{"id":7000,"date":"2013-11-08T08:01:00","date_gmt":"2013-11-08T07:01:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:15:22","modified_gmt":"2024-11-12T13:15:22","slug":"do-mercado-e-os-extras-caso-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2013\/11\/08\/do-mercado-e-os-extras-caso-ribadeo\/","title":{"rendered":"Do mercado e os extras: caso Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>A estas alturas, falar do mercado case presup\u00f3n falar de transacci\u00f3ns a nivel internacional ou case. Neste caso, non. \u00c9 do mercado de Ribadeo.<\/p>\n<p>Hai xa alg\u00fans d\u00edas sa\u00edu nos medios que o concello \u00eda po\u00f1er m\u00e1is duras as condici\u00f3ns para os xubilados que vend\u00edan nel. Onte saiu <a href=\"http:\/\/quiosco.lavozdegalicia.es\/visor.jsp?publicacion=La%20Voz%20de%20Galicia&amp;pagina=X7C7.EPS&amp;fecha=2013\/11\/07&amp;noticia=0003_201311X7C7997\">no xornal a \u00faltima nova sobre o tema<\/a><\/p>\n<p>O caso non \u00e9 tanto a nova de que os xubilados van ter que ter os seus papeis en regla para po\u00f1er postos, que \u00e9 algo normal (outra cousa \u00e9 que poidera facerse unha norma diferente, para permitir unha entrada extra de cartos nas casas deste colectivo). O caso \u00e9 que estamos ante o enfrontamento dun colectivo de traballadores do concello e o alcalde. Non \u00e9 a primeira vez que sucede, habendo enfrontamentos xa antes do encargo da Relaci\u00f3n&nbsp; de Postos de Traballo do concello. Tampouco \u00e9 novo que un enfrontamento xere declaraci\u00f3ns con certas contradici\u00f3ns.<\/p>\n<p>Neste caso, polo que parece, o alcalde emitiu unha orde que nunha situaci\u00f3n normal entendo que non far\u00eda falta: vixiar a ilegalidade. E a orde estase a cumprir ata un punto que \u00f3 alcalde par\u00e9celle que hai un exceso de celo.<\/p>\n<p>\u00d3 final, resulta que o alcalde reclama igual celo para o conxunto de actuaci\u00f3ns do colectivo (e ontes vin tomar nota de coches aparcados nun sitio indebido no que non v\u00eda tal dende hai tempo) mentras aclara &#8216;\u00e9 unha orde que non din, pero a polic\u00eda est\u00e1 cumprindo o seu deber&#8217;. \u00c9 dicir, actuando como pol\u00edtico e non como t\u00e9cnico, o que lle corresponde \u00e1 polic\u00eda. Do mesmo act\u00faa cando di que non lle quedar\u00e1 m\u00e1is remedio que tramitar as denuncias que lle eleva a polic\u00eda local polo tema, algo que leva facendo mes e medio e que pode que este\u00f1a no seu poder, pero que introduce unha graciabilidade pol\u00edtica que fai que tam\u00e9n se lle poidera aplicar \u00f3 alcalde o de igual celo para t\u00f3dalas cousas. En caso contrario, entrariamos (estariamos) nunha discriminaci\u00f3n pol\u00edtica debida a &#8230; e o &#8216;debido a&#8217; pode ser calquera cousa, a convir, e entrar nunha situaci\u00f3n desas que est\u00e1n facendo que a confianza nos pol\u00edticos este\u00f1a en m\u00ednimos.<\/p>\n<p>A discrecionalidade pol\u00edtica &#8230; coido que \u00e9 preferible que a discrecionalidade se empregue en facer normas para todos (un pouco m\u00e1is para ac\u00f3 ou para al\u00f3, pero para todos) en troques de interpretaci\u00f3ns de normas \u00e1 medida (a parte do &#8216;un pouco m\u00e1is ac\u00f3 ou al\u00f3&#8217;, agora si, agora non), que poder\u00e1n ser avaladas polos xu\u00edces pero que en calquera caso poden arrastrar un d\u00e9ficit de \u00e9tica e unha discriminaci\u00f3n por comparaci\u00f3n.<\/p>\n<p>E a eficiencia funcionarial&#8230; algo do que se leva escrito tinta e tinta dende antes de Larra e que, como en calquera outro corpo laboral ou social, depende das persoas concretas, a\u00ednda que haxa corpos m\u00e1is contaminados e outros m\u00e1is sanos. E atacalo en conxunto \u00e1s veces sup\u00f3n esquecerse dese detalle: o corpo social est\u00e1 composto de persoas, de humanos, que actuamos de xeito individual.<\/p>\n<p>As\u00ed pois, en \u00e1mbolos casos, humanos, pero que sexan cousas humanas non quere dicir que non haxa que actuar para tentar corrixilas, po\u00f1endo cada un a s\u00faa parte. Segundo entendo, neste caso, o do mercado e os cartos extra son s\u00f3 a punti\u00f1a do problema.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A estas alturas, falar do mercado case presup\u00f3n falar de transacci\u00f3ns a nivel internacional ou case. Neste caso, non. \u00c9 do mercado de Ribadeo. Hai xa alg\u00fans d\u00edas sa\u00edu nos medios que o concello \u00eda po\u00f1er m\u00e1is duras as condici\u00f3ns para os xubilados que vend\u00edan nel. Onte saiu no xornal a \u00faltima nova sobre o [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[13,9],"class_list":["post-7000","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7000","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7000"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7000\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7000"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7000"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7000"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}