e o Concello"},"content":{"rendered":"<p>Hoxe \u00e9 a <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2013\/07\/asamblea-de-amadores-da-musica-punto.html\">Asamblea de Amadores da M\u00fasica co punto \u00fanico<\/a>. Buceei nas actas do concello para ver as relaci\u00f3ns \u00faltimas Concello\/Amadores (algo non sinxelo hoxe, coa <a href=\"http:\/\/ribadeo.org\/\">web do concello<\/a> desconfigurada) e atopei (atenci\u00f3n, est\u00e1n desordeados en datas por colateralidade):<\/p>\n<p>1.No ficheiro 23concello_ribadeo_laborais_2004_2006.pdf <\/p>\n<p>&#8220;Convenio colectivo de traballo para o persoal laboral do Concello de Ribadeo<\/p>\n<p>(Anos 2004-2006)&#8221;<\/p>\n<p>&#8220;Descrici\u00f3n de postos de traballo:&#8221;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhBKx6sQS6TRXjtdzQw-foKLQleeON725ILEtF8yakIOmeCsGE-wKRi7o1ykSZE4VeC3t5VNDOQKXFmYca7zgNDj83eC5u1fGK7a4Ou8JFEXjVh89BH0-LSCpjN2JhwEyLJqC8ZzA\/s2048\/posto+director+escola.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"138\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhBKx6sQS6TRXjtdzQw-foKLQleeON725ILEtF8yakIOmeCsGE-wKRi7o1ykSZE4VeC3t5VNDOQKXFmYca7zgNDj83eC5u1fGK7a4Ou8JFEXjVh89BH0-LSCpjN2JhwEyLJqC8ZzA\/s2048\/posto+director+escola.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>&#8220;* Pendente modificaci\u00f3n posto director banda e RPT.&#8221;<\/p>\n<p>&#8220;0601.-Director da Escola Municipal de M\u00fasica. Ten as funci\u00f3ns de direcci\u00f3n e xesti\u00f3n da Escola Municipal de M\u00fasica, con funci\u00f3ns de colaboraci\u00f3n musical e docencia da mesma; e en virtude do convenio coa Asociaci\u00f3n Amadores da M\u00fasica no seu caso, funci\u00f3ns de colaboraci\u00f3n musical e de docencia coa banda dependente da asociaci\u00f3n; sendo o contido do seu posto de traballo a direcci\u00f3n, xesti\u00f3n e docencia na Escola Municipal de M\u00fasica, e outros traballos an\u00e1logos no \u00e1mbito da docencia musical que lle sexan encomendados pola alcald\u00eda ou conceller\u00eda-delegada.<\/p>\n<p>As caracter\u00edsticas que configuran o posto son as seguintes:<\/p>\n<p>a) As condici\u00f3ns xerais do posto determinan a aplicaci\u00f3n dun CD nivel 23.<\/p>\n<p>b) As condici\u00f3ns particulares do mesmo determinan un CE mensual de 529,09 A.&#8221;<\/p>\n<p>2.No ficheiro 1363597837Pleno_Extraordinario_29_01_2013.pdf<\/p>\n<p>&#8220;2013.01.04.- PROPOSTAS DE MODIFICACI\u00d3N\/SUPRESI\u00d3N DE POSTOS<\/p>\n<p>NA RPT MUNICIPAL.-<\/p>\n<p>Por Secretar\u00eda dase lectura ao ditame da Comision Informativa que se<\/p>\n<p>transcribe:<\/p>\n<p>\u201cObran no expediente as propostas de modificaci\u00f3n e supresi\u00f3n de postos da<\/p>\n<p>Relaci\u00f3n de Postos de Traballo municipal.<\/p>\n<p>O Sr.Alcalde explica que se trata da supresi\u00f3n do posto de director da Escola Municipal de m\u00fasica as\u00ed como da modificaci\u00f3n de postos de profesores da mesma Escola co engadido de funci\u00f3ns de xefatura de estudios e de direcci\u00f3n da Banda Municipal en colaboraci\u00f3n coa Asociaci\u00f3n Amadores da M\u00fasica, logrando as\u00ed a adaptaic\u00f3n \u00e1 realidade actual de funcionamento da Escola Municipal que se ven desenvolvendo dende hai xa unhos anos en que no existe director.<\/p>\n<p>Por outra banda contin\u00faa o Alcalde informando que tam\u00e9n se prop\u00f3n a supresi\u00f3n de dous postos de operario, un vacante e outro cuxo titular que o ocupa actualmente est\u00e1 a piques de xubilarse as\u00ed como un posto de Auxiliar de Axuda no fogar no que xubilar\u00e1 a persoa que o ven ocupando ao longo deste ano 2013.