{"id":6764,"date":"2014-09-26T08:51:00","date_gmt":"2014-09-26T06:51:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:07:57","modified_gmt":"2024-11-12T13:07:57","slug":"medio-pleno-medio-vacio-en-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2014\/09\/26\/medio-pleno-medio-vacio-en-ribadeo\/","title":{"rendered":"Medio pleno medio vac\u00edo en Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>Onte, 20140925, houbo pleno en Ribadeo. Os concelleiros, salvo un pequeno atraso avisado de Manel Ya\u00f1ez, \u00f3 pleno. Nos bancos de visitas, nalg\u00fan momento chegou a haber ata sete persoas. O balance coido que est\u00e1 claro.<\/p>\n<p>Deixo embaixo a convocatoria tal como aparec\u00eda no taboeiro de anuncios do concello (imaxe ampliable)<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhpFPRLehFCDBPMmF3H0G77k7XSWwypuoYt8TIE5l28T2y6EhY4MTMPVfW6ZnzbqYMr0iFBu1_NrtUGBie30MyEhpUeNEBlo7aFbgXC6WOsczSERUeEMU4lKPeMYfuI4Bjt_cLrHA\/s2048\/pleno+20140925.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhpFPRLehFCDBPMmF3H0G77k7XSWwypuoYt8TIE5l28T2y6EhY4MTMPVfW6ZnzbqYMr0iFBu1_NrtUGBie30MyEhpUeNEBlo7aFbgXC6WOsczSERUeEMU4lKPeMYfuI4Bjt_cLrHA\/s2048\/pleno+20140925.jpg\" width=\"442\" \/><\/a><\/p>\n<\/p>\n<p>O pleno comezou cuns minutos de retraso. Como normalmente, a aprobaci\u00f3n da acta anterior nin necesitou votaci\u00f3n, pas\u00e1ndose \u00f3 PXOM.<\/p>\n<p>O PXOM necesitou pouco tempo para a s\u00faa aprobaci\u00f3n, cos votos discrepantes de Lalo Guti\u00e9rrez e Campo Bra\u00f1a, que expuxeron brevemente algunha consideraci\u00f3n. En particular, despois de varios anos de discusi\u00f3n, Campo Bra\u00f1a fixo fincap\u00e9 para a s\u00faa abstenci\u00f3n que era un plan do goberno municipal, e polo tanto actuaba en consecuencia. Lalo Guti\u00e9rrez fixo referencia \u00e1s idas e voltas da Xunta, a m\u00e1is dos propios detalles do PXOM. As\u00ed pois, sen grandes incidencias, co voto de novo partido no PP, o PXOM ser\u00e1 enviado de novo a Santiago no medio do obscurantismo preceptivo legal do proceso. De calquera xeito, e a ra\u00edz dalg\u00fan comentario de prensa, os algo m\u00e1is de 12 000 habitantes de Ribadeo previsto para dentro de dez anos parece que non van ser tal, sacados dunhas estat\u00edsticas que chegan xusto ata o comezo da crise e polo tanto non consideran a ralentizaci\u00f3n e logo baixada de poboaci\u00f3n dende aquel momento, a m\u00e1is da crise demogr\u00e1fica na que est\u00e1n tanto Galicia como Asturias, principias fontes de habitantes que evitaban a ca\u00edda do censo ribadense. \u00c9 s\u00f3 unha referencia sobre como est\u00e1 feito o PXOM.<\/p>\n<p>O segundo punto, sobre a produtividade, foi aprobado tam\u00e9n con abstenci\u00f3ns, cit\u00e1ndose alg\u00fan<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2014\/09\/novidades-plenas-por-ribadeo.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"> razoamento semellante \u00f3 que adiantei o fin de semana no blog<\/a>. A oposici\u00f3n non comprende moi ben que o 65% do complemento sexa igual para todos, as\u00ed como a falta de criterios obxectivos para o outro 35%, para o que o alcalde poder\u00e1 (ou non) pedir informe \u00f3 xefe correspondente. A resposta foi no sentido de que fora pactado cos sindicatos e que antes non hab\u00eda nada, polo que po\u00f1\u00eda pegas intervenci\u00f3n, e que o pr\u00f3ximo ano pode cambiarse.