{"id":6965,"date":"2013-12-27T09:14:00","date_gmt":"2013-12-27T08:14:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:14:21","modified_gmt":"2024-11-12T13:14:21","slug":"adicacions","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2013\/12\/27\/adicacions\/","title":{"rendered":"Adicaci\u00f3ns"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Que non sexa porque non se lle adique o seu nome!<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Algo as\u00ed deberon pensar dende que a humanidade ten lembranza quenes lle puxeron nomes \u00e1s cousas. Quenes lle puxeron nome de persoa pero tam\u00e9n quenes lle puxeron nome de lugar, do que ti\u00f1a antes o lugar.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Fal\u00e1ronme xa varias veces dun movemento internacional que deu lugar a orientaci\u00f3ns para tentar aproveitar os nomes de lugares e que non se perdese a toponimia por facer unha honra a persoas, que sempre poder\u00edan ser cambiadas segundo os gustos ou ideas do momento. Isas directrices en Ribadeo parece que queren ignorarse ante a lenda que aparece nunha conmemoraci\u00f3n no Sal\u00f3n de Plenos: honra merece quen \u00f3 pobo honra. E vela\u00ed que entre hoxe e ma\u00f1\u00e1 van d\u00e1rselle nome oficial a oito novas r\u00faas e prazas, a maior\u00eda de persoas, como di o comunicado, &#8220;nomes de persoeiros ilustres de aqu\u00ed de<br \/>\nRibadeo ou que tiveran un compromiso importante con Ribadeo e coas s\u00faas<br \/>\nxentes, un compromiso con Galicia ou un fondo esp\u00edrito humanista&#8221;. Voltar\u00e1n a po\u00f1erse sen referenzas que faga delas algo m\u00e1is ca un nome vac\u00edo que sexa necesario encher cun <a href=\"http:\/\/www.edu.xunta.es\/centros\/iesdionisioribadeo\/system\/files\/1-+Os+nomes+das+r%C3%BAas+de+Ribadeo+%28web%29.pdf\">libri\u00f1o coma iste<\/a>? C\u00e1nto tardar\u00e1 en facerse?<\/p>\n<p class=\"antetitulo\"><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Embaixo queda a copia da ligaz\u00f3n <a href=\"http:\/\/ribadeo.org\/actualidade\/nova.php?id=1427&amp;lg=gal\">http:\/\/ribadeo.org\/actualidade\/nova.php?id=1427&amp;lg=gal<\/a> \u00e1 nova na web do concello:<\/p>\n<p class=\"antetitulo\">HABER\u00c1 ACTOS DE DESCUBRIMENTO DE PRACAS<\/p>\n<h3 class=\"antel\">\nNovas r\u00faas<\/h3>\n<p><span class=\"data\">26\/12\/2013<\/span> <\/p>\n<p class=\"intro\">Oito r\u00faas e espazos p\u00fablicos recibir\u00e1n ma\u00f1\u00e1 e o<br \/>\ns\u00e1bado nomes de top\u00f3nimos ou de persoeiros ilustres vinculados con este<br \/>\nconcello. O rexedor convida aos veci\u00f1os e veci\u00f1as desas zonas a asistir<br \/>\naos actos de inauguraci\u00f3n e tam\u00e9n a todas as persoas que queiran<br \/>\nasistir.<\/p>\n<p>O alcalde, Fernando Su\u00e1rez, dixo que &#8220;desde o Concello de Ribadeo<br \/>\nnon queremos acabar o ano sen inaugurar estas r\u00faas que estaban pendentes<br \/>\n de descubrirlles a praca correspondente despois de que hai varios meses<br \/>\n xa a Corporaci\u00f3n Municipal acordara de maneira un\u00e1nime darlle unha<br \/>\ndenominaci\u00f3n a estas r\u00faas, avenidas ou espazos p\u00fablicos, tomando nomes<br \/>\nde top\u00f3nimos, nomes de lugar, nomes de persoeiros ilustres de aqu\u00ed de<br \/>\nRibadeo ou que tiveran un compromiso importante con Ribadeo e coas s\u00faas<br \/>\nxentes, un compromiso con Galicia ou un fondo esp\u00edrito humanista&#8221;. <\/p>\n<p>Ma\u00f1\u00e1,<br \/>\n 27 de decembro, \u00e1s 18 horas ser\u00e1 a inauguraci\u00f3n da praza da M\u00fasica. A<br \/>\nCorporaci\u00f3n quixo darlle tratamento oficial ao nome popular deste espazo<br \/>\n desde hai uns anos. \u00c1s 18:30 horas ser\u00e1 o acto na r\u00faa do Pipelo. Neste<br \/>\ncaso a Corporaci\u00f3n quixo recuperar o top\u00f3nimo do regato que levaba ese<br \/>\nnome e que \u00eda desde Ove ata o casco vello pasando polo lavadoiro dos<br \/>\nFornos. E \u00e1s 19 horas ter\u00e1 lugar a inauguraci\u00f3n da r\u00faa Antonio Rodr\u00edguez<br \/>\n Darriba. A Corporaci\u00f3n quixo reco\u00f1ecer a labor e o altru\u00edsmo deste<br \/>\nm\u00e9dico ribadense cos m\u00e1is necesitados. <\/p>\n<p>Xa o s\u00e1bado, 28 de<br \/>\ndecembro, \u00e1s 12 do mediod\u00eda ser\u00e1 o acto de inauguraci\u00f3n da r\u00faa Juan<br \/>\nSu\u00e1rez Acevedo. A Corporaci\u00f3n quixo reco\u00f1ecer a importancia deste<br \/>\ndestacado ribadense, profesor e intelectual humanista. \u00c1s 12:30 horas<br \/>\ndesenvolverase o acto na r\u00faa da Lodeira. Neste caso a Corporaci\u00f3n quixo<br \/>\nmanter o top\u00f3nimo deste entorno d\u00e1ndolle o nome \u00e1 r\u00faa principal. \u00c1s<br \/>\n12:50 ser\u00e1 inaugurada a r\u00faa Irm\u00e1ns Su\u00e1rez Couto, aos que a Corporaci\u00f3n<br \/>\nquixo reco\u00f1ecer o traballo e entrega ao mundo da cultura, da t\u00e9cnica e<br \/>\nda innovaci\u00f3n destes ribadenses egrexios. Para as 13:10 est\u00e1 prevista a<br \/>\ninauguraci\u00f3n da r\u00eda Irm\u00e1ns P\u00e9rez Prieto. A Corporaci\u00f3n quixo reco\u00f1ecer o<br \/>\n traballo, o fondo esp\u00edrito altru\u00edsta e o sobranceiro galeguismo destes<br \/>\ndous ribadenses egrexios. E os actos rematar\u00e1n \u00e1s 13:30 horas na r\u00faa da<br \/>\nIlla Pancha. A Corporaci\u00f3n quixo oficializar o nome nunha r\u00faa dun<br \/>\nmarabilloso e singular espazo da costa ribadense.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;Que non sexa porque non se lle adique o seu nome! &nbsp;&nbsp; &nbsp;Algo as\u00ed deberon pensar dende que a humanidade ten lembranza quenes lle puxeron nomes \u00e1s cousas. Quenes lle puxeron nome de persoa pero tam\u00e9n quenes lle puxeron nome de lugar, do que ti\u00f1a antes o lugar. &nbsp;&nbsp; &nbsp;Fal\u00e1ronme xa varias veces dun [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9],"class_list":["post-6965","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6965","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6965"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6965\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6965"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6965"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6965"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}