{"id":7025,"date":"2013-10-11T16:19:00","date_gmt":"2013-10-11T14:19:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:16:13","modified_gmt":"2024-11-12T13:16:13","slug":"o-consello-sectorial-da-muller-hoxe","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2013\/10\/11\/o-consello-sectorial-da-muller-hoxe\/","title":{"rendered":"O consello sectorial da muller, hoxe"},"content":{"rendered":"<p>Ben, non hoxe, sen\u00f3n na \u00faltima xuntanza, de venres 20131010.<\/p>\n<p>Como noutras ocasi\u00f3ns anteriores, tras aprobar a acta pasada e dar conta do finanzamento, pasouse revista \u00f3 desenvolvemento de actividades neste ano, numerosas por certo, as\u00ed como, en xeral, satisfactorias. Icl\u00faen o Photocall pola igualdade en marzo pasado, co lema &#8216;igual\u00e1monos&#8217;, e boa acollida na rede, os <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2013\/03\/actos-do-dia-internacional-da-muller.html\">actos do d\u00eda internacional das mulleres<\/a>, coa inauguraci\u00f3n de r\u00faas e o folleto acompa\u00f1ante &#8216;Ribadeo nos cami\u00f1os da igualdade&#8217;, as\u00ed como as actuaci\u00f3ns musicais en cada inauguraci\u00f3n e o concerto de Irimia cantareiras.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgpRsmW5NnqZt2Lx8J8SpJvaoJRS0xEZ3A-C3YEpAyHnMhRLR_x59w72mLK3nHNSurgRE4YnnxqlgGaL_jBDNMQcFz59xdyx5_gtelqlqxiEqydClRV4LpGkThtKPk1LOo7X4mtxw\/s2048\/inauguracion+sor+pilar.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgpRsmW5NnqZt2Lx8J8SpJvaoJRS0xEZ3A-C3YEpAyHnMhRLR_x59w72mLK3nHNSurgRE4YnnxqlgGaL_jBDNMQcFz59xdyx5_gtelqlqxiEqydClRV4LpGkThtKPk1LOo7X4mtxw\/s2048\/inauguracion+sor+pilar.jpg\" height=\"300\" width=\"400\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">A inauguraci\u00f3n da r\u00faa adicada a Sor Pilar<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>Na presentaci\u00f3n de &#8216;Rachando inercias&#8217; en Santiago xogouse f\u00f3ra da casa, con boa acollida. Houbo obradoiros diversos nas parroquias e no pobo, con acollida asemade diversa, e charlas -quiz\u00e1is as actividades m\u00e1is minoritarias, e nese sentido, desaproveitadas polas persoas \u00e1s que \u00edan dirixidas-. E as andainas: a\u00ednda este domingo haber\u00e1 unha, representando unha nova situaci\u00f3n de intercambio de pareceres, afianzamento de amizade ou sinxelamente, deporte nun medio natural.<\/p>\n<p>As actividades de formaci\u00f3n, sobre a violencia de x\u00e9nero, emprendemento e educaci\u00f3n infantil, deixaron bo sabor de boca, e en concreto, o curso sobre educaci\u00f3n infantil, ganas para abrilo \u00f3 colectivo de pais. As correspondentes a participaci\u00f3n de pequenos, contacontos e radiando igualdade, significaron non s\u00f3 un divertimento para as e os participantes, sen\u00f3n tam\u00e9n unha formaci\u00f3n para os mesmos, \u00f3 tempo que a boa acollida propiciou a petici\u00f3n de repetilas<\/p>\n<p>M\u00e1is al\u00f3 das actividades anteditas, tiveron lugar a avaliaci\u00f3n do <a href=\"http:\/\/ribadeomuller.files.wordpress.com\/2010\/07\/plan.pdf\">I plan de igualdade<\/a> (o segundo est\u00e1 en fase de dese\u00f1o), e as xuntanzas da mesa interinstitucional de violencia de x\u00e9nero. Boa parte das actividades tiveron un reflexo no blog &#8216;<a href=\"https:\/\/ribadeomuller.wordpress.com\/\">Ribadeo muller<\/a>&#8216;.<\/p>\n<p>Despois pasouse lista \u00e1s actividades previstas ata fin de ano, entre as que se atopan xa en desenvolvemento as centradas no \u00e1mbito educativo. Nas centradas en termos cidad\u00e1ns m\u00e1is amplos, destacan a campa\u00f1a de promoci\u00f3n do deporte feminino, con actuaci\u00f3ns a varios niveis e a desenvolver en tres fases, ou a proxecci\u00f3n da pel\u00edcula &#8216;a cicatriz branca&#8217;, \u00e1 que non lle vir\u00eda mal un coloquio sobre a feminizaci\u00f3n da pobreza.<\/p>\n<p>Outras actividades previstas son a continuaci\u00f3n dos bonos-axuda en ludoteca, a elaboraci\u00f3n do II Plan de igualdade, a celebraci\u00f3n do 25N (d\u00eda internacional da violencia contra as mulleres), os domingos a p\u00e9 (iste &#8230;) e eventualmente unha proposta de tertulia ou caf\u00e9 literario.<\/p>\n<p>De cara \u00f3 futuro, p\u00eddese colaboraci\u00f3n e ideas (xa hai algunhas: desenvolver a escola de pais, bricolaje, &#8230; )<\/p>\n<p>Abondo. E o aproveitamento social? Intentarase.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ben, non hoxe, sen\u00f3n na \u00faltima xuntanza, de venres 20131010. Como noutras ocasi\u00f3ns anteriores, tras aprobar a acta pasada e dar conta do finanzamento, pasouse revista \u00f3 desenvolvemento de actividades neste ano, numerosas por certo, as\u00ed como, en xeral, satisfactorias. Icl\u00faen o Photocall pola igualdade en marzo pasado, co lema &#8216;igual\u00e1monos&#8217;, e boa acollida na [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9],"class_list":["post-7025","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7025","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7025"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7025\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7025"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7025"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7025"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}