<\/p>\n<p>Delib\u00e9rase entre os membros da Comisi\u00f3n sobre diferentes aspectos, tramitaci\u00f3n, entrada en vigor destas modificaci\u00f3ns, aforro econ\u00f3mico que se obt\u00e9n con estas medidas, etc.e por parte do Sr.Val\u00edn Vald\u00e9s do Grupo Municipal Popular, manifestase que o seu Grupo se reserva para o Pleno. En igual sentido o Concelleiro de UPRI, do Grupo Mixto, Sr.Reymondez Gancedo.<\/p>\n<p>Sometido a votaci\u00f3n, por catro votos a favor (dos membros do Grupo Municipal do BNG) e tres abstenci\u00f3ns (dos membros do Grupo Popular e do Concelleiro de UPRI, do Grupo Mixto) a Comisi\u00f3n Informativa acorda ditaminar favorablemente as propostas de referencia nos propios termos das mesmas.\u201d<\/p>\n<p>Comeza a quenda de intervenci\u00f3ns o Sr. Guti\u00e9rrez Fern\u00e1ndez, concelleiro do PSdG-PSOE no Grupo Mixto, que alude \u00e1 modificaci\u00f3n da RPT que afecta \u00e1 Escola de M\u00fasica e non quere ser sospeitoso de atacar \u00e1 escola de m\u00fasica, xa que se creou na s\u00faa lexislatura. Cre que a proposta \u00e9 bastante clara porque especifica a diferenza entre os gastos e os ingresos que \u00e9 relevante, a\u00ednda que sabe que se subiron as taxas. Cre que hai unha casu\u00edstica especial que el non co\u00f1ece, polo que non vai entrar a discutir ese aspecto. Considera que est\u00e1 ben adaptar o organigrama \u00e1 realidade, que se fagan axustes etc. pero pensa que se debera inclu\u00edr ese posto de director, que pode asumir calquera dos profesores da escola de m\u00fasica que sexa elixido, para que funcione coma un centro de segundo ensino. Respecto ao cap\u00edtulo de operarios, considera que est\u00e1 ben axustar \u00e1 realidade os equipos pero \u00e9 unha pena que non se faga o mesmo coa amortizaci\u00f3n dalgunha outra praza, \u00e1 que xa fixeron alusi\u00f3n anteriormente. Manifesta a s\u00faa intenci\u00f3n de absterse neste punto da orde do d\u00eda.<\/p>\n<p>Contin\u00faa intervindo o Sr. Reym\u00f3ndez Gancedo, concelleiro de UPRI no Grupo Mixto, que manifesta que entende que esta proposta se presenta como unha cuesti\u00f3n de criterios econ\u00f3micos, xa que se aforrar\u00e1n 22.000\u20ac. Non sabe se isto se traslada ao orzamento. Respecto ao tema da praza do director da escola de m\u00fasica, non quere ser mal pensado, pero cre que o feito de que un centro de docencia de m\u00fasica non te\u00f1a director ou que o director sexa nomeado a dedo polo Alcalde ou pola concelleira delegada, favorece a desaparici\u00f3n da independencia, autonom\u00eda e liberdade \u00e1 hora de facer xesti\u00f3n da docencia en si, xa que pode aparecer certo cautivismo pol\u00edtico. Pensa que, se houbera un director, haber\u00eda unha autonom\u00eda e liberdade \u00e1 hora de xestionar a propia escola de m\u00fasica, polo tanto manifesta que vai votar en contra, xa que considera que a escola de m\u00fasica ti\u00f1a que ser dirixida polos profesionais que se dedican \u00e1 docencia, e nunca polos pol\u00edticos, porque se abre unha porta a unha interferencia pol\u00edtica. Respecto \u00e1s prazas de medio ambiente, par\u00e9celle ben xa que van na li\u00f1a de aforro e axuste que formulou o concello.<\/p>\n<p>O Sr. Alcalde adv\u00edrtelle que os dous puntos forman parte dunha \u00fanica proposta, polo que o voto ten que ser o mesmo.<\/p>\n<p>Nese caso, o Sr. Reym\u00f3ndez Gancedo anuncia que votar\u00e1 que non.