{"id":7088,"date":"2013-07-21T18:52:00","date_gmt":"2013-07-21T16:52:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:18:15","modified_gmt":"2024-11-12T13:18:15","slug":"sobre-o-futuro-da-banda-de-musica","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2013\/07\/21\/sobre-o-futuro-da-banda-de-musica\/","title":{"rendered":"Sobre o futuro da banda de m\u00fasica municipal de Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>A xuntanza extraordinaria de Amadores da M\u00fasica de onte comezou como estaba previsto: en segunda convocatoria, e cunha representaci\u00f3n total rondando o 4%. Como unha t\u00edpica sociedade ribadense, nista, que en tempos foi a maior asociaci\u00f3n ribadense (segue entre as grandes) parece que os asociados pagan, no seu caso benef\u00edcianse, e esqu\u00e9cense de que as cousas necesitan algo m\u00e1is que cartos para teren vida.<\/p>\n<p>Ben, o punto \u00fanico prantexado xa o deixei posto nunha entrada, &#8216;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2013\/07\/asamblea-de-amadores-da-musica-punto.html\">Asamblea de Amadores da M\u00fasica con punto \u00fanico<\/a>&#8216;, e diversa documentaci\u00f3n na entrada anterior, &#8216;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2013\/07\/unha-entrada-para-hoxe-amadores-e-o.html\">unha entrada para hoxe: Amadores e o Concello<\/a>&#8216;. Antes de comezar, pod\u00edase xa observar que, quitando a directiva actual, a maior\u00eda da xente presente levaba m\u00e1s de vinte anos asociada de xeito activo a Amadores, en concreto, na banda dos anos 90.<\/p>\n<p>A cousa comezou coa exposici\u00f3n dunha carta enviada por Amadores \u00f3 Concello e a resposta do alcalde \u00e1 mesma (que ser\u00e1 exposta), ambas en relaci\u00f3n \u00e1 eliminaci\u00f3n do posto de director de banda e escola na RPT do concello. Da\u00ed, a directiva prantexou que consideraban un incumprimento do convenio por parte do concello, e que quer\u00edan opini\u00f3ns.<\/p>\n<p>Do resto de hora e media de asamblea non hai acta precisa: as intervenci\u00f3ns err\u00e1ticas duns e outros (entre eles, eu) propiciaron que houbera que po\u00f1er orde, do que se encargou o secretario, que ent\u00f3n non tomou as notas para confecionala. Da\u00ed que esta que pretendo pequena nota sexa unha primeira referenza, a posta non moi precisa, que haber\u00e1 que contrastar con outros asistentes para obter a fiabilidade adecuada.<\/p>\n<p>As primeiras intervenci\u00f3ns centr\u00e1molas Evaristo Lombardero e eu. Evaristo quer\u00eda preguntar por alg\u00fans puntos que non comprend\u00eda da exposici\u00f3n da directiva, e eu fixen un percorrido hist\u00f3rico de cousas relacionadas. Facer unha exposici\u00f3n en detalle das m\u00faltiples intervenci\u00f3ns cadra f\u00f3ra das mi\u00f1as posibilidades de tempo e memoria a m\u00e1is da xa dita intenci\u00f3n, polo que tentarie reflectir tendencias. Boa parte do tempo consumiuse en aclaraci\u00f3ns sobre o proceso de mantemento dunha persoa como figura de director da banda, pasando do contemplado no convenio, un director para banda e escola, \u00f3 actual profesor con cinco horas extra semanais adicadas \u00e1 banda. O proceso de cambio entre directores e as circunstancias \u00f3 longo do s\u00e9culo coido que quedou exposto na pr\u00e1ctica totalidade, pero exposto dun xeito abondo confuso como para que quen estivera moi despistado no comezo non dera collido subt\u00eds cambios producidos coas variaci\u00f3ns pr\u00e1cticas.<\/p>\n<p>Quedou claro que o convenio de hai vinte anos co concello era auga mollada en realidade dende hai tempo: o convenio recolle a figura de director de escola e banda, sen efecto real dende hai anos, as\u00ed como a gratuidade (rota hai a\u00ednda m\u00e1is tempo) da matr\u00edcula dos m\u00fasicos na escola.