{"id":6957,"date":"2014-01-07T13:12:00","date_gmt":"2014-01-07T12:12:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:14:03","modified_gmt":"2024-11-12T13:14:03","slug":"beben-y-beben-y-vuelven-beber","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2014\/01\/07\/beben-y-beben-y-vuelven-beber\/","title":{"rendered":"Beben y beben y vuelven a beber"},"content":{"rendered":"<p>Beben<br \/>\ny beben y vuelven a beber, los peces en el r\u00edo \u2026 a raz\u00f3n dunhas<br \/>\ncantas veces \u00f3 d\u00eda durante un par de semanas (alomenos) os \u00faltimos<br \/>\n-moitos xa- anos, iso \u00e9 o que dic\u00eda unha e outra volta a panxoli\u00f1a.<br \/>\nOs peixes deben estar xa afogados.<\/p>\n<p>\u00d3 comezo deste \u00faltimo conxunto de sesi\u00f3ns anuais de<br \/>\nsuposta graza navide\u00f1a, lin en internet, escrito por un ribadense e<br \/>\nrefer\u00edndose a Ribadeo: \u201cO dos altavoces cos putos villancicos a<br \/>\ntodas horas en cada esquina \u00e9 terrorismo. A ver se ven unha<br \/>\nciclog\u00e9nesis explosiva criminal, ou d\u00faas, e os manda ata Siberia<br \/>\npolo menos\u201d. Non reproduzo todos os comentarios \u00f3s que vin que<br \/>\ndera lugar&#8230; dende aquela, nin e coment\u00e1ronme unha morea de veces<br \/>\ncousas semellantes en maior ou menor grao. Hoxe xa rematou esta tanda<br \/>\nde m\u00fasica feita ru\u00eddo indesexable.<\/p>\n<p>Como a moita outra xente, g\u00fastame a m\u00fasica. A que eu<br \/>\nelixo, non a que me impo\u00f1en. Cando quero, non de xeito repetitivo,<br \/>\nmachac\u00f3n, non deixando espazo \u00e1 tranquilidade, \u00f3 desfrute ou \u00f3<br \/>\npensamento. Relaxada, non estipulada como traballo, t\u00f3dolos d\u00edas \u00e1s<br \/>\ndez da ma\u00f1\u00e1 (desta volta, un pouco antes, quen puxo o programador<br \/>\ndeb\u00eda ter o reloxo un pouco adiantado), sexa de diario ou domingo,<br \/>\nou mesmo o d\u00eda de ano novo, \u2018amenizando\u2019 as r\u00faas vac\u00edas a<br \/>\naquela hora, ou competindo, sobremont\u00e1ndose \u00e1 do m\u00fasico de r\u00faa<br \/>\nm\u00e1is pr\u00f3ximo.<\/p>\n<p>De \u00f3nde ven que haxa que atormentar os o\u00eddos no Nadal?<br \/>\nCre algu\u00e9n que as\u00ed se consigue esprito navide\u00f1o? Cre algu\u00e9n que<br \/>\nas\u00ed se incrementan as vendas?<\/p>\n<p>De \u00f3nde, non sei a ben seguro, dos centros comerciais &#8216;cerrados&#8217;, con<br \/>\nm\u00fasica m\u00e1is baixa porque non te\u00f1en que facer fronte a outros<br \/>\nru\u00eddos da vida diaria, e con m\u00fasica m\u00e1is variada.<\/p>\n<p>O \u2018esprito navide\u00f1o\u2019? Cecais o que se pretende ten<br \/>\npouco que ver co tal \u2018esprito\u2019, e m\u00e1is co tema da pregunta<br \/>\nseguinte, o medre das vendas. En todo caso, pode que se perdera a<br \/>\nansia dos compradores por falta de tranquilidade para organizar a<br \/>\ncompra. Andiven pola rede na procura de datos ou estudos, e non<br \/>\natopei un s\u00f3 estudo que diga algo como \u2018unha m\u00fasica melindrosa<br \/>\nrepetida ata a saciedade nun amplo espazo p\u00fablico incrementa as<br \/>\nansias de compra da xente e as ganancias dos vendedores no entorno de<br \/>\ndito espazo\u2019. Non. Hai estudos sobre o pracer da escoita de m\u00fasica<br \/>\npara que os establecementos sexan atractivos, pero non pasan por<br \/>\ncousas como po\u00f1er m\u00fasica \u2018de \u00e9poca\u2019 de xeito empalagosamente<br \/>\nrepetitivo. Dir\u00eda que a m\u00e1is dunha persoa lle provoca o efecto<br \/>\ncontrario, de fuxida a lugares onde non se poda escoitar, un ano<br \/>\nm\u00e1is. E, en canto \u00f3 esprito de Nadal, rem\u00edtome \u00e1 cita de internet<br \/>\n&#8230;<\/p>\n<p>Hora de pensar nalg\u00fan cambio?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Beben y beben y vuelven a beber, los peces en el r\u00edo \u2026 a raz\u00f3n dunhas cantas veces \u00f3 d\u00eda durante un par de semanas (alomenos) os \u00faltimos -moitos xa- anos, iso \u00e9 o que dic\u00eda unha e outra volta a panxoli\u00f1a. Os peixes deben estar xa afogados. \u00d3 comezo deste \u00faltimo conxunto de sesi\u00f3ns [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,23],"class_list":["post-6957","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-musica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6957","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6957"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6957\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6957"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6957"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6957"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}