{"id":6978,"date":"2013-12-09T07:55:00","date_gmt":"2013-12-09T06:55:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:14:42","modified_gmt":"2024-11-12T13:14:42","slug":"27-de-setembro-dia-da-constitucion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2013\/12\/09\/27-de-setembro-dia-da-constitucion\/","title":{"rendered":"27 de setembro, d\u00eda da Constituci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p>Lanzo unha proposta, que o d\u00eda da Constituci\u00f3n pase a ser o 27 de setembro.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Reforma_constitucional_espa%C3%B1ola_de_2011\">O 27 de setembro de 2011 entrou en vigor a reforma da Constituci\u00f3n, pola s\u00faa publicaci\u00f3n no BOE<\/a>. A \u00faltima, na que o povo, n\u00f3s, non tivemos voto porque non nolo deixaron exercer. Cambiouse o <a href=\"https:\/\/www.boe.es\/buscar\/doc.php?id=BOE-A-2011-15210\">artigo 135. O &#8216;novo&#8217;, xunto coas disposici\u00f3ns que o acompa\u00f1an, quedou<\/a>:<\/p>\n<p>&#8221;<\/p>\n<p class=\"sumario\"><em>Reforma do artigo 135 da Constituci\u00f3n espa\u00f1ola, aprobada polas<br \/>\n Cortes Xerais en sesi\u00f3ns plenarias do Congreso dos Deputados, do 26 de<br \/>\nagosto de 2011, e do Senado, do 7 de setembro de 2011. Sancionada pola<br \/>\nS\u00faa Maxestade o Rei o 27 de setembro de 2011.<\/em><\/p>\n<p class=\"centro_redonda\">EXPOSICI\u00d3N DE MOTIVOS<\/p>\n<p class=\"parrafo_2\">M\u00e1is de trinta anos despois da entrada en vigor<br \/>\n da Constituci\u00f3n, formando parte Espa\u00f1a da Uni\u00f3n Econ\u00f3mica e Monetaria<br \/>\nEuropea, que consolida e proxecta as s\u00faas competencias no marco dunha<br \/>\ncrecente gobernanza com\u00fan, e sendo cada vez m\u00e1is evidentes as<br \/>\nrepercusi\u00f3ns da globalizaci\u00f3n econ\u00f3mica e financeira, a estabilidade<br \/>\norzamentaria adquire un valor verdadeiramente estrutural e condicionante<br \/>\n da capacidade de actuaci\u00f3n do Estado, do mantemento e desenvolvemento<br \/>\ndo Estado Social que proclama o artigo 1.1 da propia lei fundamental e,<br \/>\nen definitiva, da prosperidade presente e futura dos cidad\u00e1ns. Un valor,<br \/>\n pois, que xustifica a s\u00faa consagraci\u00f3n constitucional, co efecto de<br \/>\nlimitar e orientar, co maior rango normativo, a actuaci\u00f3n dos poderes<br \/>\np\u00fablicos.<\/p>\n<p class=\"parrafo\">Para chegar ata aqu\u00ed, a salvagarda da<br \/>\nestabilidade orzamentaria xa supuxo un instrumento imprescindible para<br \/>\nlograr a consolidaci\u00f3n fiscal que nos permitiu acceder \u00e1 Uni\u00f3n Econ\u00f3mica<br \/>\n e Monetaria e foi posteriormente recollida en normas de rango<br \/>\nlexislativo.<\/p>\n<p class=\"parrafo\">No mesmo sentido, o Pacto de Estabilidade e<br \/>\nCrecemento ten como finalidade previr a aparici\u00f3n dun d\u00e9ficit<br \/>\norzamentario excesivo na zona euro, dando as\u00ed confianza na estabilidade<br \/>\necon\u00f3mica da devandita zona e garantindo unha converxencia sustentada e<br \/>\nduradeira das econom\u00edas dos Estados membros.<\/p>\n<p class=\"parrafo\">A actual situaci\u00f3n econ\u00f3mica e financeira,<br \/>\nmarcada por unha profunda e prolongada crise, non fixo sen\u00f3n reforzar a<br \/>\nconveniencia de levar o principio de referencia \u00e1 nosa Constituci\u00f3n, co<br \/>\nobxecto de fortalecer a confianza na estabilidade da econom\u00eda espa\u00f1ola a<br \/>\n medio e longo prazo.