{"id":6928,"date":"2014-02-16T14:59:00","date_gmt":"2014-02-16T13:59:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:13:11","modified_gmt":"2024-11-12T13:13:11","slug":"artigo-de-e-lombardero-sobre-o-cancro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2014\/02\/16\/artigo-de-e-lombardero-sobre-o-cancro\/","title":{"rendered":"Artigo de E. Lombardero sobre o cancro de mama: unha mirada desinteresada"},"content":{"rendered":"<p>A MAMOGRAFIA COMO METODO DE CRIBADO PARA O CANCRO DE MAMA<\/p>\n<p>British Medical Journal \u00e9 unha revista m\u00e9dica das mais prestixiosas e le\u00eddas por todolos m\u00e9dicos do mundo. No \u00faltimo n\u00famero (11.Feb.14) ven de publicar un traballo realizado en Canad\u00e1 ao longo de 25 anos que cuestiona a eficacia do cribado con mamograf\u00eda para o diagn\u00f3stico precoz do Cancro de Mama.<\/p>\n<p>Nos pr\u00f3ximos d\u00edas o tema vai estar nos titulares de toda a prensa e a pol\u00e9mica est\u00e1 servida. Dsgraciadamente, engadimos, porque estes temas deberan tratarse con acougo, argumentos s\u00f3lidos e bibliograf\u00eda contrastada, preferentemente independente de intereses particulares, cousa que non \u00e9 doada de atopar nos tempos que corren e fora dos circuitos demagoxicos nin a favor nin en contra.<\/p>\n<p>O editor de Br Med Jour e o consello de redacci\u00f3n saben perfectamente o impacto do tema que agora publicitan. Centos de mill\u00f3ns de mulleres do mundo desenvolvido est\u00e1n recibindo mamografias co gallo da prevenci\u00f3n precoz do Cancro de Mama. A cousa ser\u00eda moi distinta se afectara a centos de mill\u00f3ns de mulleres do terceiro mundo. Daquela ter\u00eda un peque\u00f1o oco en p\u00e1xinas interiores.<\/p>\n<p>O debate nos medios cient\u00edficos non \u00e9 precisamente da semana pasada. A fundaci\u00f3n COCHRANE (www.cochrane.dk) xa ven publicando informes, polo menos dende 2004, con serias d\u00fabidas sobre o binomio vantaxes\/inconvintes do cribado masivo con mamograf\u00eda peri\u00f3dica. A \u00faltima edici\u00f3n \u00e9 de 2012 e nela manifestase abertamente contraria a esta pr\u00e1ctica.<\/p>\n<p>Mesmo no 2013 vense de publicar o libro \u201cSano y Salvo (y libre de intervenciones m\u00e9dicas innecesarias\u201d) (Los libros del Lince, Barcelona 2013;pax 255-268). Os autores son a parella de m\u00e9dicos Juan G\u00e9rvas e Mercedes P\u00e9rez que aportan abondosa informaci\u00f3n sobre este asunto.<\/p>\n<p>Basicamente o que se est\u00e1 a prantexar \u00e9 que todalas actuaci\u00f3ns m\u00e9dicas, mesmo as denominadas \u201cpreventivas\u201d poden ter alg\u00fans efectos saudabeis e outros prexudiciais, malia as boas intenci\u00f3ns e a literatura que as xustifica; que os programas que postulan estas actividades deben ser sometidos a unha avaliaci\u00f3n peri\u00f3dica e rigorosa e que as persoas que van recibir estas intervenci\u00f3ns deben ser informadas polo miudo dos pros e contras de todalas actividades e do conxunto do programa dende o comezo.<\/p>\n<p>Resulta obvio que o paso do tempo e a an\u00e1lise das experiencias engade co\u00f1ecementos que non exist\u00edan previamente e o caso dos cribados para a detecci\u00f3n precoz de Cancro de Mama non se libra desta circunstancia. De feito o informe Cochrane de 2004 \u00e9 mais \u201cneutral\u201d e o de 2012 xa se manifesta abertamente en contra destes programas.<\/p>\n<p>Non nos imos extender en aportar \u201cprobas\u201d nun senso ou noutro, pero hai cousas que est\u00e1n fora de toda discusi\u00f3n. Por exemplo os efectos acumulativos das radiaci\u00f3ns emitidas na mamograf\u00eda deben ser avaliados e as mulleres deben ser informadas dos efectos prexudiciais e non pasar do tema como soen facer os programas \u201cpreventivos\u201d. Mesmo a incidencia global da mortalidade e mais importante que a incidencia espec\u00edfica por unha causa concreta, neste caso o Cancro de Mama. \u00bfDe que vale reducir a mortalidade por Cancro de Mama nunha edade determinada se non se reduce a mortalidade global? Ou dito doutro xeito: se eu te\u00f1o unha probabilidade X de falecer nos pr\u00f3ximos 10 anos \u00bfimporta moito cal sexa a causa concreta?.<\/p>\n<p>Despois est\u00e1n os danos \u201ccolaterais\u201d. \u00bfCantas mulleres van recibir unha amputaci\u00f3n dunha mama que non era necesaria, por exemplo por un erro diagn\u00f3stico ou por ter un tumor pouco agresivo que poder\u00eda reverter espont\u00e1neamente? \u00bfCantas biopsias, puncions, an\u00e1lises, consultas, gastos etc. se van facer sen ser necesarios?. \u00bfCantas mulleres e as suas familias van percorrer o longo cami\u00f1o dunha enfermedade inexistente?.<\/p>\n<p>En resumen despois de coarenta anos dos primeiros programas de cribado do Cancro de Mama por mamograf\u00eda persisten serias d\u00fabidas de que o balance entre beneficios e prexuicios sexa claramente favorable aos primeiros. As autoridades sanitarias e as sociedades cient\u00edficas, que dispo\u00f1en dos medios e xestionan a informaci\u00f3n epidemiol\u00f3xica est\u00e1n obligadas a facilitar informes e avaliacions peri\u00f3dicas e informar \u00e1s usuarias das eventuais vantaxes e inconvintes destas actividades.<\/p>\n<p>En \u00faltima instancia debe ser unha decisi\u00f3n persoal de cada muller, debidamente informada, se elixe someterse ao cribado peri\u00f3dico con mamograf\u00eda ou prefire non prescindir dos eventuais riscos destas pr\u00e1cticas \u201cpreventivas\u201d.<\/p>\n<p>Evaristo Lombardero Rico<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A MAMOGRAFIA COMO METODO DE CRIBADO PARA O CANCRO DE MAMA British Medical Journal \u00e9 unha revista m\u00e9dica das mais prestixiosas e le\u00eddas por todolos m\u00e9dicos do mundo. No \u00faltimo n\u00famero (11.Feb.14) ven de publicar un traballo realizado en Canad\u00e1 ao longo de 25 anos que cuestiona a eficacia do cribado con mamograf\u00eda para o [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[30,34,9],"class_list":["post-6928","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-ciencia","tag-evaristo-lombardero","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6928","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6928"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6928\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6928"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6928"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6928"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}