{"id":6881,"date":"2014-04-25T08:03:00","date_gmt":"2014-04-25T06:03:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:11:34","modified_gmt":"2024-11-12T13:11:34","slug":"25-de-abril-toca-revolucion-miro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2014\/04\/25\/25-de-abril-toca-revolucion-miro\/","title":{"rendered":"25 de abril, toca revoluci\u00f3n. Miro Casabella"},"content":{"rendered":"<p>A &#8216;<a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Revoluci%C3%B3n_dos_caraveis\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">revoluci\u00f3n dos caraveis<\/a>&#8216; en Portugal hai 40 anos marcou un d\u00eda distinto tam\u00e9n para Espa\u00f1a, sumida naquela \u00e9poca no final do franquismo. Hoxe vese como unha revoluci\u00f3n incruenta, case como unha excepci\u00f3n dentro do cambio pol\u00edtico instant\u00e1neo, e tam\u00e9n se pode observar en perspectiva a traxectoria portuguesa posterior e conclu\u00edr cales foron os cambios reais en Portugal a partires da emisi\u00f3n radiof\u00f3nica do &#8216;Gr\u00e2ndola, vila morena&#8217;.<\/p>\n<p>Este ano Ribadeo en certo xeito vai celebralo, pois ter\u00e1 lugar hoxe unha homenaxe a un artista que despuntaba daquela, <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Miro_Casabella\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Miro Casabella<\/a>. Copio parte da nota de prensa anunci\u00e1ndoo:<\/p>\n<p>&#8220;<em>(&#8230;) Sobre todo o que se pretende \u00e9 p\u00f3r en valor o traballo de recuperaci\u00f3n democr\u00e1tica e de pensamento galeguista e nacionalista ao que contribu\u00edron figuras da canci\u00f3n do tardofranquismo e a \u00e9poca da transici\u00f3n.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Os actos do venres en Ribadeo consistir\u00e1n nunha exposici\u00f3n fotogr\u00e1fica na zona peonil con imaxes de mobilizaci\u00f3ns sociais e traballos discogr\u00e1ficos da \u00e9poca da Transici\u00f3n. \u00e1s nove da noite haber\u00e1 uns pasacalles de Tumba e Dalle e actuar\u00e1n fronte ao Teatro as pandereteiras de Alesancia. Tam\u00e9n haber\u00e1 repartici\u00f3n de caraveis vermellos e postais e darase comezo a un concerto que incluir\u00e1 as actuaci\u00f3ns de Tundal, do grupo de Ant\u00f3n Castro (ex de Fuxan os Ventos), a m\u00fasica ribadense Carmen Rodr\u00edguez, que versionar\u00e1 un tema de Miro Casabella, ademais do gaiteiro de Viveiro David Bellas, que interpretar\u00e1 unha peza escrita en recordo do homenaxeado.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Tam\u00e9n haber\u00e1 lecturas de Eli Garc\u00eda-Bouso, da agrupaci\u00f3n cultural Francisco Lanza ribadense, ou de Tamara Rubi\u00f1os, de Ollomao de Barreiros.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Presentarao o xornalista Xos\u00e9 Salgado Agrelo e conta coa colaboraci\u00f3n do Concello de Ribadeo e o \u00c1rea de Cultura da Deputaci\u00f3n Provincial de Lugo. En total, participan once asociaci\u00f3ns da comarca<\/em>&#8220;.<\/p>\n<p>Quen vaia ver a foto da presentaci\u00f3n nos xornais (por exemplo, <a href=\"http:\/\/elprogreso.galiciae.com\/arquivo\/686054\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">aqu\u00ed<\/a>), poder\u00e1 verme polo medio. En realidade, pode dicirse que &#8216;eu pasaba por al\u00ed&#8217;, pois non participo na organizaci\u00f3n, pero fun enterarme por unha raz\u00f3n persoal: Hai preto de corenta anos que estiven nun pequeno grupo que se encargou de organizar un concerto de Miro Casabella en Valladolid, do que me lembro de varias cousas, inclu\u00eddo o moderado \u00e9xito de p\u00fablico ou o ter quedado xusto a pre, pero tam\u00e9n de que Miro preferiu pasar a noite nunha casa de co\u00f1ecidos a facelo no hotel no que estaba previsto. E dende aquelagardo unha certa deferencia. Al\u00e9dome de que hoxe, 40 anos despois do cambio de goberno portugu\u00e9s, sexa el o motivo dunha celebraci\u00f3n en Ribadeo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A &#8216;revoluci\u00f3n dos caraveis&#8216; en Portugal hai 40 anos marcou un d\u00eda distinto tam\u00e9n para Espa\u00f1a, sumida naquela \u00e9poca no final do franquismo. Hoxe vese como unha revoluci\u00f3n incruenta, case como unha excepci\u00f3n dentro do cambio pol\u00edtico instant\u00e1neo, e tam\u00e9n se pode observar en perspectiva a traxectoria portuguesa posterior e conclu\u00edr cales foron os cambios [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,23,9],"class_list":["post-6881","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-musica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6881","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6881"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6881\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6881"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6881"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6881"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}