{"id":6854,"date":"2014-05-31T11:56:00","date_gmt":"2014-05-31T09:56:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:10:44","modified_gmt":"2024-11-12T13:10:44","slug":"resume-4-charla-ribadeo-debate","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2014\/05\/31\/resume-4-charla-ribadeo-debate\/","title":{"rendered":"Resume 4\u00aa charla Ribadeo a Debate"},"content":{"rendered":"<p><span style=\"font-size: large;\">AVV O Tes\u00f3n<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-size: large;\">Nota de<br \/>\nprensa<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-size: large;\">&#8211;<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-size: large;\">Resume 4\u00aa<br \/>\ncharla Ribadeo a Debate. Visi\u00f3ns de Ribadeo.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-size: large;\"><strong>Jos\u00e9<br \/>\nRam\u00f3n Rodr\u00edguez-Sabugo Fern\u00e1ndez,&nbsp;<\/strong><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-size: large;\"><strong>&#8216;La evoluci\u00f3n de Ribadeo desde<br \/>\nmi llegada&#8217;<\/strong><\/span><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><span style=\"font-size: small;\">Coa charla de Jos\u00e9 Ram\u00f3n Rodr\u00edguez-Sabugo remata o<br \/>\nciclo \u2018Ribadeo a debate. Visi\u00f3ns de Ribadeo\u2019 organizado pola AVV<br \/>\nO Tes\u00f3n. A charla versou sobre datos relacionados con feitos que<br \/>\ntratou \u00f3 seu paso polo concello durante o per\u00edodo 1957-1989, no que<br \/>\nfoi secretario do concello en Ribadeo.<\/span><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><span style=\"font-size: small;\">Comezou lembrando alg\u00fan aspecto de Ribadeo \u00e1 s\u00faa<br \/>\nchegada, como a existencia da f\u00e1brica de conservas de Pel\u00e1ez no que<br \/>\ndespois pasar\u00eda a ser Cultivos Mari\u00f1os, ou a a\u00ednda recente daquela<br \/>\nadquisici\u00f3n da Casa de Casas para casa consistorial, realizada polo<br \/>\nent\u00f3n alcalde Castelao, como xurdiu despois na quenda de discusi\u00f3n.<br \/>\nPola s\u00faa intervenci\u00f3n pasaron un conxunto de historias paralelas,<br \/>\namosando por exemplo a evoluci\u00f3n da tra\u00edda de augas dende as fontes<br \/>\ndo lobo, en tempadas moi inferior a un litro de auga cada segundo,<br \/>\npasando pola construci\u00f3n do encoro do Rego de Lexoso, con capacidade<br \/>\nxa de 8 L\/s (ano 1959) e a correspondente estaci\u00f3n depuradora, e<br \/>\nchegando \u00e1 situaci\u00f3n actual, con recollida no r\u00edo Eo \u00e1 altura de<br \/>\nVilarbetote, a construci\u00f3n da estaci\u00f3n depuradora e da rede de<br \/>\ntra\u00edda (1979), cunha capacidade de subministro en punta superior a<br \/>\n100 L\/s<\/span><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><span style=\"font-size: small;\">Outra historia diferente, a que m\u00e1is vertebrou a<br \/>\ncharla, foi a da ordenaci\u00f3n urbana, dende a realizaci\u00f3n dun plan de<br \/>\nali\u00f1aci\u00f3ns polo sr. Barrera, das Minas de Vilaoudriz, pasando polo<br \/>\n\u2018Plan de necesidades\u2019 (un \u2018plan estrat\u00e9xico\u2019), no que se<br \/>\nchegou a dese\u00f1ar a piscina, \u00f3 PGOU de todo o concello, 1969, que<br \/>\nfoi orientado \u00e1 Ponte dos Santos, solicitada no 1965. Este plan foi<br \/>\naprobado inicialmente no 1970, pero non definitivamente, tendo que<br \/>\nfacer a partir de 1975 ata o seu remate en 1977 unha variaci\u00f3n<br \/>\ndebido \u00e1 nova norma que apuntaba que as r\u00faas non deb\u00edan ter nas<br \/>\ns\u00faas beiras unha altura maior que a s\u00faa anchura. Os intentos<br \/>\nposteriores para un novo plan tam\u00e9n foron repasados, po\u00f1endo de<br \/>\nrelevo a existencia de planes parciais para adecuar o vetusto plan \u00e1s<br \/>\nnecesidades que se foron vendo, e o freo que supuxo nalgunhas<br \/>\nocasi\u00f3ns, como para a construci\u00f3n dun pol\u00edgono industrial.<\/span><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><span style=\"font-size: small;\">Polo medio da charla foron xurdindo os datos sobre a<br \/>\nconstruci\u00f3n do Ribadeo da segunda metade do s\u00e9culo XX, de<br \/>\ncantidades precisadas \u00f3 xeito de como se fixo fronte a elas por<br \/>\nparte dun concello sempre necesitado de cartos: subvenci\u00f3ns,<br \/>\ncontribuci\u00f3ns especiais dos veci\u00f1os, cr\u00e9ditos, recurso a<br \/>\nGobernaci\u00f3n Civil ou a Deputaci\u00f3n&#8230; Tan necesitado que no mesmo 57<br \/>\nfoi necesario un cr\u00e9dito para rematar de aboar \u00f3 persoal a paga de<br \/>\nxullo. A partires dese momento, o concello tomou medidas para ir<br \/>\nadelgazando a cantidade de persoal.