<\/p>\n<p class=\"parrafo\">A presente reforma do artigo 135 da Constituci\u00f3n<br \/>\nespa\u00f1ola persegue, por tanto, garantir o principio de estabilidade<br \/>\norzamentaria, vinculando todas as administraci\u00f3ns p\u00fablicas na s\u00faa<br \/>\nconsecuci\u00f3n, reforzar o compromiso de Espa\u00f1a coa Uni\u00f3n Europea e, ao<br \/>\nmesmo tempo, garantir a sustentabilidade econ\u00f3mica e social do noso<br \/>\npa\u00eds.<\/p>\n<p class=\"sangrado_articulo\">Artigo \u00fanico.<\/p>\n<p class=\"sangrado\">O artigo 135 da Constituci\u00f3n espa\u00f1ola queda redactado como segue:<\/p>\n<p class=\"sangrado_2\">\u00ab1. Todas as administraci\u00f3ns p\u00fablicas adecuar\u00e1n as s\u00faas actuaci\u00f3ns ao principio de estabilidade orzamentaria.<\/p>\n<p class=\"sangrado\">2. O Estado e as Comunidades Aut\u00f3nomas non<br \/>\npoder\u00e1n incorrer nun d\u00e9ficit estrutural que supere as marxes<br \/>\nestablecidas, de ser o caso, pola Uni\u00f3n Europea para os seus Estados<br \/>\nmembros.<\/p>\n<p class=\"sangrado\">Unha lei org\u00e1nica fixar\u00e1 o d\u00e9ficit estrutural<br \/>\nm\u00e1ximo permitido ao Estado e \u00e1s Comunidades Aut\u00f3nomas, en relaci\u00f3n co<br \/>\nseu produto interior bruto. As entidades locais deber\u00e1n presentar<br \/>\nequilibrio orzamentario.<\/p>\n<p class=\"sangrado\">3. O Estado e as Comunidades Aut\u00f3nomas deber\u00e1n estar autorizados por lei para emitir d\u00e9beda p\u00fablica ou contraer cr\u00e9dito.<\/p>\n<p class=\"sangrado\">Os cr\u00e9ditos para satisfacer os xuros e o capital<br \/>\n da d\u00e9beda p\u00fablica das administraci\u00f3ns entenderanse sempre inclu\u00eddos no<br \/>\nestado de gastos dos seus orzamentos e o seu pagamento gozar\u00e1 de<br \/>\nprioridade absoluta. Estes cr\u00e9ditos non poder\u00e1n ser obxecto de emenda ou<br \/>\n modificaci\u00f3n, mentres se axusten \u00e1s condici\u00f3ns da lei de emisi\u00f3n.<\/p>\n<p class=\"sangrado\">O volume de d\u00e9beda p\u00fablica do conxunto das<br \/>\nadministraci\u00f3ns p\u00fablicas en relaci\u00f3n co produto interior bruto do Estado<br \/>\n non poder\u00e1 superar o valor de referencia establecido no Tratado de<br \/>\nfuncionamento da Uni\u00f3n Europea.<\/p>\n<p class=\"sangrado\">4. Os l\u00edmites de d\u00e9ficit estrutural e de volume<br \/>\nde d\u00e9beda p\u00fablica s\u00f3 poder\u00e1n superarse en caso de cat\u00e1strofes naturais,<br \/>\nrecesi\u00f3n econ\u00f3mica ou situaci\u00f3ns de emerxencia extraordinaria que<br \/>\nescapen ao control do Estado e prexudiquen considerablemente a situaci\u00f3n<br \/>\n financeira ou a sustentabilidade econ\u00f3mica ou social do Estado,<br \/>\napreciadas pola maior\u00eda absoluta dos membros do Congreso dos Deputados.<\/p>\n<p class=\"sangrado\">5. Unha lei org\u00e1nica desenvolver\u00e1 os principios a<br \/>\n que se refire este artigo, as\u00ed como a participaci\u00f3n, nos procedementos<br \/>\nrespectivos, dos \u00f3rganos de coordinaci\u00f3n institucional entre as<br \/>\nadministraci\u00f3ns p\u00fablicas en materia de pol\u00edtica fiscal e financeira. En<br \/>\ntodo caso, regular\u00e1:<\/p>\n<p class=\"sangrado_2\">a) A distribuci\u00f3n dos l\u00edmites de d\u00e9ficit e de<br \/>\nd\u00e9beda entre as distintas administraci\u00f3ns p\u00fablicas, os supostos<br \/>\nexcepcionais de superaci\u00f3n deles e a forma e prazo de correcci\u00f3n das<br \/>\ndesviaci\u00f3ns que sobre un e outro puideren producirse.