{"id":7075,"date":"2013-08-09T10:48:00","date_gmt":"2013-08-09T08:48:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:17:45","modified_gmt":"2024-11-12T13:17:45","slug":"presentacion-do-dvd-marina-dende-o-ceo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2013\/08\/09\/presentacion-do-dvd-marina-dende-o-ceo\/","title":{"rendered":"Presentaci\u00f3n do DVD &#8216;A Mari\u00f1a dende o ceo&#8217;-A Mari\u00f1a Oriental e Riotorto"},"content":{"rendered":"<p>Ti\u00f1a recibido unha invitaci\u00f3n de El Progreso e a Deputaci\u00f3n de Lugo para a presentaci\u00f3n dos DVD A Mari\u00f1a dende o ceo, para onte, no cine teatro. Puiden ir, e coido que en agradecemento debo ser obxectivo.<\/p>\n<p>O acto desenvolveuse no cine-teatro de Ribadeo a partires das oito e media m\u00e1is preto dun cuarto de hora de retraso, quiz\u00e1is debido a que faltaba algu\u00e9n, quiz\u00e1is a que a que faltaba era a xente, pois parece que ambas circunstancias se daban nunha s\u00e1 na que ter\u00eda cabido cinco veces m\u00e1is xente deixando a\u00ednda sitios libres, a\u00ednda que era evidente que non fac\u00eda falta invitaci\u00f3n para entrar. \u00c1 entrada, unha azafata repart\u00eda peri\u00f3dicos, e \u00e1 sa\u00edda, o DVD.<\/p>\n<p>O DVD realizouse a partires das tomas de v\u00eddeo dun cuadric\u00f3ptero, que estaba amosado no esceario. A vicedirectora de El Progreso falou despois do alcalde, finalizando o vicepresidente da Deputaci\u00f3n. Dir\u00eda que non todos viron o produto que estaban a presentar antes de falar; en todo caso, as charlas ante presentaci\u00f3n soen ser xerais, o que facilitan que sexan atinadas sen pedirlles m\u00e1is, e as\u00ed resultou.<\/p>\n<p>Logo viu a proxecci\u00f3n do v\u00eddeo &#8211; que se poder\u00e1 mercar co xornal ma\u00f1\u00e1 s\u00e1bado como lembrou o alcalde- e o silencio f\u00edxose. As primicias \u00e1s veces decepcionan, pero non por iso deixan de ser primicias, e este v\u00eddeo as\u00ed hai que consideralo. A proxecci\u00f3n, de case dazasete minutos e medio de alta definici\u00f3n, non chegou a estar en pantalla completa nin a imaxe totalmente dentro da pantalla, o que non fixo un bo efecto. Est\u00e1 dividido en secci\u00f3ns independentes para praias, vilas e cada un dos concellos, que neste primeiro DVD presentado son os da Mari\u00f1a Oriental. Cada secci\u00f3n ten unha montaxe independente, inclu\u00eddos parte dos cr\u00e9ditos, o que causa un efecto raro, pois o DVD est\u00e1 concebido para pasar secuencialmente de comezo a fin, sen secci\u00f3ns. As vistas son curiosas, novedosas algunhas e outras suprimibles.<\/p>\n<p>O certo \u00e9 que a min, sa\u00edndo agradecido, non me deixou bo sabor de boca algo que coido que poder\u00eda facerse moito mellor con nada m\u00e1is de esforzo. \u00c9 s\u00f3 unha opini\u00f3n&#8230; As vistas a baixa altura (\u00e1s veces, non tan baixa) tomadas co cuadric\u00f3ptero ofrecen moitas posibilidades, e \u00e9 doado augurar que en non moito tempo faranse cun oco na promoci\u00f3n tur\u00edstica da zona, pode que mesmo collendo tomas moi concretas das presentadas onte.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ti\u00f1a recibido unha invitaci\u00f3n de El Progreso e a Deputaci\u00f3n de Lugo para a presentaci\u00f3n dos DVD A Mari\u00f1a dende o ceo, para onte, no cine teatro. Puiden ir, e coido que en agradecemento debo ser obxectivo. O acto desenvolveuse no cine-teatro de Ribadeo a partires das oito e media m\u00e1is preto dun cuarto de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[26,9],"class_list":["post-7075","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-medio","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7075","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7075"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7075\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7075"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7075"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7075"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}