{"id":6995,"date":"2013-11-14T08:13:00","date_gmt":"2013-11-14T07:13:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:15:13","modified_gmt":"2024-11-12T13:15:13","slug":"desprestixio","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2013\/11\/14\/desprestixio\/","title":{"rendered":"Desprestixio"},"content":{"rendered":"<p>Hai desprestixios inmediatos e hai outros ganados a pulso, durante tempo. Pertencen a categor\u00edas diferentes. Os ganados a pulso son a suma de acci\u00f3ns que van aumentando o desprestixio, algo as\u00ed como un desprestixio composto. Algo que se consolida no tempo e sobre o que logo \u00e9 moi dif\u00edcil que cambien as ideas, porque se constr\u00fae toda unha estrutura de valores, causas e efectos arredor.<\/p>\n<p>Dese tipo de desprestixio profundo \u00e9 do que imos sentindo que vai tecendo a xudicatura en Espa\u00f1a, acompa\u00f1ando a outros poderes que se manifestan en rede en troques de facelo de xeito independente uns dos outros.<\/p>\n<p>Dende hai tempo as pel\u00edculas norteamericanas presentan unha imaxe do poder xudicial nos EEUU independente pero submetido \u00f3s recursos dos que pode facer uso cada parte litigante. Si, \u00e9 ficci\u00f3n, pero en toda ficci\u00f3n hai un poso de realidade.<\/p>\n<p>Aqu\u00ed, tampouco se trata de que a xudicatura (alomenos en conxunto) sexa impropia para a labor que desenvolve. Tr\u00e1tase, cada vez m\u00e1is, do sometemento a traverso de normas, recursos dispo\u00f1ibles, uso instrumental da fiscal\u00eda, nomeamentos con criterios partidarios, desenvolvemento legal, dificultade de uso da legalidade para quen ten menos recursos, &#8230; cousas que alonxan a xudicatura da xente mentras a achegan a centros de poder. Cousas que se ve\u00f1en incrementando e que fan que se escriba en pedra cada vez de xeito m\u00e1is profundo que se te collen apa\u00f1ando un euro tes un problema, pero se te collen apa\u00f1ando dez mill\u00f3ns o problema t\u00e9\u00f1eno os dem\u00e1is. Mentras que hai unha longa cola xa de pol\u00edticos exentos xudicialmente de pagar pola s\u00faa culpa (ser\u00e1n culpables, pero \u00e9 &#8216;peccata minuta&#8217;, ou as probas ser\u00edan determinantes noutro caso, pero non nise, ou estaba tan enriba que hab\u00eda outra xente no medio para culpar, ou os xestores pol\u00edticos est\u00e1n exentos legalmente diso, ou &#8230;) e estamos a vivir outra serie de casos que se vai vendo m\u00e1is claramente que seguen cami\u00f1o parello, dende pol\u00edticos de a p\u00e9 de diversos partidos ata xente relacionada coa casa real, onte s\u00f3ubose o resultado da sentenza sobre o caso Prestige. E \u00e9 doado de resumir: Todo o desastre ecol\u00f3xico derivado do estado do Prestige e da xesti\u00f3n da crise ata o afondemento e a\u00ednda despois, non ten autor que o asine. As\u00ed, todo o traballo de descontaminaci\u00f3n vai ben pagado coa satisfacci\u00f3n do feito. As\u00ed, os &#8216;hilillos de plastilina&#8217; non foron de plastilina, nin f\u00edos, pero como se o foran. \u00c9 dicir, o resultado \u00e9 algo as\u00ed como tranquilos, que quen non o fixo, non o pode repetir nunca m\u00e1is.<\/p>\n<p>Antes, xa ti\u00f1amos claro que leis sempre houbo, e que tiveron lugar modificaci\u00f3ns legais sobre as caracter\u00edsticas dos buques ou o alonxamento de terra en Finisterre, e, \u00f3 fin, como po\u00f1\u00eda hai poucos d\u00edas un xornal, non hai problema, pois a crise diminu\u00edu o tr\u00e1fico en case vinte barcos diarios do corredor de Fisterra (esqueceu botar as contas o xornal de que a\u00edna queda o paso de m\u00e1is de cen buques diarios &#8230;)<\/p>\n<p>E chegamos a hoxe, \u00f3 d\u00eda despois. E que?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hai desprestixios inmediatos e hai outros ganados a pulso, durante tempo. Pertencen a categor\u00edas diferentes. Os ganados a pulso son a suma de acci\u00f3ns que van aumentando o desprestixio, algo as\u00ed como un desprestixio composto. Algo que se consolida no tempo e sobre o que logo \u00e9 moi dif\u00edcil que cambien as ideas, porque se [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,11,26,9,122],"class_list":["post-6995","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-historia","tag-medio","tag-sociedade","tag-ue"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6995","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6995"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6995\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6995"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6995"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6995"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}