{"id":7059,"date":"2013-09-06T08:51:00","date_gmt":"2013-09-06T06:51:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:17:13","modified_gmt":"2024-11-12T13:17:13","slug":"de-tempos-e-ratios-un-medico-para","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2013\/09\/06\/de-tempos-e-ratios-un-medico-para\/","title":{"rendered":"De tempos e ratios: un m\u00e9dico para Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>Hai preto dun ano comezou a rumorearse. Ningu\u00e9n fixo caso. A cousa foi en aumento, a Plataforma Sanitaria da Mari\u00f1a advertiu &#8230; chega este setembro e parece que chegou o momento de estoupar como nova: Ribadeo, se non o remediamos, quedar\u00e1 sen un m\u00e9dico dos que ti\u00f1a.<\/p>\n<p>No medio, no que parece unha estratexia ben dese\u00f1ada e coido que \u00e9 s\u00f3 un xeito de ir tentando po\u00f1er parches ante unha realidade imposta dende f\u00f3ra do Centro de Sa\u00fade: a xente foise derivando a outros m\u00e9dicos, as cartillas comezaron a cambiar de titular pouco a pouco, e por \u00faltimo, de xeito definitivo, vaciando de &#8216;contido de pacientes&#8217; a cartilla do m\u00e9dico non substitu\u00eddo.<\/p>\n<p>Por parte da resposta p\u00fablica, a Plataforma sanitaria da Mari\u00f1a clama de novo no deserto: a sociedade ou ben non se entera ou ben pasa, ou ben tilda de alarmista a quen advirte, retrucando m\u00e1is ou menos que &#8216;hai que esperar a ver o que pasa&#8217;, ou ben se resigna porque &#8216;os tempos son malos&#8217; (e hai que salvar a banca con preferenza, pero iso dise menos).<\/p>\n<p>O poder pol\u00edtico, que se saiba, reacciona en plena volta despois das vacaci\u00f3ns e cun retraso considerable. Polo momento, cunhas declaraci\u00f3ns e co anuncio de que ser\u00e1 tratada unha moci\u00f3n no pr\u00f3ximo pleno (eso que existe, \u00e9 p\u00fablico e non se publicita para que se entere a cidadan\u00eda a menos que se queran aplausos, e menos se lle permite unha participaci\u00f3n efectiva), quedando no aire a pregunta de se a moci\u00f3n ser\u00e1 secundada un\u00e1nimemente ou se ser\u00e1 un motivo m\u00e1is de trifulca pol\u00edtica (a\u00ednda que poda haber voto un\u00e1nime!)<\/p>\n<p>Mentras, o servizo de sa\u00fade deteri\u00f3rase pouco a pouco, obviando Ribadeo, en Burela, ou Lugo, ou &#8230;<\/p>\n<p>E a xustificaci\u00f3n pretende c\u00e1seque as\u00ed haber\u00e1 mellor servizo, que se fai para ben dos cidad\u00e1ns, como non! Na realidade, esta volta, a xustificaci\u00f3n at\u00f3pase en que Ribadeo est\u00e1 moi por baixo do l\u00edmite da ratio de 1500 cartillas ou habitantes por facultativo (os xornais recollen unha ou outra opci\u00f3n). Na anterior supresi\u00f3n na Mari\u00f1a, creo lembrar que se falaba (que a Conseller\u00eda falaba) cun argumento semellante, pero cun n\u00famero diferente: 1200. \u00d3 final \u00e9 o mesmo, porque a ratio establ\u00e9cea a Conseller\u00eda e \u00f3 que se ve, de xeito arbitrario, co que sempre poder\u00e1 usar iste argumento de igual xeito, a\u00ednda que non signifique nada. Por certo, e voltando \u00f3 tema dos n\u00fameros e Ribadeo, os 10000 habitantes de Ribadeo entre 1500 significan 6 + un resto, \u00e9 dicir, sete m\u00e9dicos. Se o criterio \u00e9 de 1200, ent\u00f3n temos 8 + un resto, o que fai unha diferenza de dous m\u00e9dicos.<\/p>\n<p>O tempo, &#8216;en diferido&#8217;, como nos te\u00f1en afeitos dende o goberno. A ratio, axustable \u00e1s necesidades de xustificaci\u00f3n. A resposta, &#8230; que resposta?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hai preto dun ano comezou a rumorearse. Ningu\u00e9n fixo caso. A cousa foi en aumento, a Plataforma Sanitaria da Mari\u00f1a advertiu &#8230; chega este setembro e parece que chegou o momento de estoupar como nova: Ribadeo, se non o remediamos, quedar\u00e1 sen un m\u00e9dico dos que ti\u00f1a. No medio, no que parece unha estratexia ben [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[111,27],"class_list":["post-7059","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-marina","tag-sanidade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7059","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7059"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7059\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7059"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7059"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7059"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}