{"id":683,"date":"2024-04-19T20:41:00","date_gmt":"2024-04-19T18:41:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T11:03:16","modified_gmt":"2024-10-23T09:03:16","slug":"o-xabarin-cazado-el-xabarin-cazado","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/04\/19\/o-xabarin-cazado-el-xabarin-cazado\/","title":{"rendered":"O Xabar\u00edn, cazado (El xabar\u00edn, cazado)"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/04\/Xabarin_TVG_2.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"320\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/04\/Xabarin_TVG_2.png\" class=\"wp-image-684\" width=\"320\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Logotipo do programa, <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Ficheiro:Xabarin_TVG_(2).png\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">no Dominio P\u00fablico<\/a><\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p align=\"center\">O Xabar\u00edn, cazado (<em>El Xabar\u00edn, cazado<\/em>)<\/p>\n<p align=\"justify\"><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Trinta anos. \u00c1s seis da tarde do 18 de abril de 1994, hai 30 anos, comezou a emitirse na <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=tvg\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">TVG<\/a> o <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Xabar%C3%ADn_Club\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Xabar\u00edn Club<\/a>. Coido que \u00e9 unha data para a historia en Galicia. Unha data na que a TVG se converteu nun veh\u00edculo de revitalizaci\u00f3n do galego, nun polo de atracci\u00f3n para as futuras xeraci\u00f3ns de galegos, \u00f3 tempo que fixo patente a posibilidade de que o galego levantara voo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Tempo hai diso, m\u00e1is dunha xeraci\u00f3n das antigas e cousa dunha das modernas, e aquela esperanza vese agora como ferida case de morte. Dende aquela, a TVG pasou a ser medio de propaganda por riba da difusi\u00f3n de novas ou o entretemento. Pasou a ter durante anos o persoal en protesta, por moito que o mesmo medio e outros, regados con cartos de propaganda e que seguen a difundirse en castel\u00e1n, agochen un e outro d\u00eda a nova da loita laboral e de dereitos que nos incl\u00fae e infl\u00fae. Dende aquela, a proporci\u00f3n de galegofalantes seguiu a caer, empurrada por unha esmagante maior\u00eda de comunicaci\u00f3ns e estudos en castel\u00e1n. Algo axudado dende algunhas -moitas- empresas que en casos sinalados mesmo te\u00f1en mal visto o falar dos empregados cos clientes na nosa lingua. Axudado tam\u00e9n pola despreocupaci\u00f3n de integrar a unha inmigraci\u00f3n que xa \u00e9 en gran parte castel\u00e1n falante. E axudado pola eliminaci\u00f3n do que quizais foi o programa de m\u00e1is impacto da TVG, o Xabar\u00edn, xunto co conxunto de ligaz\u00f3ns que representaba o Xabar\u00edn Club. Un conxunto que parece seguir a secuela daqueles lemas da posguerra que en pasqu\u00edns proclamaban cousas como &#8216;Si eres espa\u00f1ol, habla espa\u00f1ol&#8217;, como se s\u00f3 houbera un xeito, ditado (de ditadura) en castel\u00e1n.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Unha imaxe para que se entenda: o porco bravo \u00e9 un animal gregario, que se reproduce e ad\u00e1ptase ben na actualidade, invadindo coa s\u00faa presenza lugares nos que non estabamos afeitos a velo durante moitas xeraci\u00f3ns. Lugares que por iso consideramos \u2018nosos\u2019. De a\u00ed que se combata, se cace e tente eliminar, non vaia ser que coma terreo de por si e desprace \u00f3s que nos consideramos humanos e polo tanto, \u2018o m\u00e1is do m\u00e1is\u2019 como \u2018reis da creaci\u00f3n\u2019. Algo as\u00ed deberon pensar algunhas persoas fronte \u00f3 Xabar\u00edn, visto como un programa que estaba facendo pobo, que estaba a deixar pegada en lugares onde o galego xa non se sent\u00eda, que se estaba a reproducir e ameazaba co seu \u00e9xito \u00e1 lingua dominante. E o Xabar\u00edn foi cazado. Os seus &#8216;fillos&#8217;, alg\u00fans, van polo carreiro que marcou; outros, moitas veces sen decatarse, van por unha senda que lles trazan.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Como nota final, preg\u00fantome: e, ser\u00e1 necesario traducir o artigo?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; Logotipo do programa, no Dominio P\u00fablico O Xabar\u00edn, cazado (El Xabar\u00edn, cazado) &nbsp;&nbsp; &nbsp;Trinta anos. \u00c1s seis da tarde do 18 de abril de 1994, hai 30 anos, comezou a emitirse na TVG o Xabar\u00edn Club. Coido que \u00e9 unha data para a historia en Galicia. Unha data na que a TVG se converteu [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":684,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[16],"class_list":["post-683","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-lingua"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/683","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=683"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/683\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/684"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=683"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=683"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=683"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}