<\/p>\n<p>Contin\u00faa a quenda de intervenci\u00f3ns a Sra. Gonz\u00e1lez Loredo, concelleira do grupo municipal do PP, que non quere entrar na valoraci\u00f3n interna de quen debe asumir a direcci\u00f3n, xa que o ve dende o punto de vista obxectivo e pensa que, no que ten que ver co tema de persoal, hai que racionalizar moito. Advirte que falar\u00e1 da escola de m\u00fasica m\u00e1is tarde, pero cre que o que prima \u00e9 a racionalidade, polo que todo o que vaia nesa li\u00f1a vai contar co seu apoio. Cre que o esforzo est\u00e1 ben, e na escola de m\u00fasica incluso hai que facer m\u00e1is esforzo. Anuncia que van apoiar esta proposta.<\/p>\n<p>O Sr. Castro Reigosa, concelleiro delegado de Facenda, matiza respecto ao orzamento de 2013 que ve\u00f1en contempladas as prazas, xa que lle afectar\u00edan ao orzamento do 2014, cando se aprobe a modificaci\u00f3n da RPT.<\/p>\n<p>O Sr. Alcalde explica que \u00e9 un punto con varias propostas de modificaci\u00f3n ou supresi\u00f3n de prazas. Reitera que posto que o custo da escola de m\u00fasica \u00e9 enorme en comparaci\u00f3n cos ingresos, acurtaron ese desfase coa subida das taxas o ano pasado. Oc\u00f3rreselle outra maneira, que \u00e9 adaptar o organigrama \u00e1 realidade, xa que dende hai tres anos non ten un director propiamente dito, pero hai funci\u00f3ns de direcci\u00f3n, xa que hai un profesor que est\u00e1 como de director acumulado e xestiona a escola, e outro que xestiona a banda. Informa que o convenio que o concello ten con Amadores da M\u00fasica non se incumpre, porque o concello segue po\u00f1endo a unha persoa para a direcci\u00f3n da Banda e outra que leva a direcci\u00f3n da Escola. A suma dos complementos que se lles pagan a esas d\u00faas persoas equivale ao 50% do que custar\u00eda ter cuberta a praza de director da Escola de M\u00fasica, polo tanto \u00e9 ese o \u00fanico argumento que os est\u00e1 levando a darlle este tratamento.<\/p>\n<p>Explica que son 22.000\u20ac de aforro coas outras prazas, que se van liberar, xa que est\u00e1n consignados e non se poden mover, pero tampouco se usan. Cre que se trata en total de 105.000\u20ac de aforro coa supresi\u00f3n da praza de director da Escola de M\u00fasica e a amortizaci\u00f3n de prazas de persoas de medio ambiente que se xubilan. Explica que \u00e9 unha escola de m\u00fasica con 300 alumnos, con un d\u00e9ficit importante, e polo que poida vir no futuro inmediato e polo que se aveci\u00f1a, te\u00f1en que ir equilibrando. Rexeita que prevaleza a cuesti\u00f3n pol\u00edtica, xa que a escola de m\u00fasica conta con profesores, bos ou malos, mellores ou peores. Ref\u00edrese a que o director da banda de m\u00fasica est\u00e1 asignado porque a directiva da Asociaci\u00f3n de Amadores da M\u00fasica, no seu momento, indicou que lle parec\u00eda que dentro dos profesores, ese era o perfil adecuado, sen prexu\u00edzo de que agora sexan esas persoas e despois se decida facer unha candidatura ou un proxecto educativo e que unha persoa se presente para directora. Informa que \u00e9 unha cuesti\u00f3n temporal e, cando non o sexa, seguir\u00e1 sendo profesor da s\u00faa especialidade, esperando que sempre haxa un n\u00famero de alumnos adecuado, para non ter que baixar as horas do profesorado. Polo tanto tr\u00e1tase de adaptar \u00e1 realidade xur\u00eddica o que est\u00e1 na realidade e unhas prazas vacantes que non se prev\u00e9 cubrir. \u00c9 consciente de que con menos persoal non se desbloquean as cousas, pero reforzaron de maneira importante a limpeza durante unha \u00e9poca do ano, pero ao longo do ano hai menos persoal, xa que os Plans de Cooperaci\u00f3n e axudas externas non existen. Informa que van reforzar de cara \u00e1 temporada primavera-ver\u00e1n, pero o persoal humano \u00e9 moi inferior ao que hab\u00eda.