{"id":6781,"date":"2014-09-05T09:51:00","date_gmt":"2014-09-05T07:51:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:08:22","modified_gmt":"2024-11-12T13:08:22","slug":"un-dos-mellores-momentos-dun-ribadeo-en","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2014\/09\/05\/un-dos-mellores-momentos-dun-ribadeo-en\/","title":{"rendered":"Un dos mellores momentos dun Ribadeo en auxe"},"content":{"rendered":"<p>Collo o t\u00edtulo dunha nova na voz de hoxe, \u00f3 f\u00edo das patronais desparramadas \u00f3 longo de dez d\u00edas, para reflexionar. Pegado, aparece que \u00e9 un grupo de amigos quen leva as festas patronais. Algo bo, por iso de que sempre se coordinar\u00e1n mellor. E tam\u00e9n, hoxe, aparece que Mirasol vai de primeiro entre os portos de mercador\u00edas auton\u00f3micos. Ribadeo marcha co que estimo mellor alcalde en moito tempo. Quiz\u00e1is debera dicir mellor equipo de goberno, que un alcalde s\u00f3 nun concello de dez mil habitantes necesita axuda.<\/p>\n<p>Agora ben, Ribadeo est\u00e1 en auxe? V\u00edvese mellor? Ou \u00e9 que hai m\u00e1is postos de traballo e a poboaci\u00f3n est\u00e1 medrando? Que significa que est\u00e1 nun dos mellores momentos? Con que criterio? Que significa pois que a\u00ednda esta semana fixera unha entrada sobre a creaci\u00f3n dunha plataforma veci\u00f1al que encara a valoraci\u00f3n de presentarse \u00e1s municipais, e polo tanto, fronte a este &#8216;mellor equipo de goberno&#8217;? Con todas as diferenzas posibles, v\u00e9\u00f1enme \u00e1 cabeza casos de reis absolutos ou ditadores non menos absolutos cos que alg\u00fan pa\u00eds prosperou un tempo. Hoxe p\u00eddese un sistema participativo, abondo m\u00e1is al\u00f3 do sa\u00fado e atenci\u00f3n persoalizada e puntual, e o regulamento de participaci\u00f3n cidad\u00e1 da un contraexemplo en Ribadeo: pode que se presente no pleno ordinario deste mes, pero a propia participaci\u00f3n para constru\u00edlo foi evitada ata o momento, e a experiencia do \u00faltimo presentado, coci\u00f1ado sen participaci\u00f3n, xa a <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2011\/02\/participa-cono.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">comentei hai tempo<\/a>.<\/p>\n<p>E que ten que ver tanto o grupo de amigos como Mirasol?<\/p>\n<p>En canto \u00f3 grupo de amigos, o resultado das festas est\u00e1 \u00e1 vista, en curso estes d\u00edas, e parece que non lles falta ilusi\u00f3n para levar adiante o traballo. Eles mesmos din que quiz\u00e1is non recibiron todo o apoio que deberan, e por iso escap\u00e1ronselles cousas que agora xa te\u00f1en como experiencia de cara a un pr\u00f3ximo ano. Quiz\u00e1is non vir\u00eda mal lembrar que as comisi\u00f3ns de festas tenderon durante moito tempo a perpetuarse por falta de remprazo, aumentando a experiencia&#8230; e tendendo a repetir un esquema que co paso do tempo quedaba xa non tan fresco como a primeira vez. D\u00e9beselle botar logo en cara \u00e1s comisi\u00f3ns o que faltara esa frescura? Non! Como equipo, funcionaba, pero o xeito non axudaba \u00e1 renovaci\u00f3n, ata que o equpo ca\u00eda, unha situaci\u00f3n que convi\u00f1a ter evitado antes de que xurdira o problema.<\/p>\n<p>E Ribadeo vai de primeiro en mercador\u00eda. Si, o sr. Dur\u00e1n fixo onte a visita, e como non, o alcalde acompa\u00f1ouno e viron que todo estaba en orde. Non o dixeron as\u00ed, pero coido que poder\u00eda dicirse da s\u00faa intervenci\u00f3n que repetiron o de bo, bonito e barato. Bo, segundo aparece no xornal, pola limpeza que o far\u00eda competitivo fronte a Xix\u00f3n, un porto que hai anos que espera para convertirse no sucesor de Ribadeo na carga de pasta de papel, o principal produto movido, producido por unha empresa ubicada en Asturias que est\u00e1 para unirse por tren ao porto do Musel, algo que polo momento est\u00e1 complicado que poda facer con Mirasol. A bondade t\u00f3pase de bruces con que se este\u00f1a a po\u00f1er cartos para constru\u00edr esa li\u00f1a, que por sorte para Ribadeo, avanza lentamente. O de bonito non ven a conto neste aso, pero coido que non \u00e9 mentira que o entorno de Mirasol o \u00e9. E o de barato? Cunha reduci\u00f3n de prezo de carga como a sufrida hai uns anos, \u00e9 barato. A clave, di o propio alcalde, est\u00e1 en que a carga case non se manipula. E iso significa que non hai moito traballo, e\/ou que as posibles ganancias conc\u00e9ntranse. Non si?<\/p>\n<p>Vivimos nun mundo complicado, e Ribadeo coido que vai mellor que o entorno en xeral, pero o t\u00edtulo par\u00e9ceme de calquera xeito &#8216;demasiado&#8217;, palabras deixadas nun arranque de entusiasmo. E o resto? Simplesmente, como dixen \u00f3 comezo, para pensar. As bases do <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2009\/04\/o-ribadeo-que-queremos.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">pensamento colectivo<\/a> non deben esquecer os &#8216;bos momentos&#8217;.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Collo o t\u00edtulo dunha nova na voz de hoxe, \u00f3 f\u00edo das patronais desparramadas \u00f3 longo de dez d\u00edas, para reflexionar. Pegado, aparece que \u00e9 un grupo de amigos quen leva as festas patronais. Algo bo, por iso de que sempre se coordinar\u00e1n mellor. E tam\u00e9n, hoxe, aparece que Mirasol vai de primeiro entre os [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,78],"class_list":["post-6781","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-participacion"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6781","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6781"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6781\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6781"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6781"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6781"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}