{"id":7028,"date":"2013-10-09T07:59:00","date_gmt":"2013-10-09T05:59:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:16:18","modified_gmt":"2024-11-12T13:16:18","slug":"kafka-na-marina","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2013\/10\/09\/kafka-na-marina\/","title":{"rendered":"Kafka na Mari\u00f1a (e m\u00e1is al\u00f3)"},"content":{"rendered":"<p>Nun&nbsp; mundo interconectado, onde as posibilidades de transparencia son m\u00faltiples, amplas, a realidade conv\u00edrtese nun coto cerrado de caza \u00e1 especie &#8216;cidad\u00e1n com\u00fan&#8217; que non pode escapar do seu interior.<\/p>\n<p>M\u00faltiples son as sinais e os efectos delas. A \u00faltima polo momento no noso entorno pr\u00f3ximo, a <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/noticia\/amarina\/2013\/10\/09\/duenos-1900-fincas-cruzara-gasoducto-saben-seran-indemnizadosprohibido-cavar-medio-metro-fan-ben-as-cousas-prezo-final-pago-sube-moito\/0003_201310X9C5991.htm\">sinatura ante unha cantidade en branco do paso do gasoduto polas fincas afectadas<\/a>. A cousa \u00e9 como segue: por utilidade p\u00fablica, a empresa logrou que os terreos sexan expropiados. O proceso incl\u00fae b\u00e1sicamente d\u00faas partes, unha, que poderiamos chamar de aceptaci\u00f3n, e outra de oficializaci\u00f3n. Na primeira, pres\u00e9ntase un documento para comunicar que a finca vai ser afectada. Na segunda, a Xunta, como entidade p\u00fablica, oficializa a expropiaci\u00f3n dun ben particular para beneficiar \u00e1 comunidade (ise \u00e9 o motivo te\u00f3rico de calquera expropiaci\u00f3n particular, as\u00ed como de calquera privatizaci\u00f3n p\u00fablica) e dicta a cantidade compensatoria desa expropiaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Que implica? Pois que na primeira parte ac\u00e9ptase quedar sen un ben propio a expensas do que digan na segunda. E se algu\u00e9n non asina na primeira parte? En realidade, \u00e9 un tr\u00e1mite, e a maquinaria segue sen cambio apreciable.<\/p>\n<p>Pouco importan cousas como que a beneficiaria dineraria desa cesi\u00f3n do privao \u00f3 p\u00fablico sexa unha concesionaria privada (pertencente a outra xente diferente de quen cede as terras, claro, e polo tanto implicando unha transferencia de algo privado a outra privacidade a traverso do p\u00fablico), ou que o l\u00f3xico nunha obra de magnitude sexa o primeiro calcular os custes, e polo tanto, sexa doado especificar xa unha estimac\u00f3n para chegar a un trato. O que parece preponderar \u00e9 o uso do &#8216;p\u00fablico&#8217; para favorecer o desenvolvemento de concesionarias privadas en funci\u00f3n do espolio do particular, sexa en posesi\u00f3ns ou dereitos, que non nos imos meter en minucias.<\/p>\n<p>E as\u00ed, a vida segue, facendo (\u00e1s veces) amago de defensa de determinados intereses particulares cando a atacada \u00e9 toda a sociedade (por turnos, iso si) a mans dunha minor\u00eda que controla o ataque, os recursos, medios e posibilidades, e que a\u00ednda que pareza tam\u00e9n sociedade, est\u00e1 illada dentro da mesma en redutos que poderiamos chamar &#8216;sociedades&#8217;. Na Mari\u00f1a e m\u00e1is al\u00f3; m\u00e1is ben, cada vez, m\u00e1is al\u00f3.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Nun&nbsp; mundo interconectado, onde as posibilidades de transparencia son m\u00faltiples, amplas, a realidade conv\u00edrtese nun coto cerrado de caza \u00e1 especie &#8216;cidad\u00e1n com\u00fan&#8217; que non pode escapar do seu interior. M\u00faltiples son as sinais e os efectos delas. A \u00faltima polo momento no noso entorno pr\u00f3ximo, a sinatura ante unha cantidade en branco do paso [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,9],"class_list":["post-7028","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7028","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7028"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7028\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7028"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7028"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7028"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}