<\/p>\n<p>O terceiro punto pasou sen pena ni gloria, e chegamos \u00f3 cuarto punto sobre o convenio con ACISA. A tres anos vista, con aumento de 1 000 \u20ac\/ano a pagar polo Concello \u00e1 Asociaci\u00f3n de comerciantes, foi o punto que recibiu m\u00e1is cr\u00edticas (mentres estiven). Dende a s\u00faa duraci\u00f3n, abondo m\u00e1is al\u00f3 das pr\u00f3ximas elecci\u00f3ns, ata a creaci\u00f3n dun consello de seguemento, pasando pola presunta implicaci\u00f3n do concello como entidade p\u00fablica na direcci\u00f3n a seguir nunha entidade privada, foron pegas que lle puxeron e que se trufaron con algunha outra cuesti\u00f3n allea, como a posibilidade de que o concello merque m\u00e1is cousas en Ribadeo das que est\u00e1 a mercar, o que impulsar\u00eda m\u00e1is o comercio ribadense. As pegas foron respondidas recalcando que non era o primeiro convenio con ACISA, e que o que se fac\u00eda era mellorar o que xa hab\u00eda.<\/p>\n<p>Foi neste punto onde tivo lugar unha an\u00e9cdota pequena pero da que coido debe quedar constancia. Na intervenci\u00f3n do representante de UPRi, e en relaci\u00f3n coa duraci\u00f3n do convenio, fixo unha pequena digresi\u00f3n apuntando que no pr\u00f3ximo per\u00edodo de sesi\u00f3ns poder\u00eda haber un alcalde de UPRi, xa que hab\u00eda un movemento asembleario que estaba a tomar forza para facer algo que xa hab\u00eda, encarnado por UPRi. Ben, coido que \u00e9 unha falta de informaci\u00f3n, pero non deixa de ser unha curiosidade expresiva dunha certa mentalidade.<\/p>\n<p>Para rematar por hoxe, deixo para quen te\u00f1a paciencia e boa orella un audio da parte do pleno na que estiven (cousa de unha hora tres minutos), se ben con mala calidade que se suma \u00e1 malas condici\u00f3ns ac\u00fasticas do sal\u00f3n de plenos, e mesmo \u00e1s veces \u00e1 contraproducente megafon\u00eda.<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" align=\"top\" allowfullscreen=\"\" frameborder=\"0\" height=\"115\" hspace=\"0\" marginheight=\"0\" scrolling=\"no\" src=\"http:\/\/www.goear.com\/embed\/sound\/82b6e1c\" vspace=\"0\" width=\"580\"><\/iframe><\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>Posterior:<\/p>\n<p>a nota do concello sobre o pleno: <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=1626&amp;lg=gal\">http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=1626&amp;lg=gal<\/a><\/p>\n<p>a rese\u00f1a na Voz: <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/noticia\/amarina\/2014\/09\/27\/dato-titular-2-3complemento-productividadonce-trece-concejales-ribadeo-favor-nuevo-pxom\/0003_201409X27C8996.htm\">http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/noticia\/amarina\/2014\/09\/27\/dato-titular-2-3complemento-productividadonce-trece-concejales-ribadeo-favor-nuevo-pxom\/0003_201409X27C8996.htm<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onte, 20140925, houbo pleno en Ribadeo. Os concelleiros, salvo un pequeno atraso avisado de Manel Ya\u00f1ez, \u00f3 pleno. Nos bancos de visitas, nalg\u00fan momento chegou a haber ata sete persoas. O balance coido que est\u00e1 claro. Deixo embaixo a convocatoria tal como aparec\u00eda no taboeiro de anuncios do concello (imaxe ampliable) O pleno comezou cuns [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[98,42],"class_list":["post-6764","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-acisa","tag-plenos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6764","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6764"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6764\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6764"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6764"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6764"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}