{"id":6943,"date":"2014-01-28T13:14:00","date_gmt":"2014-01-28T12:14:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:13:41","modified_gmt":"2024-11-12T13:13:41","slug":"ouro-non","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2014\/01\/28\/ouro-non\/","title":{"rendered":"Ouro non"},"content":{"rendered":"<p>Non, non \u00e9 ouro todo o que reloce. Am\u00f3sase d\u00eda a d\u00eda. E cando algo asemella relocer como ouro, imos averigualo. Ch\u00e1manos a atenci\u00f3n. Agach\u00e1monos para remover un pouco a terra, para coller o que parece, &#8230; \u00e9 dicir, facemos un pequeno esforzo. Si, \u00e9 chamativo para n\u00f3s.<\/p>\n<p>Agora, fagamos unha traduci\u00f3n a aunha empresa que anda na procura de ouro, de sacarlle partido \u00f3 ouro. O anterior esforzo pot\u00e9nciase moitas veces, son \u00f3rdenes de magnitude diferente, diriamos. Tan diferente magnitude que se trata de remover monta\u00f1as e emponzo\u00f1ar \u00e1reas dunha extensi\u00f3n considerable.<\/p>\n<p>Por outra banda, cando n\u00f3s imos comprobar se &#8216;aquelo&#8217; \u00e9 ouro, temos as nosas propias limitaci\u00f3ns. Po\u00f1amos que o que observamos est\u00e1 sendo pisado por outra persoa. Pedir\u00e9moslle permiso.<\/p>\n<p>De igual xeito ocorre co tema das empresas. Pero neste caso, a diferenza do que ocorre cos particulares, <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/noticia\/amarina\/2014\/01\/27\/oro-denuncia-mina-tapia-tsj-asturias\/0003_201401X27C39923.htm\">o permiso \u00e9 outorgado por instituci\u00f3ns, e as consecuencias sufridas polas persoas<\/a>. E si, hai persoas \u00f3 mando das instituci\u00f3ns, pero non son (non te\u00f1en por que) as mesmas que as que sofren as consecuencias. Nin te\u00f1en os mesmo intereses nin posibilidades. Nin consideraci\u00f3ns. E da\u00ed ven o conflito. Na mina de ouro de Tapia ocorre tal como as\u00ed: un conflito de intereses no que unha c\u00fapula pol\u00edtica tenta dar para adiante un proyecto sen estudos de impacto adecuados, por exemplo. Unha c\u00fapula que est\u00e1 m\u00e1is ou menos ben relacionada co mundo empresarial, aquel que pode sacar beneficios da acci\u00f3n. Doutra beira, xente de a p\u00e9, \u00e1 que lle tocan m\u00e1is ben os perxu\u00edzos. Dunha beira, xente relacionada cos medios e influ\u00ednte neles, doutra, xente que recibe os medios: isa \u00e9 a s\u00faa relaci\u00f3n con eles. E as\u00ed poder\u00edamos seguir. En <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Tapia_de_Casariego\">Tapia de Casariego<\/a> ou <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Corcoesto\">Corcoesto<\/a>, pero tam\u00e9n en lugares tan lonxe como Nova Guinea ou Bolivia.<\/p>\n<p>Somos humanos, e polo tanto imperfectos, e variados, moi variados, mesmo variables. Por iso \u00e9 previsible que siga a haber enfrontamentos en temas coma iste. Pero ser\u00eda desexable que as &#8216;armas&#8217; usadas non foran trampulleiras, que a informaci\u00f3n fora veraz e completa, transparente, que non se fixeran promesas de postos de traballo irrealizables \u00e1 vista doutros casos \u00f3 tempo que se escamotea a destruci\u00f3n resultante, tam\u00e9n \u00e1 vista deles &#8230; e \u00e9 que si, para vivir, temos que interactuar coa Terra e modificala, pero se nos pasamos, ent\u00f3n tampouco poderemos vivir. A\u00ednda que os \u00faltimos en caer sexan os que te\u00f1en cartos para poder protexerse algo (non moito) m\u00e1is.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Non, non \u00e9 ouro todo o que reloce. Am\u00f3sase d\u00eda a d\u00eda. E cando algo asemella relocer como ouro, imos averigualo. Ch\u00e1manos a atenci\u00f3n. Agach\u00e1monos para remover un pouco a terra, para coller o que parece, &#8230; \u00e9 dicir, facemos un pequeno esforzo. Si, \u00e9 chamativo para n\u00f3s. Agora, fagamos unha traduci\u00f3n a aunha empresa [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,26],"class_list":["post-6943","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-medio"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6943","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6943"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6943\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6943"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6943"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6943"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}