{"id":6893,"date":"2014-04-10T07:51:00","date_gmt":"2014-04-10T05:51:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:12:00","modified_gmt":"2024-11-12T13:12:00","slug":"25-de-maio","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2014\/04\/10\/25-de-maio\/","title":{"rendered":"25 de maio"},"content":{"rendered":"<p>Non, hoxe non \u00e9 25 de maio. Pero hoxe remato de ver que dende o pasado d\u00eda 7, e ata o pr\u00f3ximo luns 14, <a href=\"http:\/\/ribadeo.org\/eadministracion\/aviso.php?id=275&amp;lg=gal\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">p\u00f3dense ver no concello as listas electorais<\/a>: &#8216;<em>Listas do censo electoral<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;O alcalde, Fernando Su\u00e1rez, asinou un bando no que fai saber que &#8220;con motivo das Elecci\u00f3ns ao Parlamento Europeo que se celebrar\u00e1n o pr\u00f3ximo 25 maio de 2014 e co fin de asegurarse o dereito de sufraxio activo, las listas electorais correspondentes a este termo municipal poderanse consultar no departamento de Estad\u00edstica da Secretar\u00eda do Concello entre os d\u00edas 7 e 14 de abril de 2014, ambolos dous inclusive a trav\u00e9s do sistema inform\u00e1tico obrante na referida dependencia&#8221;. No bando ins\u00edstese en que &#8220;como recentemente se produciron diversos cambios tanto nos nomes dalgunhas r\u00faas como no seccionado no n\u00facleo urbano de Ribadeo (que afecta ao lugar de votaci\u00f3n) e numeraci\u00f3n de edificios, co fin de corrixir, no seu caso, os erros que se puideran ter producido \u00e9 convinte en especial a comprobaci\u00f3n deses datos nas listas electorais polos veci\u00f1os que residan nalgunhas desas r\u00faas&#8221;. E engade que &#8220;as reclamaci\u00f3ns poder\u00e1n formularse entre eses mesmos d\u00edas, do 7 ao 17 de abril, enchendo o impreso que ao efecto se lles facilitar\u00e1 no Concello e aportando fotocopia do DNI, carnet de conducir, pasaporte ou tarxeta de residencia&#8221;.<\/em>&#8216;<\/p>\n<p>Detalles para a preparaci\u00f3n dunhas elecci\u00f3ns, deixan ver unha parte, a administrativa, que \u00e9 necesaria. Pero non abonda. Evidentemente, non deixa de abondar s\u00f3 en Ribadeo, sen\u00f3n a nivel estatal. Son outras cousas, m\u00e1is inmateriais, as que deixan \u00e1s persoas que estamos convivindo en Espa\u00f1a, coa sensaci\u00f3n de que as elecci\u00f3ns non se est\u00e1n a preparar. Dende a rexeraci\u00f3n interna dos partidos pol\u00edticos \u00e1 da propia estrutura pol\u00edtica, pasando pola xesti\u00f3n da crise desigual segundo para quen, cousas todas nas que se poder\u00eda entrar en detalles, manifestan que as pr\u00f3ximas elecci\u00f3ns non est\u00e1n -nin estar\u00e1n- preparadas. E por iso, o desenlace que se prev\u00e9 \u00e9 moi variable, e tam\u00e9n por iso, de cara a pr\u00f3ximas elecci\u00f3ns, hai escarceos para cercenar de xeito normativo posibles cambios: o t\u00edpico &#8216;cambiar todo para que todo siga igual&#8217;, s\u00f3 que neste caso \u00f3 meu ver tr\u00e1tase de cambiar algunhas cousas para lograr alimentar unha desigualdade.<\/p>\n<p>Mentras, os partidos, dun xeito ou outro, preparan as elecci\u00f3ns. Alg\u00fans, facendo que se fale do que non hai a\u00ednda, outros, creando formaci\u00f3ns e, \u00f3 tempo, divisi\u00f3ns. A xente non preparamos tanto. M\u00e1is ben, resign\u00e1monos. Para a nosa desgraza.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Non, hoxe non \u00e9 25 de maio. Pero hoxe remato de ver que dende o pasado d\u00eda 7, e ata o pr\u00f3ximo luns 14, p\u00f3dense ver no concello as listas electorais: &#8216;Listas do censo electoral &nbsp;O alcalde, Fernando Su\u00e1rez, asinou un bando no que fai saber que &#8220;con motivo das Elecci\u00f3ns ao Parlamento Europeo que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[13],"class_list":["post-6893","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6893","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6893"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6893\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6893"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6893"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6893"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}