<\/p>\n<p class=\"sangrado\">b) A metodolox\u00eda e o procedemento para o c\u00e1lculo do d\u00e9ficit estrutural.<\/p>\n<p class=\"sangrado\">c) A responsabilidade de cada administraci\u00f3n p\u00fablica en caso de incumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria.<\/p>\n<p class=\"sangrado_2\">6. As Comunidades Aut\u00f3nomas, de acordo cos<br \/>\nseus respectivos Estatutos e dentro dos l\u00edmites a que se refire este<br \/>\nartigo, adoptar\u00e1n as disposici\u00f3ns que procedan para a aplicaci\u00f3n<br \/>\nefectiva do principio de estabilidade nas s\u00faas normas e decisi\u00f3ns<br \/>\norzamentarias\u00bb.<\/p>\n<p class=\"articulo\">Disposici\u00f3n adicional \u00fanica.<\/p>\n<p class=\"parrafo\">1. A lei org\u00e1nica prevista no artigo 135 da Constituci\u00f3n espa\u00f1ola deber\u00e1 estar aprobada antes do 30 de xu\u00f1o de 2012.<\/p>\n<p class=\"parrafo\">2. A devandita lei fixar\u00e1 os mecanismos que<br \/>\npermitan o cumprimento do l\u00edmite de d\u00e9beda a que se refire o artigo<br \/>\n135.3 da Constituci\u00f3n espa\u00f1ola.<\/p>\n<p class=\"parrafo\">3. Os l\u00edmites de d\u00e9ficit estrutural establecidos no artigo 135.2 da Constituci\u00f3n espa\u00f1ola entrar\u00e1n en vigor a partir de 2020.<\/p>\n<p class=\"articulo\">Disposici\u00f3n derradeira \u00fanica.<\/p>\n<p class=\"parrafo\">A presente reforma do artigo 135 da Constituci\u00f3n<br \/>\nespa\u00f1ola entrar\u00e1 en vigor o mesmo d\u00eda da publicaci\u00f3n do seu texto<br \/>\noficial no \u00abBolet\u00edn Oficial del Estado\u00bb. Publicarase tam\u00e9n nas demais<br \/>\nlinguas de Espa\u00f1a.<\/p>\n<p>&#8221;<\/p>\n<p>Non entendo moi ben como o Rei puido sancionar a reforma o 27 se o mesmo 27 estaba publicada xa no BOE, pero iso \u00e9 outra cousa: como a reforma \u00e9 expr\u00e9s, \u00f3 mellor atropelou a algu\u00e9n. <\/p>\n<p>Voltando \u00e1 proposta, coido que as\u00ed quedar\u00eda claro, entre outras cousas: <\/p>\n<p>1.que a Constituci\u00f3n espa\u00f1ola xa foi reformada, e polo tanto, non hai inconvinte en voltar facelo.<\/p>\n<p>2.que agas\u00e1llannos con que non te\u00f1amos que facer o doloroso traballo do voto sobre as normas que nos gobernan<\/p>\n<p>3.quenes nos gobernan en realidade<\/p>\n<p>4.de onde prov\u00e9n a lexitimidade normativa actual<\/p>\n<p>E polo tanto, poderiamos tirar consecuencias de cara a unha nova reforma da constituci\u00f3n, a quen temos que protestar e contra quen temos que manifestarnos, etc.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Lanzo unha proposta, que o d\u00eda da Constituci\u00f3n pase a ser o 27 de setembro. O 27 de setembro de 2011 entrou en vigor a reforma da Constituci\u00f3n, pola s\u00faa publicaci\u00f3n no BOE. A \u00faltima, na que o povo, n\u00f3s, non tivemos voto porque non nolo deixaron exercer. Cambiouse o artigo 135. O &#8216;novo&#8217;, xunto [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,13,9],"class_list":["post-6978","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6978","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6978"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6978\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6978"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6978"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6978"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}