{"id":6897,"date":"2014-04-04T07:57:00","date_gmt":"2014-04-04T05:57:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:12:07","modified_gmt":"2024-11-12T13:12:07","slug":"o-bocata-demografico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2014\/04\/04\/o-bocata-demografico\/","title":{"rendered":"O bocata demogr\u00e1fico"},"content":{"rendered":"<p>Ribadeo non \u00e9 unha excepci\u00f3n dentro de Galicia: todos sabemos que temos un &#8216;problema demogr\u00e1fico&#8217; que ata fai que pidamos axuda \u00e1 UE.<\/p>\n<p>A cousa \u00e9 que se temos unha situaci\u00f3n de 1,05 fillos por muller, iso quere dicir que, fluxos migratorios aparte, nuns 20-25 anos, unha xeraci\u00f3n, a cantidade de xente con isa idade ser\u00e1 a metade que hoxe. cos problemas de mantemento dos &#8216;vellos&#8217; por parte dos &#8216;novos&#8217;. Coido que a iso haber\u00eda que sumarlle que \u00f3 envellecer, a sociedade perde vigor como calquera outro organismo o fai. E, no caso de Galicia, hai que sumarlle os efecto da emigraci\u00f3n que estamos a ter na actualidade, un saldo migratorio que agrava a falta dunha taxa de reposici\u00f3n xeracional. Sum\u00e9moslle ademais o desemprego. E redondeemos conque na actualidade a formaci\u00f3n das novas xeraci\u00f3ns supera \u00e1 das antigas, deixando o termo medio da poboaci\u00f3n peor formado. O panorama \u00e9 catastr\u00f3fico. A m\u00e1is a\u00ednda se se empregan os n\u00fameros para comparar con outras zonas nas que a poboaci\u00f3n est\u00e1 medrando de xeito vexetativo. A perda de relevancia da nosa terra aumenta en perspectiva.<\/p>\n<p>Quiz\u00e1is Ribadeo non o note tanto como Trabada, por po\u00f1er un exemplo, pero Galicia \u00e9 unha das zonas m\u00e1is sinaladas de toda Europa a este respecto.<\/p>\n<p>A nivel mundial, en troques, o problema \u00e9 m\u00e1is ben outro: o exceso de poboaci\u00f3n, que fai que se consuman m\u00e1is e m\u00e1is recursos, \u00f3 que se suma \u00f3 aumento do consumo por un desarrollismo que a\u00ednda non soubemos remprazar ou a xeraci\u00f3n de traballo para absorber unha man de obra que medra. Entre ambos estamos levando \u00f3 planeta a unha situaci\u00f3n l\u00edmite de dif\u00edcil soluci\u00f3n sen trauma.<\/p>\n<p>Hai anos, a China viu o problema da sobrepoboaci\u00f3n e, como pa\u00eds dictatorial, introduxo a pol\u00edtica do &#8216;fillo \u00fanico&#8217;, que non impediu que a\u00ednda medrara algo m\u00e1is, pero que fixo que a India este\u00f1a xa \u00e1 s\u00faa altura en demograf\u00eda e facilitou o despegue econ\u00f3mico que est\u00e1 vivindo o pa\u00eds. Agora ve\u00f1en outros &#8216;efectos secundarios&#8217;, como a desproporci\u00f3n homes-mulleres por efecto do feminicidio infantil ou un rampante problema de coidado \u00e1 vellez. En Galicia estamos a ter esa mesma pol\u00edtica sen unha prohibici\u00f3n expresa como na China e agora, no medio dunha crise econ\u00f3mica.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgikicwOyE7jaxpINVKpNqP5Rj-x6Gcffaw5x-WOEHKHst8DcC8MBpa536Z4SUE4eCwUqmjRsGAD5xCEtq3zlJr5FzBPJLMCR8aPdY737MwHsr4PFSyv_1aiE4afQ4CUJ98o8cl6A\/s2048\/grafica+demografica.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"352\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgikicwOyE7jaxpINVKpNqP5Rj-x6Gcffaw5x-WOEHKHst8DcC8MBpa536Z4SUE4eCwUqmjRsGAD5xCEtq3zlJr5FzBPJLMCR8aPdY737MwHsr4PFSyv_1aiE4afQ4CUJ98o8cl6A\/s2048\/grafica+demografica.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Variaci\u00f3n demogr\u00e1fica medrando dun xeito constante ou diminu\u00edndo asemade dun xeito constante. O segundo corresponde de xeito aproximado \u00e1 taxa actual de Galicia.<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>Moita taxa de repoboaci\u00f3n non \u00e9 boa para o planeta, a\u00ednda que poda selo para unha comunidade concreta considerada illada. Demasiado pouca, tampouco, como pode verse de xeito doado. No medio estar\u00eda a virtude, pero polo momento, non \u00e9 o caso de Galicia. \u00c9 como un bocata demogr\u00e1fico: as d\u00faas tapas deixan dentro a parte m\u00e1is substanciosa. E neste caso, as tapas est\u00e1n feitas de mal material: hoxe por hoxe, coa xesti\u00f3n que se est\u00e1 a levar de desenvolvemento e social, ambas representan un suicidio do planeta ou da sociedade correspondente.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ribadeo non \u00e9 unha excepci\u00f3n dentro de Galicia: todos sabemos que temos un &#8216;problema demogr\u00e1fico&#8217; que ata fai que pidamos axuda \u00e1 UE. A cousa \u00e9 que se temos unha situaci\u00f3n de 1,05 fillos por muller, iso quere dicir que, fluxos migratorios aparte, nuns 20-25 anos, unha xeraci\u00f3n, a cantidade de xente con isa idade [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[26,86,9],"class_list":["post-6897","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-medio","tag-poboacion","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6897","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6897"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6897\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6897"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6897"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6897"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}