{"id":6979,"date":"2013-12-08T10:55:00","date_gmt":"2013-12-08T09:55:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:14:43","modified_gmt":"2024-11-12T13:14:43","slug":"mandela-morreu-viva-mandela","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2013\/12\/08\/mandela-morreu-viva-mandela\/","title":{"rendered":"Mandela morreu. Viva Mandela!"},"content":{"rendered":"<p>D\u00edas despois da morte de Mandela, despois de que todo o mundo se apunte \u00e1 s\u00faa uni\u00f3n espiritual, coido que cabe lembrar que Mandela era hum\u00e1n. A s\u00faa humanidade implica que outros humanos poideran seguir os seus pasos, algo que negar\u00eda se fora sobrehum\u00e1n, e que ser\u00eda moi negativo para a propia humanidade: reducir\u00eda a s\u00faa capacidade de actuaci\u00f3n, de rebeld\u00eda, de triunfo.<\/p>\n<p>As\u00ed pois, Mandela era hum\u00e1n, si, e ti\u00f1a debilidades. El mesmo gostaba de declararse non santo, a\u00ednda de xeito p\u00edcaro, \u00e9 dicir, tanto no referente \u00e1 santidade abstracta, ideal, das grandes cousas, como en relaci\u00f3n \u00e1 concreta, m\u00ednima, das pequenas cousas. Isa falla de santidade era unha debilidade? Si, era humanidade, caber\u00eda responder.<\/p>\n<p>Como hum\u00e1n, p\u00f3deselle seguir, ir \u00f3 seu car\u00f3n. De ser divino, de ser un mito, poder\u00edaselle seguir s\u00f3 a distancia, de xeito nebuloso. E non se trata neste caso de repetir actitudes como unha relixi\u00f3n, sen\u00f3n de actuar para conseguir unha igualdade humana desterrando a desigualdade inhumana.<\/p>\n<p>Estes d\u00edas hai moitas referenzas ensalzando a Mandela. Das que vin, <a href=\"http:\/\/nules.tissat.es:8080\/alfresco\/d\/d\/workspace\/SpacesStore\/0482a717-e3c4-4f59-8f7c-526b33fa9ec2\/Nelson%20Mandela_6-12-2013_8_LMD214_MANDELA.pdf\">recomendo unha<\/a>, que considero que non o ensalza, sen\u00f3n que tenta un esbozo realista tanto en relaci\u00f3n a Mandela como \u00f3 resultado da s\u00faa acci\u00f3n. E curta, esquem\u00e1tica, pois o tema poder\u00eda levar varios libros. A partir de a\u00ed, p\u00f3dese pasar a ler outras, dende as que titulan a Mandela como algu\u00e9n que non renunciou \u00e1 loita armada a aquelas outras que o sit\u00faan nunha confraternizaci\u00f3n cont\u00ednua, tendendo pontes co inimigo.<\/p>\n<p>Coido que haber\u00eda que distinguir (en Mandela e en xeral, sen distinci\u00f3n entre Gandhi ou Luther King) entre a idea, obxectivo a conseguir, e a estratexia, o xeito estudado para logralo, e m\u00e1is al\u00f3, a persoa que est\u00e1 detr\u00e1s das acci\u00f3ns e dos obxectivos. E v\u00e9nme \u00e1 mente aquelo de &#8216;pensa globalmente, act\u00faa localmente&#8217;, empregado como gu\u00eda ecoloxista e empregable na propia ecolox\u00eda humana que \u00e9 a sociopol\u00edtica. Pensa \u00f3 grande, como hum\u00e1n que tes todas as posibilidades da t\u00faa humanidade, e act\u00faa no pequeno, como hum\u00e1n que tes todas as constricci\u00f3ns da t\u00faa humanidade. Pero pensa e act\u00faa. &#8216;Pensa como persoa de pensamento, act\u00faa como persoa de acci\u00f3n&#8217;, outra das frases program\u00e1ticas que se me te\u00f1en vido moitas voltas \u00e1 cabeza.<\/p>\n<p>Mentras, lembra que outro(s) hum\u00e1n(s) logrou(lograron) grandes cousas, e que ti \u00e9s hum\u00e1n(humana).<\/p>\n<p>Mandela morreu. Viva Mandela!<\/p>\n<p>Por certo, para min ser\u00e1 Mandela. Madiba coido que \u00e9 para os pr\u00f3ximos, e eu son pr\u00f3ximo como humano, quiz\u00e1is polas ideas &#8230; pero usar de cot\u00edo ise nome familiar coido que ser\u00eda como considerarme dentro dun c\u00edrculo no que nin por historia\/familia nin por acci\u00f3n\/m\u00e9ritos chego a estar. Quiz\u00e1is no futuro &#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>D\u00edas despois da morte de Mandela, despois de que todo o mundo se apunte \u00e1 s\u00faa uni\u00f3n espiritual, coido que cabe lembrar que Mandela era hum\u00e1n. A s\u00faa humanidade implica que outros humanos poideran seguir os seus pasos, algo que negar\u00eda se fora sobrehum\u00e1n, e que ser\u00eda moi negativo para a propia humanidade: reducir\u00eda a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,9],"class_list":["post-6979","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6979","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6979"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6979\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6979"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6979"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6979"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}