{"id":6955,"date":"2014-01-10T08:02:00","date_gmt":"2014-01-10T07:02:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:14:00","modified_gmt":"2024-11-12T13:14:00","slug":"chegaron-as-actas-de-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2014\/01\/10\/chegaron-as-actas-de-ribadeo\/","title":{"rendered":"Chegaron as actas de Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>Corto e pego a nova dende a <a href=\"http:\/\/ribadeo.org\/actualidade\/nova.php?id=1433&amp;lg=gal\">p\u00e1xina co concello<\/a>:<\/p>\n<p>&#8221;<\/p>\n<p class=\"antetitulo\">DESDE ESTA TARDE EST\u00c1N NO CONCELLO<\/p>\n<h3 class=\"antel\">\nLibros restaurados<\/h3>\n<p><span class=\"data\">09\/01\/2014<\/span> <\/p>\n<p class=\"intro\">O alcalde, Fernando Su\u00e1rez, recolleu hoxe na<br \/>\nsede do Arquivo do Reino de Galicia os preto de 40 libros dos s\u00e9culos<br \/>\nXVI e XIX que foran remitidos desde o Concello para a s\u00faa restauraci\u00f3n<br \/>\nhai uns trinta anos. Os exemplares, moitos libros de actas, est\u00e1n<br \/>\ndepositados na Secretar\u00eda Xeral do Concello e estar\u00e1n a disposici\u00f3n<br \/>\ndaqueles estudosos que queiran co\u00f1ecer un pouco m\u00e1is da historia de<br \/>\nRibadeo.<\/p>\n<p>Su\u00e1rez Barcia explicou que &#8220;por fin xa est\u00e1 en poder do Concello de<br \/>\nRibadeo toda esta documentaci\u00f3n hist\u00f3rica que hai uns 30 anos o noso<br \/>\nConcello lle remitiu ao Arquivo Hist\u00f3rico de Galicia para proceder \u00e1 s\u00faa<br \/>\n restauraci\u00f3n, dado que se atopaban en moi mal estado de conservaci\u00f3n.<br \/>\nAgora por fin teremos estes libros de actas que van desde o s\u00e9culo XVI<br \/>\nata o XIX, hai tam\u00e9n libros relacionados co porto comercial de Ribadeo e<br \/>\n unha serie de documentaci\u00f3n hist\u00f3rica que seguro far\u00e1 as delicias de<br \/>\nmoitos historiadores e de xente que quere co\u00f1ecer m\u00e1is do noso pasado&#8221;. O<br \/>\n rexedor lembrou que &#8220;Ribadeo non \u00e9 unha entelequia que se creara hai<br \/>\ncen anos, sen\u00f3n que ten unha grande historia&nbsp; e esa historia documentada<br \/>\n \u00e9 a que non se debe perder e \u00e9 a que todos estes restauradores<br \/>\nestiveron a facer&#8221;. <\/p>\n<p>O alcalde ribadense engadiu que &#8220;agora estes<br \/>\nlibros pasar\u00e1n a formar parte do arquivo hist\u00f3rico do Concello de<br \/>\nRibadeo, e poder\u00e1n estar a disposici\u00f3n, con todas as cautelas<br \/>\nnecesarias, daquelas persoas que, polo seu co\u00f1ecemento hist\u00f3rico ou pola<br \/>\n s\u00faa cuesti\u00f3n de investigaci\u00f3n, queiran interpretar, ler e saber un<br \/>\npouco m\u00e1is da nosa historia&#8221;. <\/p>\n<p>Fernando Su\u00e1rez anunciou que &#8220;desde<br \/>\n o Concello tentaremos iniciar un tr\u00e1mite de dixitalizaci\u00f3n para que<br \/>\ntoda esta informaci\u00f3n poida estar ao alcance de todos e ao mesmo tempo<br \/>\nque sirva para que os veci\u00f1os e as veci\u00f1as de Ribadeo poidan saber un<br \/>\npouco m\u00e1is da historia pasada ou incluso remota, nalg\u00fans casos, do noso<br \/>\nconcello&#8221;. <\/p>\n<p>Os libros at\u00f3panse desde esta tarde no Concello. Al\u00ed<br \/>\nse deron cita o alcalde, a concelleira de Cultura e representantes dos<br \/>\npartidos pol\u00edticos da Corporaci\u00f3n Municipal ribadense.&#8221; <\/p>\n<p>Vale, as actas, est\u00e1n en Ribadeo. Estaban en mal estado e lev\u00e1ronse a reparar. Parece evidente que, a parte do seu valor, non se consideraron moito cando levaban al\u00ed &#8216;uns trinta&#8217; anos e foron redescobertas. Por outra banda, obviando o tema anterior, o alcalde fala de tentar iniciar un tr\u00e1mite de dixitalizaci\u00f3n, pero despois de pasar a formar parte do arquivo hist\u00f3rico cun acceso restrinxido. A verdade, despois de trinta anos, o proceso poder\u00eda alongarse un pouco para ser o contrario: primeiro, dixitalizarse e logo, pasar o arquivo para o seu uso restrinxido.<\/p>\n<p>E \u00e9 que o c\u00f3mo se podan ver vai marcar o seu uso, e a recuperaci\u00f3n despois de trinta anos era unha ocasi\u00f3n para que a cidadan\u00eda se interesara polo tema e o collera doutro xeito do que o coller\u00e1 cando se faga o escaneo (que alg\u00fan d\u00eda se far\u00e1). Por outra banda, se os documentos se cargan en internet nun formato e forma que permita a total accesibilidade, pode sinxelamente dar outra visi\u00f3n do que foi (e \u00e9) Ribadeo. Se se vai quedar a cousa durante longo tempo en poder consultar os tomos no mesmo concello, quedar\u00e1 reducido \u00f3 estudo por parte de dous interesados e co\u00f1ecerase o que sexa a traverso dos seus ollos e a s\u00faa mente.<\/p>\n<p>Coido que non \u00e9 que haxa nada de particular esperando a priori, pero o mero feito de consultar algunha parte ir\u00e1 abrindo cami\u00f1o \u00e1 atopar cousas concretas. A quen sexa, investigadores ou pobo &#8216;llano&#8217;.<\/p>\n<p>En canto \u00e1 conservaci\u00f3n, o mellor xeito de que este\u00f1an ben conservados \u00e9 que a dixitalizaci\u00f3n funcione e non sexa necesario ir directamente \u00e1 fonte m\u00e1is que en casos excepcionais. Naturalmente, iso pasa pola total apertura dos documentos en internet nun formato totalmente accesible (aberto e non propietario, manexable de xeito doado para a s\u00faa transformaci\u00f3n, &#8230;)<\/p>\n<p>E, mentras, que \u00e9 o que pode dicir a xente que estivo na corporaci\u00f3n ou na parte correspondente de oficina todos istes anos? Que pasou para que as actas quedaran abandoadas istes anos? Non importa, xa que est\u00e1n de novo en Ribadeo? Tampouco aqu\u00ed, por moito que o asunto poda considerarse menor, vai haber responsables?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Corto e pego a nova dende a p\u00e1xina co concello: &#8221; DESDE ESTA TARDE EST\u00c1N NO CONCELLO Libros restaurados 09\/01\/2014 O alcalde, Fernando Su\u00e1rez, recolleu hoxe na sede do Arquivo do Reino de Galicia os preto de 40 libros dos s\u00e9culos XVI e XIX que foran remitidos desde o Concello para a s\u00faa restauraci\u00f3n hai [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,42,9],"class_list":["post-6955","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-plenos","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6955","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6955"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6955\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6955"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6955"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6955"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}