{"id":6771,"date":"2014-09-18T01:38:00","date_gmt":"2014-09-17T23:38:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:08:07","modified_gmt":"2024-11-12T13:08:07","slug":"dende-ribadeo-mar-por-medio","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2014\/09\/18\/dende-ribadeo-mar-por-medio\/","title":{"rendered":"Dende Ribadeo, mar por medio"},"content":{"rendered":"<p>Mar por medio era o t\u00edtulo xen\u00e9rico das xornadas que durante abondos anos foron celebr\u00e1ndose en Ribadeo relacionadas coa cultura brit\u00e1nica e a galega. Uso hoxe dese t\u00edtulo para referir algunha cousa de como vexo o que posiblemente sexa a nova m\u00e1is tratada hoxe polos medios, o <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Referendo_de_independencia_de_Escocia_de_2014\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">referendo escoc\u00e9s<\/a>.<\/p>\n<p>En primeiro lugar, unha obviedade: unha parte non desprezable do que entendemos por ingl\u00e9s \u00e9 brit\u00e1nico, en particular, pode ser escoc\u00e9s. Poucas veces se fala por estes lares de &#8216;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Reino_Unido\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Reino Unido<\/a>&#8216;, pois tomando a parte polo todo, substit\u00faese por &#8216;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Inglaterra\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Inglaterra<\/a>&#8216;. E aqu\u00ed, un elemento que entendo diferenciador do que ocorre al\u00e9n do mar nesa isla grande en relaci\u00f3n \u00f3 que ocorre polas Espa\u00f1as. O Reino Unido est\u00e1 constitu\u00eddo por catro partes (Inglaterra, <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Escocia\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Escocia<\/a>, Gales e Irlanda do Norte) que ser\u00edan en teor\u00eda iguais, a\u00ednda que na pr\u00e1ctica, debido \u00e1 extensi\u00f3n, poboaci\u00f3n e desenvolvemento, Inglaterra leve a parte do le\u00f3n nesa &#8216;igualdade&#8217;. As Espa\u00f1as hai tempo que deixaron de ser tal para ser Espa\u00f1a dende un punto de vista institucional, a\u00ednda que a constituci\u00f3n actual e \u00e1s &#8216;v\u00edas&#8217; que se fixeron de desenvolvemento crearan un pqueno (ou gran) galimat\u00edas dentro da &#8216;unidade&#8217; e unha vez desaparecida a &#8216;igualdade&#8217; en consecuencia da unidade.<\/p>\n<p>A ra\u00edz do anterior, levo observando nos medios unha confusi\u00f3n case total entre &#8216;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Naci%C3%B3n\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">naz\u00f3n<\/a>&#8216;, &#8216;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Pa%C3%ADs\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">pa\u00eds<\/a>&#8216; e &#8216;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Estado\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">estado<\/a>&#8216;, algo que se xunta coa confusi\u00f3n que apuntei antes entre a constituci\u00f3n institucional espa\u00f1ola e do Reino Unido.<\/p>\n<p>O proceso que levou \u00f3 referendo coido que \u00e9 nidiamente diferente do correspondente que est\u00e1n a levar a Generalitat e o Goberno estatal, e non s\u00f3 polas diferenzas institucionais de partida, sen\u00f3n m\u00e1is ben polo tono e encadre na propia gobernabilidade de cada estado. Moito se poder\u00eda dicir de particularidades dese tipo, pero quede a\u00ed a cousa.<\/p>\n<p>Unha diferenza b\u00e1sica do caso escoc\u00e9s co que se pretende en Catalu\u00f1a \u00e9 que a pregunta \u00e9 clara cunha resposta clara: &#8220;Should Scotland be an independent country? \u2013 voters can answer only Yes or No&#8221; (Debe Escocia ser un pa\u00eds independente? -os votantes poden s\u00f3 responder Si ou Non)<\/p>\n<p>A propia pregunta nos leva a outro tipo de consideraci\u00f3ns. Por exemplo, en relaci\u00f3n \u00e1 pertenza \u00e1 UE dunha hipot\u00e9tica Escocia independente. Moito se leva dito e escrito, por xente especialista coas s\u00faas ideas. E hai algo que non entendo. Se no Reino Unido son un conxunto de iguais e racha o conxunto, coido que cada parte resultante debera ter os mesmos dereitos (de feito, por exemplo, en caso de separaci\u00f3n, Escocia cargar\u00e1 cunha parte da d\u00e9beda do Reino Unido). \u00c9 certo que o &#8216;peso&#8217; de Escocia \u00e9 cousa de 1\/10 do conxunto, co que o que ter\u00e1 