<\/p>\n<p>A Corporaci\u00f3n, en votaci\u00f3n ordinaria, por 11 votos a favor (dos concelleiros do grupo municipal do BNG e do PP), 1 voto en contra (do concelleiro de UPRI no Grupo Mixto) e 1 abstenci\u00f3n (do concelleiro do PSdG-PSOE no Grupo Mixto), acorda:<\/p>\n<p>PRIMEIRO. Aprobar inicialmente a modificaci\u00f3n da Relaci\u00f3n de Postos de<\/p>\n<p>Traballo deste Concello, segundo as propostas formuladas, do seguinte xeito:<\/p>\n<p>1\u00ba.-Amortizar o posto de traballo n\u00ba 0601 que fgura na RPT municipal coa seguinte descrici\u00f3n:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEh_i4bPatL-3x95dyEUDrJ_j-3p7lET5JH3cQmX7rT4-DBAjmlmfIJy3FsY71u3mNONQQ58o75RYWnz7_5s5nG9r-0u6x-252Xj_j-nStLJzVkptvo3sJMQnDe-CZmxUgjPlssPcA\/s2048\/4.21.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"86\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEh_i4bPatL-3x95dyEUDrJ_j-3p7lET5JH3cQmX7rT4-DBAjmlmfIJy3FsY71u3mNONQQ58o75RYWnz7_5s5nG9r-0u6x-252Xj_j-nStLJzVkptvo3sJMQnDe-CZmxUgjPlssPcA\/s2048\/4.21.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>0601.- Director da Escola Municipal de M\u00fasica.- Ten as funci\u00f3ns de direcci\u00f3n e xesti\u00f3n da Escola Municipal de M\u00fasica, con funci\u00f3ns de colaboraci\u00f3n musical e docencia da mesma; e en virtude do convenio coa Asociaci\u00f3n &#8220;Amadores da M\u00fasica&#8221; no seu caso, funci\u00f3ns de colaboraci\u00f3n musical e de docencia coa Banda dependente da Asociaci\u00f3n; sendo o contido do seu posto de traballo a direcci\u00f3n, xesti\u00f3n e docencia na Escola Municipal de M\u00fasica, e outros traballos an\u00e1logos no \u00e1mbito da docencia musical que lle sexan encomendados pola Alcald\u00eda ou Conceller\u00eda-Delegada. Calquera outra funci\u00f3n propia do seu cargo ou categor\u00eda.<\/p>\n<p>2\u00ba.- Modificar o posto c\u00f3d. 602 \u201c Profesores da Escola Municipal de M\u00fasica\u201d, da RPT municipal (persoal laboral fixo) que quedar\u00eda coa seguinte redacci\u00f3n:<\/p>\n<p>0602.- Profesores da Escola Municipal de M\u00fasica.-<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgqZ7jWDtDyzZGC6M3IffS8_UAxNj8NcDbX9W3QvwYUmtj_aueTSZ72NbIWNv6qkx8sN3DIfXGNcXJdefjiEhpnAZ3b_bB5DZ9-n0DXKmON5x6an8v2XOYzE-wzBTf8fxfw9xZFvg\/s2048\/5.21.0.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"134\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgqZ7jWDtDyzZGC6M3IffS8_UAxNj8NcDbX9W3QvwYUmtj_aueTSZ72NbIWNv6qkx8sN3DIfXGNcXJdefjiEhpnAZ3b_bB5DZ9-n0DXKmON5x6an8v2XOYzE-wzBTf8fxfw9xZFvg\/s2048\/5.21.0.jpg\" width=\"640\" \/><\/a> <\/p>\n<p>1* Non te\u00f1en CE porque a s\u00faa estructura actual de n\u00f3mina \u00e9 outra.<\/p>\n<p>Corresp\u00f3ndenlle as funci\u00f3ns propias na s\u00faa categor\u00eda profesional no \u00e1mbito da Escola Municipal de M\u00fasica concretamente a impartici\u00f3n durante o curso das clases pertinentes na disciplina ou especialidade correspondente \u00e1 praza \u00e1 que se opta, e no seu caso a impartici\u00f3n doutras materiais musicais complementarias, suplencia de baixas, asi como o desenvolvemento das labores inherentes ao posto relativas \u00e1 xesti\u00f3n e colaboraci\u00f3n administrativa e demais traballos materiais necesarios conforme \u00e1s directrices que se fixen ao longo do per\u00edodo lectivo pola Direcci\u00f3n da Escola e Concellar\u00eda-Delegada correspondente.<\/p>\n<p>2* Asemade, un dos postos de profesor, con independencia da impartici\u00f3n durante o curso das clases da s\u00faa disciplina ou especialidade levar\u00e1 aparelladas as funci\u00f3ns de Xefatura de Estudios da Escola municipal coa correspondente retribuci\u00f3n no seu Complemento salarial por estas funci\u00f3ns.