{"id":6877,"date":"2014-05-02T18:53:00","date_gmt":"2014-05-02T16:53:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:11:27","modified_gmt":"2024-11-12T13:11:27","slug":"asinada-por-todolos-grupos-politicos-do","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2014\/05\/02\/asinada-por-todolos-grupos-politicos-do\/","title":{"rendered":"Asinada por t\u00f3dolos grupos pol\u00edticos do concello e o portavoz das asociaci\u00f3ns veci\u00f1ais: Ribadeo segue unido para conseguir a residencia"},"content":{"rendered":"<p>Corto e pego a <a href=\"http:\/\/ribadeo.org\/actualidade\/nova.php?id=1514&amp;lg=gal\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">nota de prensa do concello<\/a>:<\/p>\n<p class=\"antetitulo\">EST\u00c1 ASINADA POR TODOS OS GRUPOS POL\u00cdTICOS NO CONCELLO<\/p>\n<h3 class=\"antel\">\nNova carta a Beatriz Mato<\/h3>\n<p><span class=\"data\">02\/05\/2014<\/span> <\/p>\n<p class=\"intro\">A comisi\u00f3n pro residencia de maiores en Ribadeo<br \/>\nacaba de enviarlle unha carta \u00e1 conselleira de Traballo e Benestar na<br \/>\nque lle lembra que o Concello agarda desde decembro para formalizar a<br \/>\npartida de 500.000 euros comprometida pola Xunta para esa importante e<br \/>\nnecesaria infraestrutura. E p\u00eddelle que decida dunha vez por todas, &#8220;se<br \/>\napoia ou non o que todos os veci\u00f1os, veci\u00f1as e a Corporaci\u00f3n de Ribadeo<br \/>\napoian e piden&#8221;. A comisi\u00f3n considera que hai unha clara falla de<br \/>\nvontade pol\u00edtica en apoiar un proxecto ao que a Deputaci\u00f3n de Lugo<br \/>\ndestinou 1.823.000 euros.<\/p>\n<p>Na carta enviada a Beatriz Mato a comisi\u00f3n l\u00e9mbralle que &#8220;levamos<br \/>\ndesde o 20 de decembro, data en que presentamos a \u00faltima documentaci\u00f3n, \u00e1<br \/>\n espera de que nos comunicaran o procedemento a seguir para garantir ou<br \/>\nformalizar o finanzamento comprometido por parte da Xunta. V\u00edmonos en<br \/>\nconsecuencia na obriga de prever nos orzamentos do Concello a achega que<br \/>\n vostede nos prometeu con cargo a fondos propios, debido a que ti\u00f1amos<br \/>\nque licitar a obra para poder investir, e non perder as partidas anuais<br \/>\nconsignadas pola Deputaci\u00f3n e que, necesariamente, xa temos que empezar a<br \/>\n xustificar nesta anualidade 2014&#8221;. <\/p>\n<p>Sobre o informe que hai uns<br \/>\nd\u00edas chegaba ao Concello de Ribadeo desde d\u00faas Subdirecci\u00f3ns Xerais da<br \/>\nConseller\u00eda de Traballo e Benestar na carta sinalan que se trata &#8220;dun<br \/>\ncontra informe con argumentaci\u00f3ns vagas e con pouco co\u00f1ecemento do<br \/>\nproxecto de Ribadeo; e a maior abondamento, un contra informe que<br \/>\nademais fai outra cousa, se\u00f1ora Conselleira, que non podemos permitir:<br \/>\natr\u00e9vese a po\u00f1er en d\u00fabida a legalidade dos procesos de contrataci\u00f3n que<br \/>\n o Concello de Ribadeo poida facer coa residencia unha vez constru\u00edda.<br \/>\nProcesos que, como \u00e9 l\u00f3xico, nin sequera comezaron. Poucas veces se<br \/>\npuido ver tal grao de desconfianza e falla de respecto institucional<br \/>\nentre Administraci\u00f3ns&#8221;. <\/p>\n<p>Na carta asinada polo alcalde, a<br \/>\nconcelleira de Servizos Sociais, os portavoces municipais do PP, do PSOE<br \/>\n e de UPRI e o portavoz das asociaci\u00f3ns veci\u00f1ais din ser co\u00f1ecedores de<br \/>\nque &#8220;a outros Concellos desde a Conseller\u00eda se lles finanzan na s\u00faa<br \/>\ntotalidade ou se lles cofinanzan proxectos similares, sen que exista nin<br \/>\n a colaboraci\u00f3n, nin a unanimidade do acordo, nin o impulso e mesmo a<br \/>\ngrave necesidade que ten o de Ribadeo. Non lle estamos a solicitar nada<br \/>\nextraordinario. S\u00f3 que colabore connosco, e que cumpra coa s\u00faa promesa&#8221;.<\/p>\n<p>E subli\u00f1an que &#8220;de non facelo as\u00ed, poder\u00e1n vostedes intentar<br \/>\nesconder a s\u00faa falta de vontade pol\u00edtica para apoiar este proxecto con<br \/>\ntodos os informes t\u00e9cnicos que consideren, que iso non nos vai facer<br \/>\nminguar a nosa responsabilidade de executar en Ribadeo o que lle<br \/>\nprometemos a todos os veci\u00f1os e veci\u00f1as. Isto non consiste en abrir unha<br \/>\n dial\u00e9ctica t\u00e9cnica na que non imos entrar. O Concello de Ribadeo ten<br \/>\nque cumprir coas s\u00faas obrigas e responsabilidades acordes \u00e1 lei e as\u00ed o<br \/>\nfar\u00e1, como sempre, e incluso neste caso dar\u00e1 resposta, unha por unha,<br \/>\ndesde ese punto de vista t\u00e9cnico, a todas as d\u00fabidas que manifestan<br \/>\nsobre a viabilidade do proxecto\u2026 E vostede, \u00e1 vista do anterior, deber\u00e1<br \/>\ndecidir dunha vez por todas, se apoia ou non o que todos os veci\u00f1os,<br \/>\nveci\u00f1as e a Corporaci\u00f3n de Ribadeo apoian e piden&#8221;. <\/p>\n<p>A comisi\u00f3n<br \/>\npro residencia de maiores en Ribadeo pr\u00e9galle a Beatriz Mato que &#8220;se<br \/>\ncontamos coa s\u00faa vontade pol\u00edtica, e esperamos e desexamos que siga<br \/>\nsendo as\u00ed, nos indique o procedemento a seguir para a sinatura do<br \/>\nconvenio ou a f\u00f3rmula que decidan para formalizar a achega prometida dos<br \/>\n 500.000 euros anteditos, co obxectivo da construci\u00f3n da residencia de<br \/>\nmaiores o antes posible, e po\u00f1a data e hora para dita formalizaci\u00f3n&#8221;.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Corto e pego a nota de prensa do concello: EST\u00c1 ASINADA POR TODOS OS GRUPOS POL\u00cdTICOS NO CONCELLO Nova carta a Beatriz Mato 02\/05\/2014 A comisi\u00f3n pro residencia de maiores en Ribadeo acaba de enviarlle unha carta \u00e1 conselleira de Traballo e Benestar na que lle lembra que o Concello agarda desde decembro para formalizar [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[64,9],"class_list":["post-6877","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-residencia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6877","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6877"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6877\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6877"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6877"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6877"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}