{"id":6999,"date":"2013-11-10T11:39:00","date_gmt":"2013-11-10T10:39:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:15:20","modified_gmt":"2024-11-12T13:15:20","slug":"claridade-que-entre-luz","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2013\/11\/10\/claridade-que-entre-luz\/","title":{"rendered":"Claridade, que entre a luz!"},"content":{"rendered":"<p>P\u00e1same un amigo unha nova dun bolet\u00edn de CXG, pero con orixe nos xulgados. Collo os dous par\u00e1grafos que considero de m\u00e1is peso: <\/p>\n<p>&#8220;<em>A semana pasada tivo lugar no Hotel M\u00e9ndez Nu\u00f1ez de Lugo unha rolda de prensa de Compromiso por Galicia, na que participaron o Secretario Nacional de Pol\u00edtica Municipal da organizaci\u00f3n galeguista, Iv\u00e1n Marrube, e o Secretario Xeral da formaci\u00f3n, Xo\u00e1n Bascuas, onde se deu a co\u00f1ecer a sentenza do Tribunal Constitucional do 26 de setembro de 2013, publicada no BOE antonte mesmo, no que reco\u00f1ece o dereito de todo cidad\u00e1n e de toda cidad\u00e1 a acudir \u00e1s Xuntas de Goberno Local, exclu\u00eddas as grandes cidades. De igual modo anunciouse a presentaci\u00f3n de moci\u00f3ns en varios concellos neste sentido.<\/em><\/p>\n<p><em>Segundo Iv\u00e1n Marrube, a citada sentenza \u201csup\u00f3n a maior medida de transparencia nos concellos dende fai moitos anos, e co\u00f1ecendo como funcionan a maior\u00eda de alcaldes, dubido que acepten cumprir a lei\u201d. A senteza permite o acceso p\u00fablico \u00e1s Xunta de Goberno Local, \u201ca todas aquelas nas que se traten asuntos delegados polo Pleno\u201d, de igual modo que se esixe que se publiciten \u201cdatas, horarios e contidos das mesmas\u201d. O tam\u00e9n Secretario de Pol\u00edtica Municipal apunta que Compromiso presentar\u00e1 unha moci\u00f3n nos concellos para que os equipos de goberno \u201casuman de forma inmediata a sentenza do Tribunal Constitucional de 26 de setembro de 2013, e que se publicite do debido xeito por parte do Concello as datas e horarios, as\u00ed como as ordes do d\u00eda para posibilitar o cumprimento da mesma\u201d, e que as\u00ed a sociedade poida exercer o dereito cidad\u00e1n que ten de presenzar as Xuntas de Goberno.<\/em>&#8221;<\/p>\n<p>Collamos agora o caso Ribadeo, en tres partes.<\/p>\n<p>Parte 1.<\/p>\n<p>Dende o 2004 hai unha norma aprobada en pleno a ra\u00edz dunha petici\u00f3n da avv O Tes\u00f3n para a aplicaci\u00f3n da lei correspondente. A m\u00e1is de ir \u00f3s plenos, que xa se pod\u00eda &#8216;dende sempre&#8217;, p\u00f3dese preguntar, sendo respondidos &#8216;f\u00f3ra do pleno&#8217; con certas limitaci\u00f3ns. Isto da lugar a que as respostas non se recollan en acta, non se poda replicar, que como non \u00e9 no pleno se te\u00f1an levantado concelleiros antes da resposta ou que quedaran sen responder durante varios plenos, entre outras casu\u00edsticas e a m\u00e1is de que parece que a duraci\u00f3n media dos plenos alongouse dende a aprobaci\u00f3n da norma.<\/p>\n<p>Parte 2.<\/p>\n<p>A\u00ednda que foi pedido repetidamente que os plenos foran debidamente anunciados, segue sendo algo complicado enterarse da data e do contidos dos mesmos e a s\u00faa importancia para a xente, o que propicia -xunto coa duraci\u00f3n e opacidade nos mesmo plenos- que a asistencia sexa moi baixa, afondando o desapego da xente \u00e1 pol\u00edtica que nos afecta a todos pero que queda reducida a un coto pequeno. Isto leva a outras cousas, como a que determinados pol\u00edticos te\u00f1an sido mestres de ocultaci\u00f3n ou a que se confunda acci\u00f3n pol\u00edtica no sentido de partido con acci\u00f3n de concienciaci\u00f3n e activaci\u00f3n da xente, pretendendo igualar no negativo (responsabilidades, &#8216;vida p\u00fablica&#8217;, &#8230;) xente con poder de decisi\u00f3n e remuneraci\u00f3n con voluntarios sen poder institucional, entre outras moitas cousas. Mesmo a publicaci\u00f3n das actas faise dun xeito totalmente irregular no tempo, a m\u00e1is de farragoso e en puntos, incomprensible se non se te\u00f1en outras referenzas para a s\u00faa letura. Agora, vista a sentencia, \u00e9 natural que me entre a d\u00fabida do seu cumprimento efectivo, varios pasos m\u00e1is al\u00f3 do que se da en Ribadeo.<\/p>\n<p>Parte 3.<\/p>\n<p>Dende hai m\u00e1is de un quinquenio hai pedida a realizaci\u00f3n dun regulamento de participaci\u00f3n cidad\u00e1. Te\u00f1o xa falado moitas veces del (mesmo fixen unha <a href=\"http:\/\/ribadeando.org\/2011\/02\/participa-cono-2\/\">serie semanal na Comarca e no blog<\/a>&#8211;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2011\/02\/participa-cono_19.html\">ou aqu\u00ed<\/a>-), e participado en varias propostas: dunha asociaci\u00f3n, dun conxunto, corrixindo unha proposta do concello &#8230; ata agora non o hai, tendo en conta adem\u00e1is que t\u00f3dalas propostas se quedan abondo curtas en relaci\u00f3n \u00f3 que poder\u00eda ser desenvolto, que o concello non contestou unha soa -a\u00ednda que por parte veci\u00f1al si contestou a s\u00faa-, que non atendeu a ningunha das suxerencias veci\u00f1ais cando as pediu ou que a \u00fanica votaci\u00f3n realizada fora sobre un texto que ninguneaba \u00e1 xente (non \u00e1s empresas)<\/p>\n<p>Tendo en conta que noutros lugares (certo que en poucos) a transparencia e participaci\u00f3n parece exemplar, agora toca levar a resoluci\u00f3n \u00e1 pr\u00e1ctica. Dende f\u00f3ra do concello, como persoa &#8216;non p\u00fablica&#8217;, non se me ocorren grandes dificultades&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>P\u00e1same un amigo unha nova dun bolet\u00edn de CXG, pero con orixe nos xulgados. Collo os dous par\u00e1grafos que considero de m\u00e1is peso: &#8220;A semana pasada tivo lugar no Hotel M\u00e9ndez Nu\u00f1ez de Lugo unha rolda de prensa de Compromiso por Galicia, na que participaron o Secretario Nacional de Pol\u00edtica Municipal da organizaci\u00f3n galeguista, Iv\u00e1n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[74,78,42,13,9],"class_list":["post-6999","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-o-teson","tag-participacion","tag-plenos","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6999","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6999"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6999\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6999"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6999"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6999"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}