<\/p>\n<p>Igualmente un dos postos de profesor, con independencia da impartici\u00f3n durante o curso das clases da s\u00faa disciplina ou especialidade na Escola Municipal, levar\u00e1 aparelladas, de acordo coa directiva da Asociaci\u00f3n Amadores da M\u00fasica, as labores de direcci\u00f3n da Banda Municipal dependente de dita Asociaci\u00f3n, aplic\u00e1ndose a correspondente retribuci\u00f3n no seu complemento salarial por estas funci\u00f3ns.<\/p>\n<p>3\u00ba.- A modificaci\u00f3n do posto c\u00f3d. 161 \u201c Profesores da Escola de M\u00fasica\u201d, da RPT municipal (persoal laboral temporal), que quedar\u00eda coa seguinte redacci\u00f3n:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiiQtzJNKxuKl6K3mSeFntP8Q7f-z-KG_hLNjb-wd6-HwMmBWhZzTFil8CN7bv0whWBqiIIVttgSqeCF2Pj0N3ba8yqUKk2PLp6d_3pnaHhH8jvMnbdo2v8c3S9_QPJmOK0FtOAXg\/s2048\/5.21.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"102\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiiQtzJNKxuKl6K3mSeFntP8Q7f-z-KG_hLNjb-wd6-HwMmBWhZzTFil8CN7bv0whWBqiIIVttgSqeCF2Pj0N3ba8yqUKk2PLp6d_3pnaHhH8jvMnbdo2v8c3S9_QPJmOK0FtOAXg\/s2048\/5.21.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>1* Un dos postos de profesor, con independencia da impartici\u00f3n durante o curso das clases da s\u00faa disciplina ou especialidade levar\u00e1 aparelladas as funci\u00f3ns de Xefatura de Estudios da Escola municipal coa correspondente retribuci\u00f3n no seu Complemento salarial por estas funci\u00f3ns.<\/p>\n<p>Igualmente un dos postos de profesor, con independencia da impartici\u00f3n durante o curso das clases da s\u00faa disciplina ou especialidade na Escola Municipal, levar\u00e1 aparelladas, de acordo coa directiva da Asociaci\u00f3n Amadores da M\u00fasica, as labores de direcci\u00f3n da Banda Municipal dependente de dita Asociaci\u00f3n, aplic\u00e1ndose a correspondente retribuci\u00f3n no seu complemento salarial por estas funci\u00f3ns.<\/p>\n<p>4.- A amortizaci\u00f3n dos seguintes postos de traballo:(&#8230;)<\/p>\n<p>SEGUNDO. Expo\u00f1er ao p\u00fablico a mencionada modificaci\u00f3n da Relaci\u00f3n de<\/p>\n<p>postos de traballo (RPT) durante o prazo de trinta d\u00edas h\u00e1biles a contar dende o<\/p>\n<p>seguinte ao de publicaci\u00f3n do correspondente anuncio no Bolet\u00edn Oficial da<\/p>\n<p>Provincia de Lugo, durante os cales os interesados poder\u00e1n examinala e<\/p>\n<p>presentar reclamaci\u00f3ns ante o Pleno. A Relaci\u00f3n de Postos de Traballo<\/p>\n<p>considerarase definitivamente aprobada durante o citado prazo non se<\/p>\n<p>presentaran reclamaci\u00f3ns; en caso contrario,o Pleno dispor\u00e1 do prazo dun mes<\/p>\n<p>para resolvelas.<\/p>\n<p>TERCEIRO. Unha vez aprobada definitivamente a modificaci\u00f3n, a Relaci\u00f3n de<\/p>\n<p>Postos de Traballo publicarase \u00edntegramente no Bolet\u00edn Oficial da Provincia de<\/p>\n<p>Lugo e remitirase unha copia da mesma \u00e1 Administraci\u00f3n do Estado e ao<\/p>\n<p>\u00f3rgano competente da Comunidade Aut\u00f3noma.&#8221;<\/p>\n<p>3.No ficheiro 12766795682010_02_pleno_15_03_2010_Ordinario.pdf (posto aqu\u00ed por colateralidade)<\/p>\n<p>&#8220;2010\/11\/21.- ROGOS E PREGUNTAS.<\/p>\n<p>ROGOS E PREGUNTAS PENDENTES DA SESION ANTERIOR<\/p>\n<p>O Sr. Alcalde pregunta se hab\u00eda algunha pendente da sesi\u00f3n anterior.<\/p>\n<p>O Sr. Rivas Alvarez dille que si.