{"id":6966,"date":"2013-12-26T15:07:00","date_gmt":"2013-12-26T14:07:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:14:22","modified_gmt":"2024-11-12T13:14:22","slug":"o-discurso-do-rei","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2013\/12\/26\/o-discurso-do-rei\/","title":{"rendered":"O discurso do rei"},"content":{"rendered":"<p>A\u00ednda hai non moito tempo que vin a pel\u00edcula &#8216;El discurso del rey&#8217;. Trataba, trama mediante, da importancia concedida \u00e1s formas nun discurso, ninguneando o contido. No caso da pel\u00edcula, as formas eran as que fan posible o discurso, a fluidez verbal.<\/p>\n<p>Veume \u00e1 memoria o tema polo discurso de Juan Carlos o outro d\u00eda, no que o fondo queda invisible polas formas. E xa non me refiro \u00f3 tema do desexo da abdicaci\u00f3n, \u00e9 dicir, da mesma figura do rei, sen\u00f3n a algo m\u00e1is sinxelo, \u00e1s ideas verquidas. Houbo un pr\u00f3logo, que foi a nova das cadeas que non o emitiron (polo que parece, que algunha privada se puxera de folga cando o discurso, iso non conta), nunha li\u00f1a de consideralas &#8216;non leais&#8217;, como se ise f\u00f3ra &#8216;o&#8217; tema dun discurso que a xente fala expl\u00edcitamente de non ver. E un post discurso, do que vin os titulares e que pasa por an\u00e1lise do mesmo cando queda nos temas e non nas ideas que soportan o que di.<\/p>\n<p>A m\u00e1is diso, \u00e9 curioso que se analice o discurso de algu\u00e9n que en teor\u00eda alomenos non goberna, sen\u00f3n sinxelamente preside. Pero m\u00e1is a\u00ednda, alomenos para min, \u00e9 a falta de memoria das an\u00e1lises sobre as ausencias contraditorias e comparaci\u00f3n con anteriores discursos pr\u00f3ximos. Sobre a ausencia daquel fondo &#8216;todos somos iguais fronte \u00e1 lei&#8217; que parece que dixo o ano pasado. Sobre o balanceo de temas que parece (por non dicir &#8216;\u00e9&#8217;) un botar bal\u00f3ns f\u00f3ra, collendo un laudo \u00e1 unidade do estado, dun estado plurinacional sen consideralo como tal, para apartar a mirada de cousas con m\u00e1is enxundia. \u00d3 tempo, da m\u00e1is le\u00f1a \u00f3 lume que est\u00e1n a arroxarse os partidos nacionalistas dunha e outra beira: un esprito moi navide\u00f1o.<\/p>\n<p>Discurso do rei &#8230; Fluidez verbal? Hai vida m\u00e1is al\u00f3?<\/p>\n<p>Nota: como parece que sequere situar\/queren situalo m\u00e1is al\u00f3 da pol\u00edtica, fago a concesi\u00f3n: na etiqueta vai &#8216;sociedade&#8217;, como cando na Comarca se daba nota das idas e vidas de viaxeiros dende\/ata Ribadeo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A\u00ednda hai non moito tempo que vin a pel\u00edcula &#8216;El discurso del rey&#8217;. Trataba, trama mediante, da importancia concedida \u00e1s formas nun discurso, ninguneando o contido. No caso da pel\u00edcula, as formas eran as que fan posible o discurso, a fluidez verbal. Veume \u00e1 memoria o tema polo discurso de Juan Carlos o outro d\u00eda, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9],"class_list":["post-6966","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6966","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6966"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6966\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6966"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6966"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6966"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}