{"id":6951,"date":"2014-01-15T07:35:00","date_gmt":"2014-01-15T06:35:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:13:54","modified_gmt":"2024-11-12T13:13:54","slug":"lembrando-2013-nota-de-prensa-de-o-teson","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2014\/01\/15\/lembrando-2013-nota-de-prensa-de-o-teson\/","title":{"rendered":"Lembrando 2013, nota de prensa de O Tes\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p align=\"JUSTIFY\" class=\"western\">O cambio de ano, a\u00ednda que non signifique nada de por si, da unha<br \/>\noportunidade de botar a vista atr\u00e1s para lembrar o b\u00f3 e o malo, ter<br \/>\nunha visi\u00f3n de conxunto, e reflexionar para mellorar, facer no que<br \/>\nnon se puido facer, &#8230;<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\" class=\"western\">Dentro da AVV O Tes\u00f3n tam\u00e9n pasamos a vista por ese ano do que a<br \/>\ngrande maior\u00eda nos despedimos esperando poder recuperar pronto<br \/>\nalgunha das perdas. Por iso, pola esperanza, o primeiro que nos ven \u00e1<br \/>\ncabeza \u00e9 un proxecto que grazas \u00f3 realizado en 2013, este ano sair\u00e1<br \/>\nadiante en boa parte se non hai m\u00e1is contratempos: a residencia de<br \/>\nmaiores. Vaia por bo cami\u00f1o. Por iso, pola s\u00faa consecuci\u00f3n,<br \/>\ncoidamos que debemos felicitar a Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez, presidente e<br \/>\ncabeza visible da comisi\u00f3n veci\u00f1al encargada de promovela, sen<br \/>\ndescoidar extender a felicitaci\u00f3n a moitas outras persoas que, en<br \/>\nmenor ou maior grao, contribu\u00edron a facer posible este estado de boa<br \/>\nesperanza actual.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\" class=\"western\">Esta volta, a loter\u00eda que reparte a asociaci\u00f3n -m\u00e1is como motivo<br \/>\nde comuni\u00f3n cos asociados e co pobo en xeral que para obter fondos<br \/>\n(510 \u20ac)- tivo o reintegro, o que permitiu un pequeno sorriso cara \u00f3<br \/>\nfin do ano.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\" class=\"western\">A cambio dalgunha boa nova, algunha outra non tan boa: un tema que<br \/>\npuxemos en marcha, a volta do xulgado a Ribadeo, est\u00e1 totalmente<br \/>\nparado, sen consideraci\u00f3n algunha por parte institucional. E,<br \/>\nmentras que nalg\u00fans lugares xa se vai normalizando o nome de r\u00eda de<br \/>\nRibadeo, noutros a\u00ednda queda por facer. Aproveitamos estas li\u00f1as<br \/>\npara ofrecer o noso apoio a quen poda ter m\u00e1is ascendencia ca n\u00f3s<br \/>\npara poder solucionar istes temas.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\" class=\"western\">As vidrieiras, outro dos seguementos que vimos facendo xa hai varios<br \/>\nanos, parece que leva cami\u00f1o de solucionarse. Pedimos que tan pronto<br \/>\neste\u00f1an reparadas sexan expostas para que a xente podamos achegarnos<br \/>\ne ver que pasou, como foi feita a restauraci\u00f3n, algo da s\u00faa<br \/>\nhistoria ou como van ser dispostas de novo na capela do cemiterio. A<br \/>\ns\u00faa exposici\u00f3n foi pedida xa por escrito o pasado outono.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\" class=\"western\">A nosa asociaci\u00f3n ten realizado diversas actividades para socios e<br \/>\npara a poboaci\u00f3n en xeral. Incl\u00faese aqu\u00ed o ciclo de pel\u00edculas -4-<br \/>\nrealizado na primavera, con tem\u00e1tica relacionada con temas sociais e<br \/>\nhumanos, que deu lugar a interesantes debates. Tam\u00e9n dentro do<br \/>\n\u00e1mbito cultural e social se incl\u00fae o ciclo de conferencias -asemade<br \/>\n4- relacionadas coa crise, a econom\u00eda e falsos dogmas, que<br \/>\nimpartiron catro persoas que ofreceron con olla ampla e dende Ribadeo<br \/>\na s\u00faa perspectiva da crise, as s\u00faas orixes, o seu desenvolvemento,<br \/>\nas s\u00faas consecuencias &#8230; conferencias das que algunha xa se subiu a<br \/>\ninternet e o resto esp\u00e9rase subir pronto: o obtido nas conferencias<br \/>\nmerece m\u00e1is difusi\u00f3n, o seu interese \u00e9 xeral, e a formaci\u00f3n que<br \/>\nbrinda non \u00e9 doado obtela dun xeito estruturado e desmigado como foi<br \/>\nfeito.