<\/p>\n<p>A Sra. \u00c1lvarez Lastra , Concelleira Delegada de Cultura , di que ti\u00f1a unha pendente relativa ao inventario de instrumentos da Escola de M\u00fasica, polo menos o que a ela lle ati\u00f1a, e trae algo que est\u00e1 aportado no expediente de Secretar\u00eda. \u00c9 un inventario donde consta a relaci\u00f3n, o elemento, a marca, o coste, o estado, a data de alta e a procedencia dos instrumentos que hab\u00eda na Escola de M\u00fasica. Di que hai datas incluso desde o ano 2000, ou 1999, 2007,etc., quere dicir con isto, que estaba en vigor, faise constancia de donde<\/p>\n<p>proceden os instrumentos, cales pertenecen a doadores, cales a escola e cales a particulares. Isto era o que exist\u00eda e o que estaba al\u00ed, e a ra\u00edz de todo o expediente, ademais ela misma xunto cos profesores que estiveron traballando este ver\u00e1n, fixeron unha actualizaci\u00f3n de todo isto que tam\u00e9n obra no expediente con data de xullo, non sabe se o 6 de xullo a presentaron , con todo isto que hab\u00eda e se fixo firme o que estaba, o que non estaba, que \u00e9 de xullo e non sabe concretamente a data.<\/p>\n<p>No seguinte, desde o 8 de outubro do 2009 a persoa que estaba de Director,D. David Ballester volveu a revisar todo isto e volveu a mirar que instrumentos hab\u00eda, cales non hab\u00eda, e se efectivamente estaba todo controlado e en orden. A maiores de todo isto, desde o ano 2005, todo o profesorado que imparte clases na Escola Municipal de Ribadeo ten un listado de instrumentos que te\u00f1en , cada alumno na s\u00faa materia, e dicir, os que son propiedade do profesor e os alumnos que asisten a s\u00faa materia, e o n\u00famero de serie e o instrumento que te\u00f1en eses alumnos. Isto desde o ano 2005. Tam\u00e9n aparece Amadores da M\u00fasica que \u00e9 o que ten m\u00e1is propiedade de instrumentos , cun papel de rexistro donde se fai unha especie de contrato de cesi\u00f3n as persoas que tocan eses instrumentos, donde se fai referencia a persoa que leva os instrumentos , e aos pais como persoas responsables dese instrumento, e donde se pon de manifesto tam\u00e9n que se se da\u00f1a por un importe superior os 200 \u20ac ter\u00e1 que repo\u00f1er o instrumento que se cede, tanto de Amadores da M\u00fasica que son os que te\u00f1en o groso de instrumentos que hai na Casa do Mar como os alumnos da Escola, porque dos instrumentos que hai deles , mentras que os alumnos proban se son capaces de traballar cun instrumento ou non, por un per\u00edodo de polo menos un ano, se lle cede ese instrumento da Escola antes de que o compren.<\/p>\n<p>Di que toda esta documentaci\u00f3n est\u00e1 no expediente que est\u00e1 en Secretar\u00eda a excepci\u00f3n deste documento e do actualizado no 8 de outubro de 2009 , e que est\u00e1 na Escola de M\u00fasica.<\/p>\n<p>O Sr. Rivas Alvarez di que non contestou a s\u00faa pregunta, que eles ti\u00f1an preguntado se hab\u00eda un libro inventario, non unhos listados, que se refer\u00eda a un libro, que po\u00f1a \u201clibro-inventario\u201d que se vai reenchendo e dando de alta e dando de baixa cando corresponde.<\/p>\n<p>A Sra. \u00c1lvarez Lastra di que naquelo est\u00e1 cando est\u00e1n dados de alta, cando de baixa, ten o que falta e o que non falta, etc.<\/p>\n<p>O Sr. Rivas Alvarez, di que ela est\u00e1 falando dun listado e que \u00e9l preguntou se hab\u00eda un libro.<\/p>\n<p>A Sra. \u00c1lvarez Lastra dille o Sr. Rivas que rize o rizo o que queira, que o listado dos rexistros de instrumentos que hai na Escola de M\u00fasica est\u00e1 aqu\u00ed, que ten as datas de alta, e que rizen o que queiran e que non digan nos medios que non est\u00e1 o tema da Escola de M\u00fasica, non \u00e9 outro, que est\u00e1 todo moi controlado e que saque o que queira, que o listado est\u00e1 aqu\u00ed, as datas de cando se trouxeron est\u00e1 aqu\u00ed e todos os instrumentos est\u00e1n datados desde o ano 1999, na \u00e9poca de Hern\u00e1n Naval, actualizados, coas altas e baixas, e iso \u00e9 o que hai.