<\/span><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><span style=\"font-size: small;\">Pasaron pola charla a inauguraci\u00f3n no 1958 do Parador e<br \/>\no Monumento \u00f3 Gaiteiro, no 1959 a realizaci\u00f3n da r\u00faa Antonio<br \/>\nOtero, pagada por Portos, no 65\/66 a realizaci\u00f3n do tramo<br \/>\nParador-Praza de Abastos, con custe de dous mill\u00f3ns e medio de<br \/>\npesetas, e aportaci\u00f3n do 90% do custe pola comisi\u00f3n provincial de<br \/>\nservizos t\u00e9cnicos, e para a que houbo que expropiar os<br \/>\ncorrespondentes terreos, o tramos seguinte Praza de<br \/>\nAbastos-Instituto\u2026<\/span><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><span style=\"font-size: small;\">Porcill\u00e1n-Figueir\u00faa presentou unha an\u00e9cdota: foi<br \/>\nconcedido sen ser pedido. a corporaci\u00f3n municipal aceptou e<br \/>\nafrontouse a partir dun pr\u00e9stamo e contribuci\u00f3ns especiais, en d\u00faas<br \/>\nfases con complicaci\u00f3ns diversas e subvenci\u00f3ns do 60% e 75%.<\/span><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><span style=\"font-size: small;\">Sa\u00edron tam\u00e9n a colaci\u00f3n as vicisitudes para que o<br \/>\nacceso \u00e1 Ponte dos Santos fora polo lugar onde estaba previsto no<br \/>\nplan aprobado de xeito inicial, a realizaci\u00f3n da Casa da Cultura no<br \/>\nantigo Colexio de Santo Tom\u00e1s, a erecci\u00f3n no 1981 do alumeado<br \/>\np\u00fablico actual e asfaltado de diversas zonas, sufragado cunha<br \/>\nsubvenci\u00f3n de vintecinco mill\u00f3ns de pesetas sobre un total que se<br \/>\naproximaba \u00f3s 100 e para afrontar o que os ribadenses tiveron que<br \/>\naportar de novo contribuci\u00f3ns especiais.<\/span><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><span style=\"font-size: small;\">O Matadoiro pasou pola charla cunha data clave, 1984, co<br \/>\ndilema entre facelo comarcal ou local (o que foi descartado), despois<br \/>\nde sucesivos avisos e ampliaci\u00f3n de prazos para que se pechara o<br \/>\nmatadoiro que funcionaba ata ent\u00f3n e se realizara un novo conforme \u00e1<br \/>\nnormativa imperante.<\/span><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><span style=\"font-size: small;\">A educaci\u00f3n tam\u00e9n tivo o seu lugar, dende a<br \/>\nrealizaci\u00f3n un albergue escolar no edificio da parte de atr\u00e1s do<br \/>\nconcello, a realizaci\u00f3n dunha escola de nenas na s\u00faa parte alta, ou<br \/>\nposteriormente a garder\u00eda infantil, \u00f3 desenvolvemento da zona<br \/>\nescolar, comezando coa construci\u00f3n do Instituto tras unha cesi\u00f3n de<br \/>\nterreos polo concello e mentres segu\u00eda funcionando o colexio de<br \/>\nSanto Tom\u00e1s, a conversi\u00f3n no 1969 do Instituto Laboral en Instituto<br \/>\nT\u00e9cnico, os avatares do campo de pr\u00e1cticas (que non chegou a<br \/>\nexistir de xeito desenvolvido, pero onde si se fixeron pr\u00e1cticas) e<br \/>\na s\u00faa conversi\u00f3n en terreos dos actuais Colexio P\u00fablico Gregorio<br \/>\nSanz, Centro integrado de Formaci\u00f3n Profesional e Pavill\u00f3n<br \/>\npolideportivo.<\/span><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><span style=\"font-size: small;\">O tempo non daba para m\u00e1is, pero a\u00ednda as\u00ed o<br \/>\nconferenciante nomeou a concentraci\u00f3n parcelaria, a electrificaci\u00f3n<br \/>\nrural ou o existencia en Ribadeo do primeiro servizo autom\u00e1tico de<br \/>\ntelefon\u00eda da provincia.<\/span><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><span style=\"font-size: small;\">En resume, a charla representou un alude de informaci\u00f3n<br \/>\nsobre m\u00e1is de trinta anos de historia ribadense, completada en<br \/>\nasuntos concretos na parte de preguntas e discusi\u00f3n. Unha charla que<br \/>\ndeixou nos asistentes a sensaci\u00f3n dunha ocasi\u00f3n \u00fanica.<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>AVV O Tes\u00f3n Nota de prensa &#8211; Resume 4\u00aa charla Ribadeo a Debate. Visi\u00f3ns de Ribadeo. Jos\u00e9 Ram\u00f3n Rodr\u00edguez-Sabugo Fern\u00e1ndez,&nbsp; &#8216;La evoluci\u00f3n de Ribadeo desde mi llegada&#8217; Coa charla de Jos\u00e9 Ram\u00f3n Rodr\u00edguez-Sabugo remata o ciclo \u2018Ribadeo a debate. Visi\u00f3ns de Ribadeo\u2019 organizado pola AVV O Tes\u00f3n. A charla versou sobre datos relacionados con feitos [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[91,11,74],"class_list":["post-6854","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-ferrocarril","tag-historia","tag-o-teson"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6854","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6854"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6854\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6854"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6854"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6854"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}