<\/p>\n<p>Quedou claro que a situaci\u00f3n \u00e9 delicada: no programa da actual directiva estaba a recuperaci\u00f3n desa figura \u00fanica para tentar de reconverter a escola en colaboradora inmediata da banda, e ista en sa\u00edda pr\u00e1ctica daquela, como un&nbsp; apoio para lograr que a banda medrara en calidade e aceptaci\u00f3n popular, facilitando o funcionamento. Asemade, quedou claro que os tempos cambiaron e hoxe hai moitos grupos que ofrecen posibilidade de pr\u00e1ctica musical f\u00f3ra da banda, nados a partires desta ou direitamente a partires da escola. Asemade, quedou patente a conciencia de que a\u00ednda que siga sendo representativa da querencia popular, o apoio non deixa ter sufrido mermas (como manifesta mesmo a ca\u00edda de socios, a\u00ednda que sexa pola crise)<\/p>\n<p>Quedoume claro -e neste momento debo especificar &#8216;a min&#8217;- que a lembranza da historia de Amadores e da banda estaba abondo limitada en xeral, con lagoas ou mesmo erros, facilitando (ou sendo facilitados por) diferentes puntos de vista e ideas preconcebidas que non son doadas de corrixir.<\/p>\n<p>\u00d3 final, a\u00ednda con diferenzas de partida, os presentes estivemos de acordo que hab\u00eda que manifestar \u00f3 concello que a situaci\u00f3n actual non era o tratado no convenio, e, \u00e1 vista do m\u00e9todo de resposta da carta do alcalde (<em>entre outras cousas, non respond\u00eda \u00f3 por que non se informara a Amadores no cambio na RPT, daba como excusa \u00f3 cambio os cartos, sen establecer unha priorizaci\u00f3n inmediata, e ofertaba unha negociaci\u00f3n se Amadores quere facerse cargo da direcci\u00f3n da banda -unha vez devaluada a 5 horas semanais dun profesor-<\/em>), tam\u00e9n a consideraci\u00f3n xeral do concello respecto \u00e1 banda. Unha situaci\u00f3n que se complica adem\u00e1is porque o concello mant\u00e9n subvenci\u00f3n da banda f\u00f3ra do convenio, por m\u00e1is que nos \u00faltimos anos ista se te\u00f1a devaluado, e pola percepci\u00f3n dalgunha xente de que o concello querer\u00eda evitar problemas desfac\u00e9ndose de todo contacto con Amadores que non sexa a traverso de subvenci\u00f3ns -algo que ven apoiado por situaci\u00f3ns anteriores-.<\/p>\n<p>As\u00ed pois, haber\u00e1 que enviar un escrito de queixa \u00f3 concello, dar a nova de xeito p\u00fablico para informar \u00e1 sociedade ribadense, e tentar facer o mesmo en xeral cos asociados, para que comprendan a situaci\u00f3n e axuden coa colaboraci\u00f3n que a asociaci\u00f3n necesita, que pasa por esa primeira informaci\u00f3n b\u00e1sica dos que moitos carecen.<\/p>\n<p>En fin, poderiase dicir moito m\u00e1is despois de hora e media. Eu sa\u00edn coa mesma postura coa que entrei: coido que a ratificaci\u00f3n das variaci\u00f3ns na RPT non afectan gran cousa \u00f3 funcionamento actual da banda, pero a variaci\u00f3n efectiva das condici\u00f3ns do convenio necesita unha chamada de atenci\u00f3n que debera ser feita hai moito tempo xa, a\u00ednda que sexa mellor tarde ca nunca.<\/p>\n<p>De calquera xeito, e vista na carta do alcalde a parte de oferta de negociaci\u00f3n en caso de disconformidade de Amadores, fixen fincap\u00e9 en que os que estabamos na xuntanza estiveramos de acordo, en que estiveramos seguros de poder afrontar unha ruptura co concello (cousa que entendo como posible se se quere ter forza de negociaci\u00f3n, e na que hab\u00eda xente que discrepaba comigo) e en tentar de procurar alternativas&nbsp; (o que \u00e9 doado de dicir e m\u00e1is complicado de facer).<\/p>\n<p>En fin, lembrar que isto \u00e9 &#8216;primeira referenza, a posta non moi precisa&#8217; &#8230; Se algu\u00e9n quere aportar m\u00e1is informaci\u00f3n, a porta est\u00e1 aberta: \u00e9 un tipo de colaboraci\u00f3n, e colaboraci\u00f3n \u00e9 o que se pide.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A xuntanza extraordinaria de Amadores da M\u00fasica de onte comezou como estaba previsto: en segunda convocatoria, e cunha representaci\u00f3n total rondando o 4%. Como unha t\u00edpica sociedade ribadense, nista, que en tempos foi a maior asociaci\u00f3n ribadense (segue entre as grandes) parece que os asociados pagan, no seu caso benef\u00edcianse, e esqu\u00e9cense de que as [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[81,23],"class_list":["post-7088","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-banda","tag-musica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7088","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7088"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7088\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7088"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7088"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7088"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}