{"id":7010,"date":"2013-10-28T07:57:00","date_gmt":"2013-10-28T06:57:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:15:43","modified_gmt":"2024-11-12T13:15:43","slug":"relativismo-mental-are-you-ready","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2013\/10\/28\/relativismo-mental-are-you-ready\/","title":{"rendered":"Relativismo mental. Are you ready?"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Onte, lendo o xornal, pas\u00e1ronseme varios clich\u00e9s pola testa. E ocorr\u00faseme que \u00f3 fin, fac\u00eda falta un cambio de mentalidade, unha preparaci\u00f3n persoal, para o cambio social. O malo \u00e9 que esa preparaci\u00f3n coido que estase a facer en sentido inverso \u00f3 que me gustar\u00eda. Deixo un par de par\u00e1grafos para ver se me explico&#8230;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Din que xa se ve a luz \u00f3 fin do t\u00fanel&#8230; coidado co tren!<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>En materia econ\u00f3mica levamos sendo enganados xa moitos anos. Non \u00e9 novidade que o capitalismo deixou as formas suaves que manti\u00f1a en Europa nada m\u00e1is cair o tel\u00f3n de aceiro. O proceso xa ti\u00f1a comezado anos antes, pero a pendente hab\u00eda que preparala e iso foi realizado a traverso dun acoso sem\u00e1ntico que variou o significado de moitas verbas ata chegar \u00e1 actual mentira indisimulada na que se interpreta unha verba polo que pode significar para unha pequena minor\u00eda da poboaci\u00f3n. Luz \u00e1 fin do t\u00fanel? Hai xente que non chegou a entrar &#8216;no t\u00fanel&#8217;, pero \u00f3s que si nos meteron, d\u00e1nos medo porque sabemos que o tren segue a circular e pode facernos moito dano, mesmo avisando antes cun pitido que non nos beneficiar\u00e1 en nada; \u00e9 m\u00e1is, que nos dar\u00e1 m\u00e1is medo antes da cat\u00e1strofe. Non obstante, o aviso de que hai unha luz cara \u00f3 fin do t\u00fanel, implica d\u00faas cousas para que nolas creamos. Unha, que quen fai o aviso sabe onde est\u00e1 a fin do t\u00fanel, que ten controlada a situaci\u00f3n. D\u00faas, que vaiamos cara onde nos indican coa confianza posta nel. Avanzamos pois ou retrocedemos? (polo t\u00fanel). Dir\u00edase que avanzamos, que imos adiante. Pero, se ven o tren e n\u00f3s imos cara el, diminu\u00edmos a distancia mutua, retrocedemos.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Quero co\u00f1ecerme mellor. Por favor, NSA, podes dicirme como son?<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Non sei se a NSA me ten espiado ou non. Se non o fixo foi sinxelamente porque non me considerou acreedor de tal honra. Por datos que puido recoller, pode co\u00f1ecerme abondo mellor que eu mesmo, e poder\u00eda aproveitar os datos que me subministrara para asumir mellor o mandato cl\u00e1sico &#8216;co\u00f1ecete a ti mesmo&#8217;. Hoxe por hoxe, na era post Snowden, co revuelo armado e a baixada de pantal\u00f3ns -ou faldas- dos gobernos do mundo enteiro (que por outra parte dir\u00eda fan m\u00e1is ou menos o mesmo cada un segundo as s\u00faas posibilidades) estase a valorar m\u00e1is a intimidade porque se sabe que \u00e9 un ben escaso, pero \u00f3 tempo, e entre tanto esc\u00e1ndalo, seguimos a deixar os nosos datos na rede cada vez en maior cantidade e desprotecci\u00f3n. E sobre todo, con maior abandono propio, con maior naturalidade e sabendo e asumindos as consecuencias da extensi\u00f3n daquel vello dito: &#8216;un \u00e9 dono do que cala. Do que fala, xa non \u00e9 dono&#8217;. \u00c9 un avance ou un retroceso? Calquera lle dir\u00eda \u00f3 Orwell de 1984 o desenvolvemento que estamos a ver da situaci\u00f3n entre as posibilidades de ser espiados e a adaptaci\u00f3n da mentalidade ante tal espionaxe.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Ben, son s\u00f3 d\u00faas frases, correspondentes a entornos diferentes, pero a unha mesma situaci\u00f3n de relatividade do avance\/retroceso dunha mentalidade na que temos capacidade de maior co\u00f1ecemento e consciencia de menores posibilidades. Unha situaci\u00f3n na que os propios integrantes da sociedade estamos perdendo capacidade de xestionar a sociedade na que estamos inmersos. Unha situaci\u00f3n que lembra \u00e1 organizaci\u00f3n social dalg\u00fans tipos de insectos: algu\u00e9n reina, hai un ex\u00e9rcito, e o resto, traballa (m\u00e1is ben, algo como &#8216;fai o que naceu para facer&#8217;)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;Onte, lendo o xornal, pas\u00e1ronseme varios clich\u00e9s pola testa. E ocorr\u00faseme que \u00f3 fin, fac\u00eda falta un cambio de mentalidade, unha preparaci\u00f3n persoal, para o cambio social. O malo \u00e9 que esa preparaci\u00f3n coido que estase a facer en sentido inverso \u00f3 que me gustar\u00eda. Deixo un par de par\u00e1grafos para ver se me [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32],"class_list":["post-7010","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7010","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7010"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7010\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7010"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7010"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7010"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}