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\" class=\"western\">Tam\u00e9n de tipo asociativo foi a viaxe realizada, que con motivo<br \/>\nprimeiro a visita \u00f3 Castro de Coa\u00f1a, permitiu co\u00f1ecer m\u00e1is en<br \/>\nprofundidade lugares do occidente astur como o museo de Porto de<br \/>\nVega, e entablar lazos doutro xeito con asociaci\u00f3ns da zona.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\" class=\"western\">A asociaci\u00f3n fixo posible a publicaci\u00f3n do cartaz de Cartas da r\u00eda<br \/>\nde Ribadeo, que puxo a disposici\u00f3n de t\u00f3dolos interesados a<br \/>\nreproduci\u00f3n dun conxunto de cartas que amosan diversas percepci\u00f3ns<br \/>\ndo entorno da r\u00eda e ofrecen un enfoque hist\u00f3rico do noso entorno.<br \/>\nPor certo que seguen a disposici\u00f3n exemplares nas librer\u00edas de<br \/>\nRibadeo.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\" class=\"western\">Como difusi\u00f3n, tam\u00e9n recomezamos a publicar m\u00e1is cousas. As\u00ed, en<br \/>\ninternet, no propio blog da asociaci\u00f3n,<br \/>\n<a href=\"http:\/\/o-teson.blogspot.com.es\/\">http:\/\/o-teson.blogspot.com.es<\/a>,<br \/>\nou dando a co\u00f1ecer \u00e1 xente as preguntas realizadas nos plenos,<br \/>\npreguntas que creemos que permiten facer unha aproximaci\u00f3n diferente<br \/>\n\u00e1 xesti\u00f3n que se fai da parte comunitaria das nosas vidas. Nese<br \/>\ncami\u00f1o continuaremos.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\" class=\"western\">Seguimos e tentaremos seguir participando, na procura do ben de<br \/>\nRibadeo, dentro das nosas posibilidades en iniciativas diversas.<br \/>\nEstaremos en sitios tan diferentes como a Comisi\u00f3n de sanidade<br \/>\np\u00fablica de A Mari\u00f1a ou o Consello da Muller de Ribadeo. Insistindo<br \/>\nna necesidade da participaci\u00f3n cidad\u00e1, tanto por parte das persoas<br \/>\ncomo procurando que a participaci\u00f3n este\u00f1a ben regulamentada, que<br \/>\nhaxa claridade na xesti\u00f3n de Ribadeo, que todos te\u00f1amos a<br \/>\nposibilidade de aportar a nosa colaboraci\u00f3n dun xeito natural, que<br \/>\nentre todos podamos facer un Ribadeo mellor.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\" class=\"western\">A asociaci\u00f3n en unhas contas que lle permitiron, un ano m\u00e1is, non<br \/>\nvariar a cota de asociado -dende 10 \u20ac, dende o 2004- contribu\u00edndo<br \/>\nas\u00ed a non incrementar as cargas dos asociados. O que poda pasar<br \/>\nneste sentido de cara \u00f3 2015, iso xa se ver\u00e1.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\" class=\"western\">En fin, faltan moitas pequenas cousas, pero o anterior \u00e9 un resume<br \/>\nda recompilaci\u00f3n do feito para difundilo e que se saiba para que a<br \/>\nxente poda colaborar. Iso \u00e9 o que queremos para o que xa \u00e9 iste<br \/>\nano: colaborar para facer un pobo mellor para vivir, e pedir<br \/>\ncolaboraci\u00f3n para levalo a cabo do mellor xeito posible.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\" class=\"western\">Continuaremos. Coa referencia da r\u00eda no nome da asociaci\u00f3n, algo<br \/>\ninclu\u00eddo no noso entorno, e co sentido que da \u00f3 dicionario \u00e1 verba<br \/>\n&#8216;tes\u00f3n&#8217;.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\" class=\"western\">Mentras, esperamos un mellor ano para todos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O cambio de ano, a\u00ednda que non signifique nada de por si, da unha oportunidade de botar a vista atr\u00e1s para lembrar o b\u00f3 e o malo, ter unha visi\u00f3n de conxunto, e reflexionar para mellorar, facer no que non se puido facer, &#8230; Dentro da AVV O Tes\u00f3n tam\u00e9n pasamos a vista por ese [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[74],"class_list":["post-6951","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-o-teson"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6951","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6951"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6951\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6951"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6951"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6951"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}