que &#8216;refacer&#8217; no seu caso o conxunto Inglaterra-Gales-Irlanda do Norte, que se quedar\u00eda co nome de Reino Unido, a\u00ednda que sen Escocia, ser\u00e1 un orde de magnitude menor en relaci\u00f3n que ter\u00e1 que facer Escocia, pero contratualmente, os &#8216;contratos&#8217; (tratados e demais) entendo que deberan afectar por igual a ambos, inclu\u00edda a s\u00faa pertenza \u00e1 Uni\u00f3n Europea. Non vou insistir, porque non son especialista, pero coido que o debate neste punto particular est\u00e1 trufado completamente de intereses diversos, por riba da legalidade escrita que ser\u00e1 reinterpretada polos poderes correspondentes a traverso deses intereses.<\/p>\n<p>Noutro tema relacionado, resulta que se destaca na prensa o argumento econ\u00f3mico como clave no sentir de Escocia e a s\u00faa independencia. Evidentemente, a econom\u00eda \u00e9 importante, comezando polos pozos petroleiros do Mar do Norte, pero por moito que se empe\u00f1en, hai tempo que se sabe que a idea dun futuro com\u00fan nunha sociedade humana ten m\u00e1is de construci\u00f3n social que de pura econom\u00eda. E esa posibilidade de construci\u00f3n, voltando a Espa\u00f1a hoxe, ten moito que ver coa percepci\u00f3n de corrupci\u00f3n ou cos agravios comparativos xurdidos dun combate m\u00faltiple de ampliaci\u00f3ns de poderes locais, a\u00ednda que te\u00f1a que ver tam\u00e9n coa crise econ\u00f3mica (logo abondo alonxado do caso escoc\u00e9s, a\u00ednda que tam\u00e9n poda haber agravios). As\u00ed, como no caso da irrupci\u00f3n de novos partidos no panorama pol\u00edtico, ser\u00eda un erro botarlle o fundamento desa falta de visi\u00f3n dun futuro com\u00fan \u00e1 crise econ\u00f3mica. Algo que coido que foi entendido abondo mellor polos gobernantes no caso escoc\u00e9s que aqu\u00ed.<\/p>\n<p>En fin, hai xa tempo que a cada cousi\u00f1a que aparece nas relaci\u00f3ns internas entre zonas de pa\u00edses europeos lle corresponde un traslado (negaci\u00f3n, asentemento de igualdade ou sinxelamente, opini\u00f3n) en relaci\u00f3n \u00e1s Espa\u00f1as, sexa o tema de Flandes, Conca do Don, Lombard\u00eda-V\u00e9neto ou agora, Escocia. Pero&#8230; algu\u00e9n cre que este pequeno artigo pode resumir todas as arestas e flancos que ten a &#8216;cuesti\u00f3n escocesa&#8217;? Non, verdade? Pois do mesmo xeito sinto que o resultado desa &#8216;traslaci\u00f3n&#8217; machacona \u00e9 en xeral un aumento da confusi\u00f3n dentro das Espa\u00f1as, por comparaci\u00f3n de elementos que pouco te\u00f1en que ver nun e outro caso.<\/p>\n<p>Por certo, para ir rematando, unha explicaci\u00f3n: uso &#8216;Espa\u00f1as&#8217;, forma que se usou no seu tempo indicando algo equivalente \u00e1s diferentes partes constitu\u00edntes do reino, para indicar a mi\u00f1a crenza en que mentras que non se reco\u00f1ezan esas diferentes partes como constitu\u00edntes do estado dun xeito adecuado -adecuado, non &#8216;m\u00e1is&#8217; reco\u00f1ecemento ou &#8216;menos&#8217;-, estaremos partindo dunha situaci\u00f3n que non reflectir\u00e1 a realidade e polo tanto, ser\u00e1 dif\u00edcil que os poderes implicados act\u00faen respondendo de xeito asemade adecuado.<\/p>\n<p>E agora si, para finalizar, ch\u00e1mame a atenci\u00f3n que, calquera que sexa o resultado no referendo escoc\u00e9s, os partidarios do si xa ganaron, a traverso das promesas realizadas para frear o ascenso dese &#8216;si&#8217; que precisamente queren vencer os partidarios do &#8216;non&#8217;&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Mar por medio era o t\u00edtulo xen\u00e9rico das xornadas que durante abondos anos foron celebr\u00e1ndose en Ribadeo relacionadas coa cultura brit\u00e1nica e a galega. Uso hoxe dese t\u00edtulo para referir algunha cousa de como vexo o que posiblemente sexa a nova m\u00e1is tratada hoxe polos medios, o referendo escoc\u00e9s. En primeiro lugar, unha obviedade: unha [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[13],"class_list":["post-6771","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6771","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6771"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6771\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6771"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6771"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6771"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}