<\/p>\n<p>A Sra. Concelleira Delegada manifesta o seu enfado respecto ao asunto.<\/p>\n<p>O Sr. Rivas Alvarez di que non fai falta dar golpes na mesa, nin alporizarse, di que \u00e9l preguntou se hab\u00eda un libro de rexistro.<\/p>\n<p>A Sra. Alvarez Lastra di que lle chame libro ou que lle chame o que queira, que o libro de rexistro est\u00e1 eiqu\u00ed ( sinalando a documentaci\u00f3n que obra no seu poder).<\/p>\n<p>O Sr. Alcalde dille ao Sr.Rivas Alvarez, que a contestaci\u00f3n est\u00e1 efectuada.&#8221;<\/p>\n<p>&#8220;Rogos e Preguntas do Sr.Reymondez Gancedo.-<\/p>\n<p>O Sr. Reymondez Gancedo, de UPRI, manifesta que non acaba de entender a postura adoptada pola Sra.Concelleira respecto a unha deliberaci\u00f3n que mantivo anteriormente co Sr.Rivas Alvarez acerca do inventario ou libro inventario da Escola municipal de m\u00fasica, respostando a Sra.Concelleira que como non lle vai doer, o que se lle dixo, e que non hai tal descontrol e se se detectou foi porque se fixo un traballo exemplar , e que iso \u00e9 o que se fai realmente na Escola municipal de m\u00fasica e reitera que non hai descontrol alg\u00fan e o que existiu foi por neglixencia dunha persoa , e que eles est\u00e1n ao \u201cpe do canon\u201d e que hai 300 alumnos, proseguindo a deliberaci\u00f3n entre ambos sobre o funcionamento do referido servicio, e manifestandose pola Sra.Concelleira , que non est\u00e1 disposta a aceptar que houbese descontrol e que hai un expediente aberto, e que pola s\u00faa parte vai presentar todolos papeis.<\/p>\n<p>O Sr.Reymondez Gancedo lle d\u00ed que a responsabilidade \u00e9 s\u00faa , respostando a Sra.Concelleira que a documentaci\u00f3n est\u00e1 aportada ao expediente e que lles reitera que se reuniron cos pais e explicaron a situaci\u00f3n e lles indica que se poden reunir eles para co\u00f1ecer a situaci\u00f3n real.<\/p>\n<p>O Sr.Rivas Alvarez, pola s\u00faa parte, en relaci\u00f3n a intervenci\u00f3n da Sra.Concelleira lle pide que non diga iso de que est\u00e1n mentindo , que eles se reuniron con Amadores da M\u00fasica, e procede a explicar o que \u00e9 un libro rexistro de Inventario nun Centro Educativo.<\/p>\n<p>A Sra.Concelleira remata a deliberaci\u00f3n sinalando que o tempo vai po\u00f1er a cada un no seu sitio.&#8221;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hoxe \u00e9 a Asamblea de Amadores da M\u00fasica co punto \u00fanico. Buceei nas actas do concello para ver as relaci\u00f3ns \u00faltimas Concello\/Amadores (algo non sinxelo hoxe, coa web do concello desconfigurada) e atopei (atenci\u00f3n, est\u00e1n desordeados en datas por colateralidade): 1.No ficheiro 23concello_ribadeo_laborais_2004_2006.pdf &#8220;Convenio colectivo de traballo para o persoal laboral do Concello de Ribadeo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[81,23,61],"class_list":["post-7089","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-banda","tag-musica","tag-orzamentos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7089","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7089"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7089\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7089"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7089"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7089"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}