{"id":6961,"date":"2013-12-31T11:23:00","date_gmt":"2013-12-31T10:23:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:14:09","modified_gmt":"2024-11-12T13:14:09","slug":"a-mentira-como-estratexia-politica-do_9963","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2013\/12\/31\/a-mentira-como-estratexia-politica-do_9963\/","title":{"rendered":"A MENTIRA COMO ESTRATEXIA POL\u00cdTICA DO PP. Artigo de Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez D\u00edaz"},"content":{"rendered":"<p>A\u00ednda que resulte duro facelo, danse situaci\u00f3ns \u00e1s veces que esixen &#8220;po\u00f1er unha pica en Flandes&#8221; en defensa da verdade. Afeitos a convivir nestes \u00faltimos tempos coa utilizaci\u00f3n da mentira como arma pol\u00edtica &#8211; un contravalor convertido en moeda corrente por moitos dos nosos pol\u00edticos &#8211; hai momentos en que se imp\u00f3n facer fronte a tanta manipulaci\u00f3n e mentira, do &#8220;todo vale&#8221; con tal de enganar os cidad\u00e1ns para atraer o seu voto.<\/p>\n<p>\u00c9 por iso que &#8211; e f\u00e1goo en defensa da verdade neste episodio no que fun protagonista &#8211; me vexo obrigado a facer as seguintes precisi\u00f3ns \u00e1s declaraci\u00f3ns feitas polo presidente provincial de NN.XX. do PP, Daniel Veiga, publicadas recentemente en alg\u00fans medios escritos de comunicaci\u00f3n. Tres afirmaci\u00f3ns que pola s\u00faa falsidade falan do curto percorrido que a este dirixente o agarda o eido da pol\u00edtica.<\/p>\n<p>Afirma \ufeffnelas o mencionado persoeiro que &#8220;A Xunta foi a primeria en po\u00f1er cartos sobor da mesa para constru\u00edr o futuro xeri\u00e1trico ribadense&#8221;. Pero os feitos, Sr. Veiga, son irrefutables e desmenten a s\u00faa afirmaci\u00f3n convert\u00e9ndoa nunha mentira. \u00c9 certo que o d\u00eda 13 de xaneiro de 2013 a Conselleira de Benestar accede a colaborar co noso proxecto, pero non cunha oferta de di\u00f1eiro sobor da mesa, como vostede afirma. A s\u00faa oferta nesa data c\u00ednguese unicamente a certo n\u00famero de prazas concertadas, rexeitando toda colaboraci\u00f3n econ\u00f3mica. \u00c9 a Deputaci\u00f3n Provincial a primeira que o d\u00eda 24 de abril do ano 2013 pon sobor da mesa a s\u00faa oferta econ\u00f3mica consistente en achegar a metade do custo da construci\u00f3n, sempre que a Conseller\u00eda po\u00f1a a outra metade. A primeira oferta financeira, consistente en 500.000 euros, posta pola Conseller\u00eda sobor da mesa, pero que ainda hoxe non est\u00e1 rubricada, tivo lugar o d\u00eda 9 de setembro do ano 2013, cantidade na que a Conselleira se estanca definitivamente a pesar de ser a responsable da prestaci\u00f3n destes servizos; mentres que a Deputaci\u00f3n Provincial aumenta a s\u00faa oferta en m\u00e1is de 1.828.000 euros. A s\u00faa alegre e lixeira afirmaci\u00f3n, como ve, non \u00e9 m\u00e1is que un reclamo doloso para atraer futuros votantes ao seu bando.<\/p>\n<p>Afirma deseguido que &#8220;E se o PP gobernase en Ribadeo xa estar\u00eda (o xeri\u00e1trico) feito porque non perder\u00eda o tempo en pancartas&#8221;. Pois ben, como todos moi ben saben, o PP estivo a gobernar en Ribadeo durante 8 anos, dende 1995 ata 2003, sendo alcalde o Sr. Rodr\u00edguez Andina, e tendo na Xunta un goberno da mesma cor pol\u00edtica para axudarlle economicamente. \u00bfPor qu\u00e9 non fixo daquela, xa que logo, a residencia e agora pretende facernos crer que s\u00ed a far\u00edan? E en canto \u00e1s pancartas, que vde. tanto critica, non foron outra cousa que a expresi\u00f3n do dereito \u00e1 manifestaci\u00f3n p\u00fablica que en democracia te\u00f1en os cidad\u00e1ns para reclamar os seus dereitos, como \u00e9 o de ser escoitados nas s\u00faas demandas sobre todo cando os medios normales non funcionan. E concl\u00fae o citado presidente de NN.XX. afirmando que &#8220;A xuntanza que se tivo coa Conselleira do ramo en Santiago f\u00edxose grazas ao PP ribadense&#8221;. Esta \u00faltima afirmaci\u00f3n, vendida anteriormente por outros pol\u00edticos locais do PP, \u00e9 sen d\u00fabida verdade, pero tam\u00e9n expresiva de c\u00f3mo o PP entende o exercicio democr\u00e1tico do poder. Perm\u00edtame, pois, facer sobor desto as seguintes matizaci\u00f3ns: a) O d\u00eda 30 de maio do ano 2011 a Plataforma de Veci\u00f1os solicita \u00e1 Conselleira unha entrevista para expo\u00f1erlle a necesidade dunha nova residencia en Ribadeo, solicitude apoiada por 2.225 firmas de veci\u00f1os. A s\u00faa resposta foi un solemne silencio. Reit\u00e9rase esta solicitude en varias ocasi\u00f3ns posteriores e por diversos medios e persoas interpostas, como a Delegada Territorial da Conseller\u00eda, Raquel Arias, logo polo voceiro do PP no concello, Sr. Val\u00edn, e mesmo por todos os voceiros dos partidos no concello conxuntamente e sempre con resultado negativo. En fin, un permanente silencio \u00e1s nosas demandas que unicamente se rompe coa mediaci\u00f3n, ao parecer, dos responsables do PP local, uns d\u00edas antes do 11 de xaneiro do ano 2013, data na que a Conselleira por fin se digna recibirnos por vez primeira, gracias polo visto a s\u00faa mediaci\u00f3n. A interpretaci\u00f3n deste protocolo \u00e9, pois, a seguinte: que a Conselleira accede a escoitar a nosa demanda, forzada non pola s\u00faa obriga de escoltar e servir aos administrados sen\u00f3n polos intereses do seu partido. Noutras palabras, que o PP goberna mirando polo seu propio beneficio antes que polo interese dos administrados. Pero, mire e non esqueza que non todo o que d\u00ed a Biblia e verdade pois hai unha afirmaci\u00f3n na que creo que se engana: que \u201co n\u00famero dos tontos \u00e9 infinito\u201d.&nbsp;<\/p>\n<p><em>&nbsp;<\/em><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/05\/lembrando-jose-maria-rodriguez-obras.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Obras de Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez<\/a><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A\u00ednda que resulte duro facelo, danse situaci\u00f3ns \u00e1s veces que esixen &#8220;po\u00f1er unha pica en Flandes&#8221; en defensa da verdade. Afeitos a convivir nestes \u00faltimos tempos coa utilizaci\u00f3n da mentira como arma pol\u00edtica &#8211; un contravalor convertido en moeda corrente por moitos dos nosos pol\u00edticos &#8211; hai momentos en que se imp\u00f3n facer fronte a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[20,13],"class_list":["post-6961","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-jose-ma-rodriguez","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6961","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6961"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6961\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6961"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6961"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6961"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}