{"id":6821,"date":"2014-07-15T14:15:00","date_gmt":"2014-07-15T12:15:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:09:42","modified_gmt":"2024-11-12T13:09:42","slug":"nota-de-prensa-de-o-teson-de-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2014\/07\/15\/nota-de-prensa-de-o-teson-de-ribadeo\/","title":{"rendered":"Nota de prensa de O Tes\u00f3n. De Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>(<a href=\"http:\/\/o-teson.blogspot.com.es\/2014\/07\/de-ribadeo.html\">http:\/\/o-teson.blogspot.com.es\/2014\/07\/de-ribadeo.html<\/a>)<\/p>\n<p align=\"CENTER\">De Ribadeo<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Festa<br \/>\ndos indianos. \u00c9xito total, como se esperaba. Comezo oficioso da<br \/>\n\u00e9poca forte do ver\u00e1n ribadense, onde o tempo cambia de sentido.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Quizais<br \/>\npois iso, porque o tempo cambia de sentido, \u00e9 polo que &#8216;o concello&#8217;<br \/>\na\u00ednda non nos contestou algunha pregunta que lle temos enviado<br \/>\nhai&#8230; pois dende o 4 de xu\u00f1o, sobre unha &#8216;estrutura para terraza<br \/>\nque se asenta en vigas metidas no chan, a modo de baseamento dun<br \/>\nedificio&#8217; en terreo p\u00fablico, aumentando espazo e fixando unha<br \/>\nconcesi\u00f3n anterior removible de xeito doado. O obxectivo do escrito<br \/>\nera &#8216;co\u00f1ecer o criterio que usou o concello para permitir a<br \/>\ndestruci\u00f3n do xard\u00edn para meter no mesmo as vigas onde asenta da<br \/>\nestrutura de madeira (&#8230;) as\u00ed como para permitir unha ampliaci\u00f3n<br \/>\ndo terreo adicado \u00e1 terraza&#8217;. Xa dicimos, polo momento non hai<br \/>\nresposta, a pesar de que con anterioridade foi dado a co\u00f1ecer o<br \/>\nfeito nos medios e a ra\u00edz diso un partido pol\u00edtico preguntou sobre<br \/>\no tema en pleno.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Claro<br \/>\nque a resposta \u00f3 mellor se da no seguinte pleno; \u00f3 fin, en xullo<br \/>\nd\u00e9bese celebrar un pleno ordinario. O malo \u00e9 que, como non se ten<br \/>\nidea de cando se pode celebrar un pleno, pois tampouco ser\u00eda doado<br \/>\nco\u00f1ecer a resposta. Unha pregunta para quen poda ler isto: cando foi<br \/>\na \u00faltima vez que te enteraches a tempo de que hab\u00eda un pleno e os<br \/>\ntemas que se \u00edan tratar? (non valen os monotem\u00e1ticos anunciados a<br \/>\nbombo e platillo para tentar de que haxa xente que poda difundir as<br \/>\nbondades do tratado e aprobado sen oposici\u00f3n).<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">\u00d3<br \/>\nmellor resulta que nese pleno \u00e9 cando se aproba por sorpresa un<br \/>\nregulamento de participaci\u00f3n cidad\u00e1 usable para que a xente podamos<br \/>\nparticipar, e ent\u00f3n a petici\u00f3n de informaci\u00f3n xa ser\u00e1 moito m\u00e1is<br \/>\ndirecta, e a resposta moito m\u00e1is clara, ou mesmo non far\u00e1 falta nin<br \/>\npedir informaci\u00f3n debido \u00e1 transparencia que se practicar\u00e1. Soa<br \/>\nben, e so\u00f1ar non costa, pero, mentres, estamos a esperar. A esperar<br \/>\ninformaci\u00f3n sobre cousas como son diversos temas en relaci\u00f3n a<br \/>\nViaqua\/Aquagest.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Un<br \/>\nverquido? Si, sa\u00edu no xornal, pero a cousa non debe ir co concello,<br \/>\nsen\u00f3n coa empresa, con quen realiza o verquido, quizais coa entidade<br \/>\nauton\u00f3mica que parece que revisou algo d\u00edas despois&#8230; pero non co<br \/>\nconcello, que \u00f3 fin, non ten nada que ver con Viaqua nin co<br \/>\nsubministro de auga, non?<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Ser\u00e1<br \/>\npor iso que cando no xornal sa\u00edu tam\u00e9n a informaci\u00f3n do bo trato<br \/>\nque alg\u00fan &#8216;t\u00e9cnico do concello&#8217; lle conced\u00eda a Aquagest (dende<br \/>\naquela cambiou o nome a Viaqua) e o xusto trato rec\u00edproco con que a<br \/>\nempresa tratou \u00f3s t\u00e9cnicos, o alcalde escudouse nun &#8216;typical<br \/>\npolitical Spanish&#8217; do estilo &#8216;non me consta&#8217;, e solucionado, mesmo<br \/>\na\u00ednda que aparecera nos datos xornal\u00edsticos que el fora invitado e<br \/>\nrexeitara a deferencia. Por certo, daquela o trato co concello non \u00eda<br \/>\nde auga, sen\u00f3n de converter en r\u00faa o que antes era unha estrada.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Tampouco<br \/>\nhai m\u00e1is que falar se auga sabe a raios ou deixa a pel suave na<br \/>\nducha, se a empresa di que os par\u00e1metros est\u00e1n ben, a\u00ednda que<br \/>\nalegue que a auga vi\u00f1a turbia. E que hai sobre os mesmos servizos \u00f3<br \/>\ncidad\u00e1n que presta Viaqua? \u00d3 que parece, cada vez se poden<br \/>\nsolucionar menos cousas en Ribadeo, perigando a mesma oficina e os<br \/>\nt\u00e9cnicos que est\u00e1n en Ribadeo o 100% do tempo. Ou sexa, o que<br \/>\nestamos a ver nas novas en relaci\u00f3n a outras grandes empresas:<br \/>\nservizo privatizado sen control p\u00fablico. E o poder cidad\u00e1n? Que \u00e9<br \/>\niso?<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Quedan<br \/>\ncousas no tinteiro. A\u00ed est\u00e1 para amosalo o x\u00fabilo de comezar as<br \/>\nobras da residencia xunto coa sorpresa de botar cascotes do derrubo<br \/>\n(e a terra da excavaci\u00f3n) en Santa Cruz. Pero mentras, neste<br \/>\nacorde\u00f3n de tempo que \u00e9 o ver\u00e1n indiano, imos por outras cousas.<\/p>\n<p align=\"RIGHT\">AVV O Tes\u00f3n<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>(http:\/\/o-teson.blogspot.com.es\/2014\/07\/de-ribadeo.html) De Ribadeo Festa dos indianos. \u00c9xito total, como se esperaba. Comezo oficioso da \u00e9poca forte do ver\u00e1n ribadense, onde o tempo cambia de sentido. Quizais pois iso, porque o tempo cambia de sentido, \u00e9 polo que &#8216;o concello&#8217; a\u00ednda non nos contestou algunha pregunta que lle temos enviado hai&#8230; pois dende o 4 de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[74,9],"class_list":["post-6821","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-o-teson","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6821","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6821"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6821\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6821"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6821"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6821"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}