{"id":6903,"date":"2014-03-26T08:04:00","date_gmt":"2014-03-26T07:04:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:12:24","modified_gmt":"2024-11-12T13:12:24","slug":"hoxe-no-xornal-aparece-unha-nova-normal","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2014\/03\/26\/hoxe-no-xornal-aparece-unha-nova-normal\/","title":{"rendered":"Hoxe no xornal aparece unha nova normal: subrealismo real"},"content":{"rendered":"<p>Hoxe no xornal aparece unha nova normal: <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/noticia\/amarina\/2014\/03\/26\/concello-ribadeo-descarta-adquirir-grua-retirar-coches-vados\/0003_201403X26C6996.htm\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">o concello descarta adquirir unha gr\u00faa para retirar coches dos vados<\/a>. O razoamento do alcalde, impecable: non se pode ter un funcionario adicado a retirar coches nun concello como o de Ribadeo.<\/p>\n<p>A nova especifica adem\u00e1is que xa hai abondos anos que o taller que se encargaba de retirar os coches obstructores deixou de facelo porque lle tra\u00eda problemas con posibles clientes. \u00c9 dicir, que dende hai anos, Ribadeo non ten un servizo de retirada.<\/p>\n<p>A cousa parece non ser demasiado grave, incidindo puntualmente nas persoas \u00e1s que lle toque o abuso dos dem\u00e1is, que o considerar\u00e1n no seu momento coa gravidade relacionada coa pr\u00e9sa \/ necesidade de uso do veh\u00edculo: non ser\u00e1 o mesmo quen non pode sacar o coche para ir a traballar a outro lugar do pobo que quen ten unha urxencia para levar a un familiar \u00f3 hospital de madrugada.<\/p>\n<p>Pero a cuesti\u00f3n entendo que non est\u00e1 en pararse en casos concretos e a s\u00faa urxencia, sen\u00f3n no fallo sen ama\u00f1ar dun servizo prometido e te\u00f3ricamente establecido. Vaia por diante que o mesmo alcalde non s\u00f3 contempla de xeito impasible a &#8216;historia&#8217; sen\u00f3n que especifica que o seguir\u00e1 a facer, pois a reforma que incumbe \u00f3s poderes dos concellos desv\u00eda o poder de retirada de veh\u00edculos cara a outras instituci\u00f3ns, e polo tanto, xa non lle tocar\u00e1 \u00f3 concello: ser\u00e1 problema de outros.<\/p>\n<p>Mentras, disp\u00faxose unha norma, con multas inclu\u00eddas, que se est\u00e1 a pasar polo forro. E que pasa? Nada. Unha norma m\u00e1is que ten prima para quen non compre, que pode abusar e ten ventaxa sobre quen si o fai. Adem\u00e1is, nunha situaci\u00f3n as\u00ed, de non aplicaci\u00f3n contundente, a resposta ante quen incompre pode ser matizada, interpretada, e polo tanto, desigual segundo quen se te\u00f1a enfrente, introducindo unha desigualdade m\u00e1is no sistema, que pasa a recorrer o cami\u00f1o dende social a asocial, chegando a insocial.<\/p>\n<p>Unha nimiedade, neste caso, que manifesta o que ocorre con outras leis. E que non se bote tampouco en saco roto o motivo polo que se botou atr\u00e1s o ama\u00f1o co taller para dispor de gr\u00faa: o poder de presi\u00f3n dos cartos fronte \u00e1 prestaci\u00f3n dun servizo.<\/p>\n<p>En conxunto, algo pequeno que parece unha mostra resume do que est\u00e1 a suceder en gran escala a nivel estatal. Por certo, estou escoitando chover sobre mollado.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hoxe no xornal aparece unha nova normal: o concello descarta adquirir unha gr\u00faa para retirar coches dos vados. O razoamento do alcalde, impecable: non se pode ter un funcionario adicado a retirar coches nun concello como o de Ribadeo. A nova especifica adem\u00e1is que xa hai abondos anos que o taller que se encargaba de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[13,9],"class_list":["post-6903","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6903","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6903"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6903\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6903"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6903"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6903"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}