{"id":7062,"date":"2013-09-03T09:03:00","date_gmt":"2013-09-03T07:03:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:17:23","modified_gmt":"2024-11-12T13:17:23","slug":"como-facer-chourizos-e-curalos-linas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2013\/09\/03\/como-facer-chourizos-e-curalos-linas\/","title":{"rendered":"Como facer chourizos e curalos (li\u00f1as xerais)"},"content":{"rendered":"<p>C\u00f3llese o magro do porco ou substancia adornada por moitos cartos, e p\u00edcase. O do picado \u00e9 para evitar transparencia e que non se saiba ben de onde ven a substancia, podendo as\u00ed misturar con facilidade a partir de diferentes lugares do porco. \u00c9 algo fundamental para que pase por chourizo e non por, po\u00f1amos por caso, lombo, doado de localizar e rastrear ata o mism\u00edsimo porco vivo. Non se tritura, que se non p\u00e9rdese a textura e teremos outro embutido de menor cualidade, igual que os cartos triturados resultan pura calderilla. O picadillo hai que ali\u00f1alo, cunha especia por eiqu\u00ed e outra por al\u00f3, do mesmo xeito que hai amiguetes que non fan moito pero que son necesarios para unha boa, e ch\u00e1maselles para que este\u00f1an en todas. O picadillo ali\u00f1ado resulta en zorza, a aut\u00e9ntica substancia do chourizo, no que xa non se distingue de onde ven, quen participa ou o m\u00e9todo de extracci\u00f3n, e ten xa cor e sabor propios debido \u00e1s especias.<br \/>\nDe calquera xeito, e a\u00ednda sendo a zorza saborosa unha volta fritida, a\u00ednda non \u00e9 chourizo, que \u00e9 algo que ten m\u00e1is elaboraci\u00f3n. A zorza debe embutirse: pasa por alg\u00fan tipo de embudo, e mesmo apretado a man, remata na tripa, do mesmo xeito que os partidos pol\u00edticos meten a quen lles chega, e se poden obter rendementos, tentan por todos os medios unha adaptaci\u00f3n formal para que quede todo no mesmo interior. Dentro da tripa a\u00ednda non \u00e9 chourizo: falta o atar cada anaco por separado, facendo compartimentos estancos que permiten saborear de xeito independente un e outro, agora si, chourizo. Esa independencia parece que libera cada parte do resto, que o illa, a\u00ednda que non se podan escapar da mesma tripa contedora e protectora por moito que m\u00e1is tarde se corte cada chourizo de xeito individual.<br \/>\nBen, a\u00ednda separados, os chourizos est\u00e1n ternos. Si, xa se poden comer, pero nese caso, a\u00ednda necesitan ser coci\u00f1ados. Para comelos s\u00f3s, fai falta curalos. Entend\u00e1mos, non curalos de espando, que diso xa o est\u00e1n despois de coller substancia, picala, aderezala, embutila &#8230; Non, tr\u00e1tase de curalos con tempo e fume. O do fume \u00e9 moi convinte: isa cortina de novo var\u00eda o sabor e produce un sentido de indefinici\u00f3n que xa convirte o resultado noutro produto do que case nin se sospeita a s\u00faa procedencia, substancia ou relaci\u00f3ns. Ent\u00f3n xa est\u00e1 listo para ser consumido e aprezado. Tanto, que se comes chourizo, qu\u00e9date un bo sabor de boca e pides por m\u00e1is: a quen non lle gusta o chourizo?<br \/>\nReceita creative commons realizada con co\u00f1ecementos de dominio p\u00fablico; podes mellorala e ata tentar facer cartos con ela de xeito comercial (nese caso, l\u00e9mbrate do autor primeiro&#8230;)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>C\u00f3llese o magro do porco ou substancia adornada por moitos cartos, e p\u00edcase. O do picado \u00e9 para evitar transparencia e que non se saiba ben de onde ven a substancia, podendo as\u00ed misturar con facilidade a partir de diferentes lugares do porco. \u00c9 algo fundamental para que pase por chourizo e non por, po\u00f1amos [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,11,13,9],"class_list":["post-7062","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-historia","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7062","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7062"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7062\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7062"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7062"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7062"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}