{"id":6926,"date":"2014-02-18T08:01:00","date_gmt":"2014-02-18T07:01:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:13:07","modified_gmt":"2024-11-12T13:13:07","slug":"ceuta-como-exemplo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2014\/02\/18\/ceuta-como-exemplo\/","title":{"rendered":"Ceuta, como exemplo"},"content":{"rendered":"<p>Estamos vendo nas novas sobre Ceuta e a inmigraci\u00f3n un exemplo da pauta xeral que se mant\u00e9n dede hai xa tempo por parte do estado para case calqueira cousa. Case nos podemos preguntar se \u00e9 por convencemento, necesidade estimada ou sinxelamente costume.<\/p>\n<p>A cousa \u00e9 que &#8216;a morte&#8217; (as\u00ed, estimada polos medios como tal, descartando o asasinato, qe soa moi feo) de 15 inmigrantes \u00e9 tratada, en s\u00edntese do seguinte xeito.<\/p>\n<p>Primeiro, negaci\u00f3n. Negaci\u00f3n de todo. Ata que cada negaci\u00f3n concreta non se pode manter porque chega algunha cantrastaci\u00f3n a ter unha ampla difusi\u00f3n. Ent\u00f3n, p\u00e1sase a outra negaci\u00f3n diferente, rebaixando o nivel, retrasando, como murallas de contenci\u00f3n que foran caendo. Esta estratexia necesita dun complemento necesario: apag\u00f3n de informaci\u00f3n, tentar cerrar toda posibilidade de que a xente co\u00f1eza a verdade nin por aproximaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Despois (a orde pode variar, ou mesmo sobremontarse actuaci\u00f3ns), p\u00e1sase a minimizar o ocorrido. O mesmo subordinado que daquela apiou os &#8216;hilillos de plastilina&#8217; do Prestige agora tenta pasar que por ser for\u00e1neos o que lles poda pasar non ten tanta importancia.<\/p>\n<p>\u00c9 nesta segunda fase cando toma m\u00e1is importancia a &#8216;colaboraci\u00f3n&#8217; dos medios, pois xa se ve a necesidade de crear opini\u00f3n favorable \u00f3s responsables do sucedido, despois de caer as primeiras barreiras da mentira. E as\u00ed, atop\u00e1monos co Informe Semanal da tele p\u00fablica (por iso de que \u00e9 de titularidade p\u00fablica) da fin de semana dicindo que, a partir da testemu\u00f1a de xente que o presenciou, se vai montar no propio programa unha reconstruci\u00f3n. A xente que o presenciou era un garda civil. E por suposto, limitouse a falar, e non houbo ning\u00fan tipo de escenificaci\u00f3n. Ou ca presentaci\u00f3n de resultados dunha enquisa onte mesmo pola COPE: 54% &#8216;a favor da GC&#8217;, 46% &#8216;en contra da GC&#8217;, e dous exemplos de intervenci\u00f3ns na enquisa, os dous &#8216;a favor da GC&#8217;&#8230;<\/p>\n<p>A enquisa da COPE introd\u00facenos de cheo na que ser\u00eda a seguinte fase: a de distracci\u00f3n. Distracci\u00f3n externa, tanxencial e interna. Externa, procurando outra nova que salte \u00e1 palestra e que tape e relegue a que nos ocupa a un plano secundario, de &#8216;d\u00e9j\u00e0 vu&#8217;, extempor\u00e1neo, de tempo pasado&#8230; Ou tanxencial, levando \u00e1 palestra os dereitos dos inmigrantes ben tratados noutros casos (mira ti, en Melilla pasaron centos esta mesma semana e agora temos un problema, o alcalde pide axuda), ou botando bal\u00f3ns f\u00f3ra: a culpa tena a UE (non era o estado espa\u00f1ol cando a &#8216;traxedia&#8217; de Lampedusa o ano pasado o que dic\u00eda que algo as\u00ed non pod\u00eda pasar en Espa\u00f1a?), ou contrapo\u00f1endo a suposta groria da GC a quen lle quere achacar un fallo para atacala (no mellor dos casos destsa versi\u00f3n, quen non lembra aquelo da velocidade e o touci\u00f1o?) Ou mesmo interna, a m\u00e1is dif\u00edcil, pois implica dalg\u00fan xeito, botarlle a culpa a algu\u00e9n secundario ou que conve\u00f1a no momento, abrindo unha brecha nas propias filas que sempre leva asociado un custe que haber\u00e1 que asumir.<\/p>\n<p>Por suposto, sempre haber\u00e1 quen de esta mesma explicaci\u00f3n moito mellor, con exemplos m\u00e1s apropiados, con moito m\u00e1is detalle&#8230; e tam\u00e9n esa interpretaci\u00f3n ser\u00e1 usada para dicir que non \u00e9 valida por ter faltas, o mesmo que ocorrir\u00e1 con calquera outra m\u00e1is completa, que nunca ser\u00e1 perfecta.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Estamos vendo nas novas sobre Ceuta e a inmigraci\u00f3n un exemplo da pauta xeral que se mant\u00e9n dede hai xa tempo por parte do estado para case calqueira cousa. Case nos podemos preguntar se \u00e9 por convencemento, necesidade estimada ou sinxelamente costume. A cousa \u00e9 que &#8216;a morte&#8217; (as\u00ed, estimada polos medios como tal, descartando [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,13,9,122],"class_list":["post-6926","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-politica","tag-sociedade","tag-ue"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6926","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6926"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6926\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6926"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6926"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6926"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}